lunes, 30 de noviembre de 2009

O orzamento do 2010.

Nestes momentos debería estar co pleno, xa que como dixen hai uns días cambiouse a data de celebracións do pleno (cambio que se debería anunciar na web do concello).

Os orzamentos deste ano dividense do seguinte xeito:


....................................2009 .................. 2010
Entidade local ......30.470.027, 17€ .......24.302.690, 77€
O.A. Terra ............ 5.222.000,00€ .........4.447.000,00€
O.A. Xerencia .........2.753.631,31€ ........ 3.638.736,85€
NAUTA................... 12.275.536,30€ ... ... 12.275.536,30€
INSULA ...................10.994.901,74€ ....... 10.418.917,34€

Sumatorio provisional 61.716.096,52€ ....55.082.881,26€
Eliminacións internas -6.468.631.31€ .....-6.822.773,05€
TOTAL ORZAMENTO 55.247.465,21€ ....48.260.108,21€



A diferencia entre o 2009 e 2010 traducese nunha minoración de 6.987.357 €, mantendo asi a tónica destes últimos anos que logo de ter un orzamento de 114 millóns de euros cada ano vai disminuindo.
A realide deste concello traducese en que a capacidade orzamentaria deste concello situase o redor dos 30.000.000 millóns de euros. Calquer orzamento que supere os 40.000.000 é un orzamento inflado e irreal para poder presumir cara a galería.
Si os 48.260.108,21€ lle restamos os 10.418.917,34€ de INSULA e restamoslle algunha partida en investimentos que non se vai executar acercariamonos a realidade orzamentaria do concello.
Outro dato significativo é que as cifras de NAUTA son as mesmas para o 2010 e para o 2009, vamos que se limitaron a copiar o do ano 2009.

Tan pronto teña máis datos xa os colgarei.


viernes, 27 de noviembre de 2009

Apareceu o convenio

Ao final hoxe resolveuse o conflito cos sindicatos: a firma dun convenio o luns.

Este é parte do comunicado de prensa: " Los sindicatos representados en la Mesa de Negociación del Ayuntamiento pontevedrés de Sanxenxo esperan firmar, el próximo lunes, un documento que garantice la convocatoria de plazas de promoción interna en 2010.

Este documento, que deberá ser certificado por la alcaldesa de Sanxenxo y el concejal de personal, incluirá la convocatoria adicional de alrededor de 29 plazas pendientes de la Oferta Pública de Empleo (OPE) de 2007, según un comunicado de los sindicatos CCOO, CIG, CSIF y UGT.

Con la firma de este escrito, que se anexará al acta de la Mesa de Negociación, los sindicatos esperan poner fin a los conflictos surgidos con esta Administración local por su "falta de predisposición" al diálogo."

Salvador hoxe ofreceulles ese trato, agora hai que agardar para ver si cumplen co que tiñan previsto os sindicatos entre outras cousas ir ao pleno. Claro que por eso se dou tanta presa hoxe Salvador en anunciar este trato para evitar que dita protesta se producira o lúns, xa que vendo as declaracións destes días e o pouco dialogo que había que de repente aparezca hoxe co convenio, uiiiiiiiii, a min dame que esto é para calar bocas. Pero xa veremos.


jueves, 26 de noviembre de 2009

A casa en ruinas coñecese en toda Galicia.

Deixovos o vídeo da nova que saeu na TVG falando da casa en ruinas da que hai uns días colguei as fotos.


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Como di o presentador: a casa esta ne ruinas e afea a coñecida como vila turística por excelencia.

Xa pode estar contento o concelleiro de Medioambiente e o de Urbanismo por permitir que semellante situación sexa vista pola tele. E non digades que non sabiades nada porque esto levase denunciando hai máis dun ano, pero claro como certos expedientes se perden na Xerencia de Urbanismo, ¿¿casualidade ?? NON, desgoberno e falta de xestión.

Pero a vara do raseiro é moi distinta, so hai que escoitar as medidas tomadas na casa cuartel de Noalla.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

A unhas abrimos expediente de ruina e derribo e noutras facemos a vista gorda. Sei que hai moitas casas en estado ruinoso repartidas por todo o concello, pero o deber do concello é tratar a todas por igual, e si hai denuncias dos veciños darlle a atención debida, non perder as denuncias e os expedientes.

Para saber porque non se pode tirar a casa cuartel de Noalla pincha aqui..

A mediodía


Hoxe as 12 da maña os sindicatos ian facer unha rolda de prensa no concello para explicar as súas demandas e aclarar o porque das súas protestas, pedindo o salón de plenos.

Pero claro xa a alcaldesa programou un acto paralelo: "a visita institucional de Louzán", que ben para volver a presentar o tan sonado aparcadoiro da rúa Luis Rocafort.

Para recordar as diversas presentacións deste proxecto vos deixo un par de enlaces:

* Un nuevo párking liberará en Sanxenxo 600 plazas para aparcar de data do 17/9/2008
* El parking de Luis Rocafort tendrá 600 plazas y las obras comenzarán en otoño do 28/2/2009.

Si o final en Sanxenxo van sobrar aparcadoiros xa que Insula presenta nos seus orzamentos a construción de un aparcadoiro en Sanxenxo e outro en Portonovo.
O primordial e arranxar a rúa Luis Rocafort que da pena ver esa rúa no estado en que se atopa e sendo unha das vías principais de acceso a Silgar.

Por outra banda o concello agora prioriza os aparcadoiros frente a obras necesarias como as garderías ou a ampliación do colexio de Dorrón, estaran agardando de que o colexio caia para incluilo no novo rexistro que crearon, rexistro do que falarei estes días, que non me esquezo, ou o colexio de Vilalonga que esta masificado e necesitase un novo debido a antigüedade das instalacións e do seu estado.

Pero claro a solución foi darlle unha aula do Pazo Emilia Pardo Bazán para que os sindicatos fixeran a rolda de prensa e así non andar molestando polo concello durante a visita de Louzán, pero según as últimas noticias que teño é que se suspende esa rolda pero van protestar igual no concello.

Agardando por un par de datos e ver o que pasa na rolda de prensa e na visita de Louzán sigo recopilando información.


miércoles, 25 de noviembre de 2009

O salvapatrias

Hai tempo que o que sae hoxe no Diario de Arousa moitos xa o sabiamos:

"La negociación con los trabajadores no parece ser una de las cualidades de Salvador Durán, edil de Personal" o fin moitos se dan conta, máis vale tarde ca nunca. Como contei onte o luns os sindicatos levantaronse no medio da reunión. Inda que lle podemos recoñecer o merito de unir aos sindicatos: "Pocas veces las centrales sindicales logran unificar su postura ante un conflicto, pero en Sanxenxo lo hicieron. El comité de empresa del Concello y los representantes de l
os trabajadores en la administración local dejaron el pasado lunes con la palabra en la voca al concejal de Persoal, Salvador Durán, cuando éste les presentaba el presupuesto para el próximo año. Y es que el documento no sólo no convence a los trabajadores, sino que lo tachan de “tomadura de pelo”." Que o documento é unha tomadura de pelo ninguén o dúbida, pero o de Salvador empeza a clamar o ceo pero como agora o deixan de Alcalde-sustituto pois xa pensa que ten a razón.

Según me contaron hoxe a 1 da tarde vai a ver unha concentración de traballadores na entrada do concello para comenzas protestas e facerse oir.

"En 2008 conseguimos o compromiso de Durán de que se farían fixas 29 prazas, e isto iríase regularizando nos tres próximos exercicios. A día de hoxe non se fixo nada, nin aparece nada previsto no orzamento do vindeiro ano, e isto parécenos unha burla aos traballadores”," e como pensedes que pensa facer algo, mal imos, xa que a política de persoal de Salvador é a de prometer e prometer pero logo na de na.

Pero mentres "Salvador Durán criticó también la “frivolidad” con la que desde los sindicatos se están tratando las cuestiones relativas al personal municipal en un momento especialmente complejo “no que moitas familias deste concello están a sufrir as consecuencias da crise económica mentres outros reclaman melloras dende unha posición privilexiada”." ajajajajaj, moitas familias estan a pasalo mal mentres el e o resto de concelleiros do PP ben que enchen os petos co soldo que se puxeron e so intentan aguantar o ano e pico que lles queda no posto, pero políticas de emprego non a fan porque non saben. Pois hoxe cando se senten a comer o cocido no Mardivino os 4 "asesores empresarios" podenlle dar ideas, uii vai ser que algún mellor non dea ideas porque inda lle custa manter as suas empresas.

Día contra a Violencia De Xenero

Hoxe é o día contra a Violencia de Xenero por iso quero deixar unha canción adicada a muller.




A tódolas mulleres que padecen males polo so feito de nacer muller.

LETRA:
A meu gaiteriño, /ainda me acordo, /cando baixabas polo monte abaixo,/e viñasme ti dicindo.

Bota carne no pote, Marianiña, /bota carne no pote, Marianá, /un molete enteiro. /enservelletado, /unha bota con viño, chupáená!

Muller, fartura de loita /qué che hei decire eu, muller?! /Ti és coma a terra nosa, /e a terra é coma ti é!

Deixeivos a entrambas soias /anque convosco quedei /Valeira está a terra, morna /ti, sementada, abofé. (bis)

E o vento decia /pronto hai de volver!, /pra tira-la fame, pra poder comer... (bis)

Ai, muller, cántas noitiñas, /te deitaches coa tristura?,/e o vento, frio traguía,/as novas dos que marmuran.

E o vento decia,/pronto hei de volver...

RECITADO FINAL:
Ti és o milagre da terra /e, a terra é un milagre teu /mistura de mel e cerna/de fera e de anxo do ceo.

Pariches de pé o fillo, /como fan no monte as bestas. /E hoxe que volto vencido,/para que eu venza ti te deitas.

O voltar, qué che hei decir?!/Maldito o día e a hora /en que te deixei aquí /pra percurar vida fora! /O inverno da emigración /roubóunos a primavera, /quén eu era, xa non son, /e ti non és a que eras!
Xa poden os leiros dar /colleitas ben abondosas, /poden en Madrí falar /con palabras ben fermosas, /que nunca nos han de pagar /a nosa fame de outrora!

E O VENTO DECíA, /PRONTO HEI DE VOLVER / PRA TIRA-LA FAME,/PRA PODER COMER...

martes, 24 de noviembre de 2009

Dous pes para un banco

Hoxe non podia deixar de comentar as novas que nos ofreceron os doús concelleiros do PP:

1º vou con Salvador xa que sae na prensa prensentando os orzamentos do 2010 en lugar da concelleira de Facenda que anda tan perdida como Paz e Martín, inda terei que chamar a Lobatón para ver si os topa. Salvador di o seguinte: " el edil durante la presentación de las cuentas relativas a la partida de personal a las distintas Mesas de Negociación, tanto de la entidad local como de sus organismos autónomos, que tuvo lugar esta mañana y en la que Durán recordó la fuerte caída de ingresos experimentada en 2009, superior a los 4,5 millones de euros que, sumados al descenso previsto para 2010, cifrado en unos 2 millones de euros “contabilizan unha perda entorno aos 7 millóns en dous anos”.Ante este escenario y “nun exercicio de sensatez e responsabilidade tamén debemos adaptar a estas circunstancias a partida destinada a persoal”" pero o que non dis que nesta reunión cos sindicatos rematou como o rosario da aurora xa que supostamente estes levantaronse da reunión cando lles dixeste que nada de pagar as horas extras e algúns complementos como o de Nocturnidade. Deixaronte coa palabra na boca. Veremos como responden os sindicatos.
Por outra banda dis: "Los primeros en dar ejemplo han sido, pues, los miembros del equipo de Gobierno que han eliminado de las cuentas para 2010 cuantías como las reservadas al salario de la concejala de Cultura, que renunció este año al sueldo municipal cuando fue nombrada senadora, o las destinadas a otros altos cargos como asesor de la alcaldía o coordinador de la Xerencia Municipal de Urbanismo, puestos que desaparecen." Que fácil é dar exemplo a conta dos demais, a senadora renunciou ao soldo no 2009 porque non pode compatibilizar os dous e o do senado e maior. E os que estan despedidos claro que non van cobrar no 2010 hai chegaría o conto. Conta outra que esa non cola.

2º agora vou con Angel e as súas declaracións no Diario de Arousa. Hai temas que sinon se saben defender mellor estar coa boca pechada.
a) "Nauta Sanxenxo non dispón de ningún local que poida albergar este organismo autónomo, pois están ocupados e xerando rendibilidade para os veciños deste concello”." En Nauta hai locais baleiros, so falta mirar para o que ocupaba SEDESA.
b)"“o Goberno do Partido Popular quen promoveu unha política de aforro de alugueres, a través da adquisición de patrimonio público ata entón inexistente, e que permitiu instalar servizos municipais, como por exemplo as bibliotecas, en locais agora públicos”." Si moito aforro so falta ver os 4 alugueiros que se pagan en Vilalonga mentras a Telleira esta pechada.
c)"plan que quedou aparcado de momento grazas á lei dos 500 metros do BNG e do PSOE, que impediu que puidesen saír adiante inxustificadamente desenrolos na vila de Sanxenxo nos que o Concello obtería aproveitamentos como baixos, feito que favorecería a reubicación da Xerencia nun local propio" jajaja, a mesma lei que o PP prorrogou inda que podia derogala como fixo con outras.
Angel botarlle a culpa o Bipartito xa non ten sentido xa que no 2004 gobernaba a Xunta o PP e ademáis a Xunta non ten competencias nos alugueiros de locais para a administración local, senón que é competencia do concello, esto soname a escusa de mal pagador, a que non che quedou máis remedio que sair na prensa e claro seguimos botandolle a culpa ao bipartito cando xa non esta gobernando.
Xa sei que vos queda ano e pico e logo a vivir das rentas dos froitos destes últimos catro anos vivindo a conta dos veciños, recordade que todo ten un principio e un fin, o voso pode ser no 2011. O final o epitafio deste grupo debería ser: "Si yazco aqui es por culpa del bipartito".

Vou seguir cantando a canción preferida do PP: Vamos a contar mentiras, tralara, vamos a contar mentiras, ....

AMPLIACIÓN AS 19:45
Claro que Salvador vai sair maña na prensa dicindo: ""O feito de que os dirixentes sindicais convoquen aos funcionarios e ao persoal laboral do Concello de Sanxenxo a participar nunha asemblea xeral en horario de traballo é un exemplo máis da irresponsabilidade que veñen amosando, ademais dunha falta de respecto á institución e aos veciños", señaló esta mañana el concejal de Personal del Concello de Sanxenxo al conocer la convocatoria realizada conjuntamente por CC.OO., CIG y UGT." E digo eu: non é a mesma falta de respeto que práctica o seu equipo ao poñer un pleno un luns as 9:30 da maña cando a maioria dos veciños estan en horario laboral, incluido os membros da oposición, ou ¿acaso as normas cívicas son para algúns sos?

A limosna da Deputación

A deputación de Pontevedra dentro do seu Plan Anticrise para fomentar o emprego reparte 7.587.264 millóns repartidos do seguinte xeito:

Ribadumia: 1.186.133 euros.
Vilagarcía: 1.177.932 euros.
Cambados: 901.276 euros.
O Grove: 889.367 euros
Meaño: 728.937 euros.
Meis: 644.519 euros.
Catoira: 627.306 euros
A Illa de Arousa: 591.762 euros.
Sanxenxo: 426.896 euros para a humanización das rúas Viña da Fonte, Mariñeiros e Sol.
Vilanova de Arousa: 413.136 euros.

Aquí podese comprobar o pouco peso que ten Sanxenxo na Diputación xa que a asignación que lle corresponde a Sanxenxo e a penúltima en importe.
Xa sei que xa estades a buscar pegas pero vouvos dar un dato maís: Poio recibe 1.080.683 euros, uii i esto xa fai maís pupa, ¿non si?

De aquí podese deducir que o goberno de Sanxenxo non é nin capaz de reclamar cartos da Deputación nin da Xunta que nos orzamentos so ten previsto case 300.000 euros. E si a alcaldesa pensaba que coa aportación da Deputación podería tapar o desaire da Xunta saiulle mal o tiro.

Xa sei cal vai ser o tema deste mércores durante o cocido: Louzán fixonos a cama. Desta volta aos do Foro Popular xa non lles vai chirriar as ourellas, este mércores quedan fora do debate.

lunes, 23 de noviembre de 2009

Cambio de datas

¿A web do concello para que sirve? Pois para sacar as notas de prensa do PP, para informar de 2 ou 3 actos e pouco máis.

E porque digo esto, pois moi sinxelo despois de 14 anos cambiouse as datas do pleno e dende o concello inda non se dignaron a dicir nada, pois eso debería estar colgado na web do concello.

Pero claro para que anunciar algo que o mellor non interesa.

No pleno do 29/09/09 acordase: “Modificar a data de realización das sesións ordinarias do Concello Pleno que serán o último LUNS dos meses de XANEIRO, MARZO, MAIO, XULLO, SETEMBRO e NOVEMBRO ás vinte horas e trinta minutos (20,30 horas)”, como se pode leer na acta dese pleno.

As causas dese cambio: “A Sra. Alcaldesa sinalou que xa explicou a motivación en comisión, non obstante o cal engadiu que viña debida a que o Concello ten unha senadora en Madrid, o que antes non se produci e que obriga a reconsiderar o día de celebración das sesións dos plenos para permitir a súa asistencia.

Pois ben, inda que o contase nunha comisión creo que os veciños temos dereito a coñecer ditos cambios e a causa deles, ou acaso non lle interesa que se coñeza. A web do concello esta para informar non para o servizo do PP.

Pois haille que recordar que a senadora cobrou este ano por 4 meses de dedicación exclusiva ao concello máis de 15.000 euros, soldo que a moitos traballadores normais non chegan a gañar nun ano e non se permiten o luxo de andar pedindo cambios de turnos nin berrinches polas esquinas.

Pero non pasa nada, así podera asistir as ceas do luns que despois de celebrar a xestora (xa que non dan atopado data para celebrar a asamblea, hai Louzán non che interesa eh) van cear ao restaurante dun ex-concellal en Vilalonga, pero tranquila senadora que xa que os mércores te atopas polos madriles a alcaldesa, dous concelleiros e os catro "asesores políticos ", osease os 4 empresarios de turno, van comer o cocido ao Mardivino onde se tomán as decisións do que se vai facer no concello esa semana.

Eso si entre cenitas, cocidos e as comidas das Vilas Mariñeiras a alcaldesa dentro dun par de anos xa pode montar o tan ansiado bar de tapitas na zona de viños de Portonovo, xa que gastronómicamente a experiencia esta sendo sublime, xa que o proxecto de convertir a zona de movida de Portonovo en zona de tapeo parece que non esta dando o resultado que pretendían.

Pero Paz non te preocupes, que neses encontros teñente moi presente, si para ben ou para mal, eso mellor descubrelo ti.

E xa que estamos no mes de novembro recordemos o refrán que di: A todo porquiño lle chega o seu San Martiño.


sábado, 21 de noviembre de 2009

Derrochando.

Hoxe podemos ler na prensa o que a Xerencia de Urbanismo paga en aluguer pola sua sede:

* 3.105€ + Ive que por 12 meses = 37.260€ + Ive.
* 37.260€ por 4 anos que dura o contrato= 149.040€ + Ive = 172.886€ = 28.847.825 millóns de pesetas.

Por iso vou copiar un extracto da web do BNG xa que esta máis completo que na prensa:" Rematados estes catro anos do contrato, que por certo excederán o mandato da señora González, os veciños e veciñas de Sanxenxo terán pagado polo alugueiro deste baixo máis de 170.000€, e dicir, 29 millóns das antigas pesetas. Se a isto lle sumamos o período que comprende desde a creación da Xerencia ate que se firma o devandito contrato, estamos a falar de máis de 360.000€, e dicir, máis de 60 millóns das antigas pesetas.”Debemos recordar que durante todo este tempo, a través da empresa Municipal Nauta, dispúxose de locais suficientes para poder albergar estas instalacións. Tratándose Nauta de unha Sociedade Mercantil, se o concello alugase un dos seus locais, estes cartos veríanse revertidos de novo nas arcas municipais, e así en beneficio dos veciños e veciñas de Sanxenxo. Isto permitiría dispoñer no futuro das mesmas instalacións, xa que temos que ter en conta, que o local actual da sede da Xerencia, no ano 2.012 cando venza o contrato, seguirá sen ser propiedade do concello a pesares do gasto de máis de 360.000€ (60 millóns de pesetas)"

Con eses cartos si que se poderia ter un local en propiedade e non estar pagando alugueiros xa que mirando a resolución da alcaldía o respeto so se presentou ese señor a oferta de contratación, pero o máis curioso do tema e que no anuncio de contrato non se indica nin m2 nin características que han de ter os locais que se presenten a dito concurso por iso a pregunta é ¿feito a medido? SEGURAMENTE.
Tamén temos que recordar o custe que supuxo INSULA, que se pagou un alugueir para nada, e mentras temos locais en Nauta criando arañas.

Cada día queda máis calro que o único incremento patrimonial que hai neste concello e o dos propietarios que alugan locais ao concello porque o grupo de goberno non sabe nin mirar polo ben do patrimonio e logo vendennos a moto de que o incrementaron coa compra de Punta Vicaño (non vos conto o que se lles incrementou a conta aos propietarios), logo compramos o Pazo Quintás, a Casa de Don Fernando e o Priorato para que o único que se incremente e o patrimonio ruinoso do noso concello.

O que queda claro é que cos cartos que se paga en alugueiros o concello tería máis que pagado a compra de locais que pasarían a ser municipais.
Por certo tampouco olvidemos a mala accesibilidade que ten a Xerencia de Urbanismo, xa que persoas con mobilidade reducidas ou discapacitadas non teñen acceso as dependencias, xa que hai escaleiras non rampas.Vamos que inda por riba son locais que non son accesibles xa que o de Insula pasaballe o mesmo.

Sigamos derrochando.

viernes, 20 de noviembre de 2009

Os nenos

O artigo desta quincena do Aturuxo:

O 20 de novembro é o Día Internacional da Infancia, xa que todos os nenos e nenas posúen uns dereitos polo simple feito de nacer e estes son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia: dereito a non ser obrigados a traballar, dereito a participación, dereito a supervivencia, dereito a ser escoitado, dereito á atención de saúde preferente....
Teñen Dereito ó desenvolvemento, un dereito que no que se debe garantir o crecemento como persoa onde se inclúe o dereito a unha educación, a cultura, o ocio, a liberdade de expresión, de pensamento e de relixión. E teñen o dereito a unha familia por iso esta semana asistimos abraiados a unha sentenza dun xulgado madrileño onde se di que se a nai se traslada a vivir a Galicia, a súa terra natal, poderá perder a custodia das súas fillas xa que terán que estudar galego e o galego o considera unha lingua inútil. Así é como este xuíz garante os dereitos dos nenos? Discriminándoos polo idioma, separándoos da nai, non recoñecendo as orixes da súa familia materna e ante todo negándolles os principais dereitos que todo neno goza a nivel internacional? Para seguir lendo preme aqui.......


Contra a pornografía infantil en internet.

Por unha infancia feliz.

jueves, 19 de noviembre de 2009

Fotos denuncia

Hoxe achego unha queixa e unhas fotos que me fixeron chegar por mail.

A primeira queixa data de setembro do 2008, unha segunda foi interposta en xaneiro do 2009 e a día de hoxe sigue nas mesmas condicións, a denuncia relata o seguinte e vai dirixida ao concelleiro de medioambiente: A finca sobre a cal recae a denuncia esta situada na rúa Domingo Antonio de Ledo, en pleno centro de Sanxenxo, é unha casa en ruinas con maleza, escombros e basura en xeral. Dita situación estase fai insostible vivir en condicións de seguridade e hixiene adecuados aos veciños colindantes. A parte de maleza que ameaza con sobresair dos propios límites da finca urbana empezase a ver insectos, ratas e animais que poden significar un perigoso para a saúde das persoas. Acompañanse fotografias interiores do estado en que se atopa dita casa.




















Agora a pregunta a facer é a seguinte: ¿cal é o raseiro para levar a cabo os expedientes de ruina? recordemos os casos da casa cuartel de Noalla e da casa que estaba enfronte. Para os que non se dean conta de que finca se trata poño unhas fotos onde se pode ver mellor a situación da mesma.














lunes, 16 de noviembre de 2009

Cea de nadal e cruising

Este ano a pesares da crise faise a cea de nadal para o persoal do concello. E seguindo a estela do ano pasado que foi a primeira vez que esta cea era pagada polo persoal, xa que as anteriores era pagada polo concello.
Este ano vai ser no mesmo sitio que o ano pasado, no Restaurante ARDORA de Aios,

Menú:
Aperitivos
Langostino cocidos e a prancha
Nécoras
Sorbete de limón.
Entrecot
Tarta de banquete ( non sei quenes son os noivos nin que a vai cortar, )
Xeado.
Albariño, rioxa, mencía, cava e licores.

Custe por persoa: 40 euros.

Asi que os que quieran asistir deberan aboar os 40 euros, o ano pasado reduceuse moito a asistencia a esta cea e agardaremos a ver como se desenrala a deste ano.

Por outra banda quero facerme eco dunha nova que lin onte no XORNAL e dun movemento que moitos coñeceron este veran a través dos programas televisivos nos que se contaba o que ocurrian nas praias do litoral español, incluindo as galegas e as de Sanxenxo:" O CRUISING"

"Outras das zonas máis concorridas sitúanse nas praias nudistas de Barra (Cangas do Morrazo) e Bascuas (Sanxenxo). Nos meses do verán, os paseos de moitos dos homes e mulleres ao carón da beiramar rematan entre as rochas. Un observador deste fenómeno asegura: “A min gústame ver e participar do cortexo desmitificador que supón ir a un cruising”. Para este cidadán, que se fai chamar Observador, existen poucas diferenzas entre ligar nun bar e despois manter unha relación con esa persoa a coñecer alguén nunha zona de deste tipo. “Nos dous supostos acodes coa mesma finalidade pero no cancaneo evitas os prolegómenos”, afirma."
"Unha das formas de entender o fenómeno do cruising pódese atopar ao interpretar os versos da poeta galega Rosa Enríquez: “Ao caer a noite, cae o vestido, caen as miserias e a voracidade toda...”." preme aqui para seguir lendo ....

E como se di: MALOSERA ....

domingo, 15 de noviembre de 2009

Os Locais e Dorrón

Neste dia chuvioso vamos facer un resumo das novas deste fin de semana:

Un total de 18 agentes de la Policía Local de Sanxenxo han percibido un total de 54.420 euros en concepto de gratificaciones por los refuerzos y guardias realizados durante los fines de semana del verano de 2009.Otros 25 agentes recibieron 25.047 euros por trabajos nocturnos. (Diario de Arousa) ¿como se pode cobrar máis de 6.000 euros por traballar sobre uns 8 fins de semana durante 3 meses? 3 meses é a duración do verán. Primeiro hai que empezar a dicir que estas cifras son aparte do soldo que teñen, sendo a de Sanxenxo unha das mellores policias locais pagadas.
Vamos a ver: si se contratan auxiliares para axudar na tempada de verán ¿como se poden pagar esas cifras? Porque con 6.000 euros se pode contratar unha persoa durante 6 meses e dar mellor servizo aos veciños pero claro é mellor pagarlle os de sempre ¿para mantelos calados? Xa que hai un ano ben que despotricaban contra Salvador pedindo que se convocaran as oposicións para sacar as prazas fixas e que se repartisen estas horas extras e agora todo esta calado: “El retraso en los pagos de las gratificaciones y la exclusión de algunos agentes a la hora de hacer refuerzos o guardias provocó en 2008 que parte de la plantilla remitiese un escrito de protesta a Salvador Durán, edil de Seguridad ”. Pero como van a levantar a voz, si algún traballon 4 fins de semana se levanta un sobresoldo arredor de 3.600 euros e o mellor estando no seu mes de vacacións. Pero claro esta é a pescadilla que se morde a cola: os sindicalistas e xefes con sobresoldos mentras os novatos coa boca pechada non os vaian mandar a facer os traballos que nadie quere facer, e que non se pode comparar o de patear as rúas a estar sentado pendente do teléfono.

Pero o maís irrisorio desto é que durante o verán foron 18 axentes para facer os reforzos cun importe de 54.420€ e durante o segundo trimeste do ano forn 25 por un total de 25.047€, moito se cotizan as horas extras en verán. Vamos que con traballar 3 meses podes sacar o xornal que a calquera veciño lle custa gañar un ano como media. Para que logo no verán os chames para decirlle que hai mozos facendo botellón por Portonovo e nin se dignan en aparecer e inda as veces dicen que son poucos para tantos mozos. O que hai que facer é optimizar recursos e deixarse de pagar “gratificacións.” E Salvador recorda que despois da calma ven a tempestade e por pagarlle a algúns non significa que o reste vaia permanecer a un lado.
El Concello de Sanxenxo construirá un muro de contención en la carretera de Reis, en Padriñán. “Con esta actuación pretendemos evitar posibles derrubamentos da estrada, pois durante o temporal do pasado mes de xaneiro o muro existente sufriu un desprendemento nunha das súas marxes quedando nun estado de risco tanto para os peóns como para o tráfico rodado”, afirmó el Tino.” Vamos a ver Tino, esta obra xa debería estar feita xa que si o primer derrumbe data de xaneiro e estamos a novembro, claro e que viches que empezou a chover e non vai ser. Vamos aquí seguimos esperando ata o último día e por sorte nunca pasou nada porque o responsable seria o concello. Non se pode consentir tanta deixadez, senón queredes traballar pois pa casa.

E vamos seguir con Tino xa que últimamente é o máis mediatico de todos: “El gobierno estudia dedicar parte del terreno adquirido para la ampliación del CEIP Magaláns a la construcción de una nueva Casa de Cultura “ xa que a responsable de educación e de cultura debe andar polos madriles e non vai a posicionarse non se lle vaia estropear a carreira política vamos a aclararlle un par de conceptos a Tino. Primeiro asfaltades un terro para que se poida aparcar xunto o colexio e agora saides anunciando que lle vades a preguntar a Xunta canto terreo se necesita para a ampliación, non sei si nos tomades por parbos ou que andades a facer xa que en primeiro lugar actualmente a Xunta non contempla a ampliación de colexio, logo vades vos e adquirides terreos para a ampliación que pensabades necesaria, e inda falta algún terreo por adquirir, e agora resulta que vades facer unha casa de cultura.
Mira Tino neste momento so podo dicir: JAJAJAJAAJAJAJAJA, porque non se pode mintir en tampouco espazo, xa que inda non sodes capaz de facer as infraestructuras comprometidas hai anos, logo decides que os despidos da Xerencia son debidos a crisis e agora pensades que a casa de cultura vai colar, a día de hoxe sabes que a poucos veciños de Dorrón podes enganar. E falando do colexio ¿que pensa a Anpa desta redución de terreos? Moi contentos estaban co asfaltado do terreo e claro deronlle unha de area por 4 de cal. Porque a ampliación debera contemplar espazos de esparcemento para os nenos ¿ou pensan que con facer 4 aulas xa o pobo lles vai aplaudir?.

Pero xa sabemos que Sanxenxo é especial, antes era un concello Rico agora é simplemente un concello de papel couché.


viernes, 13 de noviembre de 2009

Casting nas prazas

Hoxe deixovos o casting da campaña Traballamos para ti que se esta a facer nas prazas de abastos.

Deixovos o vídeo que grabaron en Portonovo (azuis), Sanxenxo (verdes )e Caldas de Reis (Vermellos)

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Os chalets de Dorrón

La presidencia de la Xerencia Municipal de Urbanismo ha ordenado la incoación de un procedimiento sancionador contra la empresa promotora de cuatro chalés ilegales en A Torre, Dorrón, constituida por tres socios, así como a los dos técnicos responsables de la redacción del proyecto y de la ejecución de estas obras.”

¿técnicos responsables de la redacción del proyecto y de la ejecución de estas obras.? E os técnicos que tiñan que velar porque esa obra se executara dentro da lei ¿saen de rositas? Porque non se me ocurriría pensar que o concelleiro de Urbanismo e a alcaldesa asumisen algún tipo de responsabilidade.

Pero o que máis me choca desta nota é a aclaración que nos fan de que a promotora é de tres socios e que os redactores son dous técnicos xa que son datos moi importantes, sin embargo olvidan dicir que a promotora é Ferro Mesego. Habera que mirar quen son eses tres socios tan importantes para ter que dicir o número de socios e non o nome da promotora. Ou sera que como boa técnica forense, mellor non entrar no fondo do asunto.

la Xerencia Municipal de Urbanimo ha abierto un expediente sancionador considerando que estos hechos pueden constituir infracciones urbanísticas graves, a tenor de lo dispuesto en el artículo 217.3 de la Ley 9/2002 de Ordenación Urbanística y Protección del Medio Rural de Galicia, en relación a las acciones y omisiones que constituyan el incumplimiento de las normas relativas a las parcelaciones, aprovechamientos urbanísticos, uso del suelo, emplazamiento de las edificaciones y distancias mínimas de separación de lindes. Esta norma autonómica establece para estas acciones sanciones que podrían ir desde los 6.001 a 60.000 euros y como mínimo el 20% del valor de la obra. ” ¿norma autonómica? Tamén vai ser culpa do bipartito, ahi non, neste caso tratase de cobrar e o mellor asi fan algo de caixa para pagar gastos correntes.

Los responsables de esta infracción urbanística tendrán un plazo de quince días de trámite de audiencia para aportar cuantas alegaciones, documentos o informaciones consideren oportunas.

Ata o de agora todos teñen ese dereito e o mellor levamos algunha que outra sorpresa. Porque o lio que se formou un Dorrón co tema do cemiterio os veciños inda o teñen moi presente.

Pero vos vou deixar un enlace a un blog que falaba deste tema e que esta ben recordar: Chalets... con vistas al más alla.


martes, 10 de noviembre de 2009

Monte Faro. Cap.V: o pleno

Vamos a empezar a chamarlle as cousas polo seu nome e deixemos de buscar culpables onde non os hai. Si señora alcaldesa, a culpa non é do bipartito, a culpa e súa e do seu equipo. Vou empezar dicindo que agardo que as actas do pleno e da comisión da Xerencia de Urbanismo reflexen todo o que se dixo. Que non omitan datos e que sexan colgadas na web na maior brevedade posible.

¿Quen firma o informe donde se informa que se desestima o recurso de Mirador de Sanxenxo? Pois este informe esta firmado polo Técnico adscrito a Xerencia Municipal: Jose Manuel Rey Rial. Cando a avogada da xerencia é Soledad Leiro.

¿Temos seguridade xudírica no concello? NON, pois parece ser que a profesionalidade depende de intereses personais, ou asi o cre a alcaldesa. A partir de agora cando se solicite un informe da xerencia vai ser necesario acompañalo de antecedentes familiares e documentos patrimoniais. Todo isto é produto da lóxica da alcaldesa xa que supostamente Soledad non podía facer o dito informe xa que os pais teñen terreos en Monte Faro. A alcaldesa alegou que o informe feito por Soledad ia ser favorable por iso non llo pideu.

Eu ao respeto a este tema e logo de consultar cos meus amigos avogados, que me asesoran en moitos temas deste blog, non teño dúbidas de quen leva a razón e quen non ,pero parece ser que a alcaldesa ten as suas dúbidas cando precisa un informe favorable. Todo isto sucedeu na comisión pero durante o pleno confirmaronme que a alcaldesa certificou esta información logo de que o Vips dixera que o nome de Soledad aparecia escrito arriba no informe que lle entregaron. Por iso agardemos que as actas sexan reais ao que ali acontenceu xa que esta información pulula nas redacións de prensa, na xerencia e na rúa.

Pero claro eu tamén vou dicir o mesmo que din vostedes no seu informe: “Obvio é dicir, que a inadmisión do Recurso, en boa técnica forense, imposibilita entrar no fondo do asunto” ¿que queren dicir con iso de que non entran no fondo do asunto? Acaso ¿non estudaron todas as posibilidades? Eu forense non son, pero eu interpreto que mellor non remenxer nada máis non vaia ser que nos salpique máis “porquería”.

Logo presumimos de ter asesores externos, internos e non sei cantos tipos de asesores máis. Si o final inda vamos ter que contratar a un forense eso si, que non teña cadaveres no armario non vain salpicar.

Sobre o pleno dicir que lendo as seguintes declaracións que saen no Diario de Arousa: “la alcaldesa salió al paso de todas las críticas. Primero culpó de la situación a la anterior Xunta del bipartito (...), por haber aprobado una ley en 2008 que obliga a la inclusión de suelo para viviendas sociales en todos los planes parciales. “Cambiaron a regras do xogo co partido empezado. (...) Cando nós asinamos ese convenio con Mirador de Sanxenxo podíamos non obrigar á empres a reservar chan para vivenda social, pero logo veu a Xunta do bipartito e, sin pensar nas consecuencias, demoleu o único medio de ingresos de moitos galegos; eso si, sin prever outro. E agora veñen as consecuencias, e alarmámonos cando coñecemos os datos do paro, pero estas tempestades veñen de aqueles ventos”. ” Quedame claro que o PP de Sanxenxo non quere facer VPO, xa o dixo no seu día Telmo que en Sanxenxo non se ian construir vivendas para pobres e a alcaldesa segue a mesma liña xa que dicir que facer VPO incrementa o paro e para darlle de comer a parte porque digo eu que se necesita xente igual para facer as VPO que as vivendas libres, vamos que as VPO non caen do ceo. Por outra banda fala do convenio firmado, entón ¿non dicias que fora unha donación voluntaria? Aclarese, mellor dito: SEXA RESPONSABLE e asuma as suas culpas.

"La alcaldesa consiguió el respaldo de VIPS y del PSOE, mientras que el BNG se abstuvo, después de ofrecer su apoyo condicionado a que la regidora comprometiese su futuro político a la seguridad de que Sanxenxo no devolvería el dinero. Algo que David Otero no logró." Jajaja, ¿comprometer o seu futuro político? Nin tola, a alcaldesa fai como Escarlata O´Hara cando dícia o de: "Xuro por Deus que xamais volverei pasar fame," pois agora é: Xuro por Deus que xamais deixarei o baston de mando para volver a coser redes. Pero os que pagaremos as consecuencias de ter un concello empeñado durante anos seremos os veciños.


O resultado do pleno foi aprobar a desistimación do recurso cos votos a favor do PP, PSOE e VIPS e abstención do BNG.


En breve colgarei o recurso de Mirador de Sanxenxo e o informe da xerencia, para que cada un saque a súa versión.


lunes, 9 de noviembre de 2009

Monte Faro. Cap.IV: un par de datos máis

Na espera de saber como se desarrollou o pleno de hoxe e ver que medidas adopta Mirador de Sanxenxo, SL., vamos a seguir aportando algún dato máis.

Hai uns días Telmo Martín escribia o seguinte no seu blog:

La segunda exigencia a los propietarios de Monte Faro fueron 4 M€ que se utilizaron en la compra de 26.000 m² en Punta Vicaño. Un lugar privilegiado entre las villas de Sanxenxo y Portonovo que había pertenecido a unas familias acomodadas y que ahora es un parque para disfrute de los ciudadanos. A cambio de este dinero se les eximió de hacer viviendas de protección autonómica que son un poco más baratas que las viviendas libres. Acuerdo que se hizo con todos los informes favorables del secretario, el interventor y el arquitecto. ” ¿familias acomodadas? Pois máis acomodadas quedaron cando se repartiros máis de 7 millóns de euros por un terreo catalogado como zona verde.

¿informes favorables del secretario, interventor y el arquitecto? Pois como a xusticia lle dea a razón a Mirador de Sanxenxo vamos ver que validez de informes temos pois aquí vamos empezar a ver como as responsabilidades van de tellado en tellado.


Pero con este texto queda claro por si algún inda o dúbida que os cartos de Monte Faro foron para Punta Vicaño en decrimento de construir vivendas sociais tan necesarias no noso concello debido os altos prezos que ten a vivenda libre e o que poucos poden chegar.

Moitos a estas alturas xa sabemos que Mirador de Sanxenxo SL pertence a SEDESA, unha empresa valenciana e o apoderado e representante de Mirador de Sanxenxo SL é Jose Luis Díaz Yañez.

Os datos do Rexistro Mercantil de Mirador de Sanxenxo SL son os seguintes: Constituida o 26/05/2006, Administradores: Vicente Cotino Ferrer (delegado do goberno de Valencia no 2004 e irmán do Conseller de Agricultura, Pesca e Alimentación na Generalitat Valenciana) Vicente Cotino Escriva ( expresidente de Amena, relacionado con parques eólicos e sobriño do Conseller valenciano) Jose Luis Diez Yañez (delegado provincial de Medio Ambiente en Pontevedra, cesado o 18/12/2001; 0 19/12/2001 é nomeado Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, cesa no 2003; presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra) outros.

Si unha cousa esta clara é que ¿quen mellor que alguén relacionado co Medio Ambiente e co monte para velar por Monte Faro? Si o final na casa do ferreiro, coitelo de pau.



domingo, 8 de noviembre de 2009

Ao final asomou o lobo...

Artigo desta quincena no Aturuxo:


Cada día teño máis claro que os problemas dos veciños son alleos a quen nos goberna, senón non se poden entender algunhas medidas adoptadas ultimamente enmascaradas detrás da crise.

Danse conta agora de que hai que aforrar, e para esto deciden facer cambios en Urbanismo, desfacer o chiringuito de Ínsula e despedir a 4 persoas. Estes cambios non son para aforrar, senón teríanos feito antes, senón que xa non poden ocultar máis o desastre que teñen montado. Unha empresa como Ínsula que so xeraba gastos, unha chea de erros urbanísticos que intentaban ocultar contratando asesores xurídicos sen sentido...Pero como din os vellos "as mentiras teñen as patas cortas" e a situación xa non se podía alongar máis no tempo.

Todo isto e obra deles, facían caso omiso das advertencias, pero baixar do pedestal e recoñecer os erros é moi duro. Preme para seguir lendo o artigo...


sábado, 7 de noviembre de 2009

Monte Faro. Cap.III: o recurso

Todo indica que o que moitos veciños nos temiamos vai ocurrir: UNHA NOVA DEMANDA. Mirador de Sanxenxo SL reclama que o Concello de Sanxenxo lle devolva os 4.797.796€ que según a alcaldesa “donaron” e que según a empresa eran para non facer vivenda protexida.

Fagamos un pouco de memoria para saber os motivos os cales chegamos a esta situación:

O PXOM de Sanxenxo non estaba actualizado a LOUGA co cal aqueles desenvolvementos urbanísticos nos cales a edificabilidade non superase o 20% non estaban suxeitos a facer VPO, no caso dos SU 13 e 14 están por debaixo deste coeficiente. Pero no seu día, como xa publiquei, Encarna Rivas firma un informe co seguinte:

10.- Doutra banda, ponse asemade en cuestión a esixencia de reserva do 20% da edificabilidade residencial para a promoción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública, toda vez que ao abeiro do establecido no artigo 64.f) da Lei 9/2002, cando a edificabilidade total do sector non supere os 0’20 m2 ( no caso que nos ocupa a edificabilidade total do sector é de 0’136) o Plan Parcial poderá suprimir esa reserva. Aquí xa se indica que non teñen que facer as VPO ¿co cal porque pagan?

O plan parcial deste SU é aprobado despois de entrar en vigor a LOUGA co cal ten que reservar VPO sexa cal sexa a edificabilidade.

Para cubrirse as costas a alcaldesa no pleno de Xullo leva a pleno un informe no cal di que Mirador de Sanxenxo “donou” eses cartos ao concello.

Así se pode ler na acta dese pleno: Acta nº 27 páx 9 en diante

3º) Conforme ó disposto no informe de Fiscalización da Intervención Municipal de data 20 de xullo de 2009, os Acordos anteriores quedan suxeitos ós condicionantes reflectidos en dito informe, e en particular ós seguintes:
a. Que a cesión en metálico efectuada a favor da Administración como consecuencias dos actos xurídicos citados na proposta de convenio foi efectuada voluntariamente polo conveniente privado no marco dos dez días outorgados pola Resolución da Presidencia da Xerencia Municipal de Urbanismo de 15 de decembro de 2006.
b. Que en consecuencia se produce a confirmación do sistema de actuación urbanística por iniciativa privada a través do sistema de compensación.
c. Que en consecuencia ao convido se asume a obriga de esixir unha reserva do 20% de vivenda protexida no ámbito ou dentro da súa edificabilidade residencial, en virtude de normativa sobrevida de obrigado cumprimento. Porcentaxe que é en concepto de mínimos e inferior ao establecido con carácter xeral para os municipios de poboación inferior a 20.000 habitantes.
d. Que a proposta de Convenio supón de facto unha renuncia clara e terminante a calquera esixencia de devolución do obxecto da cesión de forma clara, plena, pura, incondicional e irreversible polo conveniente privado e/ou axente urbanístico actuante que a efectuou.

E máis adiante dise o seguinte:

A Sra. Presidenta,independentemente de que reclamen ou non os promotores, indicou que tiña a obriga de pedir os informes necesarios e considera que neles ofrécense as garantías suficientes, en cambio,se non se aproba o Plan Parcial,é cando o Concello tería que devolver o diñeiro. Tamén defendeu que o Convenio era bo, non so polas circunstancias naturais deste Concello senón por comparación co acadado por outros Concellos.
Ao non producirse máis intervencións a Sra. Presidenta someteu a proposta a
votación na que deuse o seguinte resultado :
Votos a favor : dez (Grupo Municipal do P.P. e Grupo Municipal Mixto)
Votos en contra :sete ( Grupo Municipal do B.N.G. e Grupo Municipal Socialista de Sanxenxo)
Abstencións : cero

Xa veremos que garantía ofrecen eses convenios e o bo que vai ser ese convenio para Sanxenxo.

Agora encontramonos que a promotora esixe que se lle devolva os cartos que entregou a cambio dunha condición: non facer VPO, pero si agora a teñen que facer pois queren os cartos. Esta petición faise en setembro e en vista de que esto vai traer cola xa que sinon se lles devolve os cartos vai ir via xudicial convocase un pleno urxento para que o recurso imposto por Mirador de Sanxenxo non se teña en consideración e se lle negue a devolución dos cartos.


Xa dixen que os cambios na Xerencia non eran casuaís, nin a crise era a causa, os cambios debense a casos como este. Pero claro que esto non vai a acabar aquí, si a empresa demanda ao concello a sentencia tardara algún tempo en sair e esa vai ser a herencia que deixe este grupo de goberno: UN CONCELLO ARRUINADO CUNHA CHEA DE LITIXIOS.


Noutro artigo vou relatarei o caso do outro SU, noutros tempos podería pedir responsabilidades pero xa sei que non se van producir, ¿pero podense facer peor as cousas? Fanse informes sen sentido, actúan de maneira que os veciños estan o seu servizo e non o revés. Pero agora vaise ver quen se mantivo coherente e quen agora anda petando nas portas en busca da axuda porque todos aqueles que se laiaron en dicir que todo esta ben feito e en orde agora comprobamos que todo vai estar pendente dun dictame xudicial.

Este pleno vai ser luns as 9:30 da maña, demostrando asi o respeto que ten a alcaldesa coa xente que pertence aos grupos da oposición que traballan, e logo fala de crise. Claro que tamén asi si algún veciño interesado en acudir o pleno non o podera facer a menos que estea en paro ou sexa xubilado, porque a xente traballa, non sei si de dou conta e non estan os tempos para perder un posto de traballo.

En el orden del día del pleno previsto para el próximo lunes, el epígrafe dedicado a este punto no deja lugar a dudas sobre la postura del Concello: «Proposta da alcaldía para inadmisión do recurso de reposición interposto pola sociedade mercantil Mirador de Sanxenxo SL». “ (Voz de Galicia)



jueves, 5 de noviembre de 2009

Cousas no Diario de Pontevedra

Esta é a reportaxe que fixo o xornalista Javi Casal do Diario de Pontevedra sobre os blogs de Sanxenxo.
Preme na foto para ampliar a imaxe

Dicir que grazas a Javi polo tratamento dado na entrevista asi como respetar o que lle pedin de antemán, polo que reitero as miñas grazas.

Para engadir unha anédota máis dicir que hoxe na oficina e na hora do cafe estivemos comentando dita publicación e hai uns minutos comentabamos na casa que a necesidade de información e ter un medio onde poder expresarse libremente enriquece o coñecemento que temos do noso concello.

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Marexada

Hoxe vou facer un pequeño resumo das novas que se deron estes días. E claro para comenzar como non facelo pola nova da baixada da tasas da auga e do lixo.

Faime gracia semellante anuncio, unha medida moi populista, pero si a tasa do lixo a subiron no rural este ano, claro agora din que a baixan un 1,4%. Eu xa non sei si para as contas usan un ábaco ou contan polos dedos porque a subida do lixo a xustificaban para un mellor servizo co cal agora si se baixa ¿teremos peor servizo? Agora comprendo porque non se vacian as papeleiras. E o da auga xa falarei máis para diante porque dame que o programa Pinga a Pinga non o aplicaron precisamente sobre o aforro de consumo do líquido incoloro, insaboro e inoloro.

Se queren que haixa menos crise que empecen por axustar os soldos a realidade, que comencen por adecuar os gastos a realidade e que se deixen de facer medidas populistas para ocultar a nefasta xestión.

Por outra banda estrañame o silencio que esta tendo o grupo popular con respeto os orzamentos da Xunta, estan caladiños como petos porque saben que lles venderon fume e agora atopanse coa realidade.

E hoxe na pensa podemos ver como o BNG presenta emendas aos orzamentos do Estado unha delas a rexeneración do litoral da Ría de Arousa, esta obra a leva prometendo o PP ano tras ano, sempre aparece nos orzamentos do concello pero nunca se realiza e a rexeneración da Praia de Nanín, a gran olvidada de Sanxenxo.

Tampouco quero deixar pasar a nova das últimas detencións que fixo a Garda Civil xa que denota un aumento de roubos no concello polo que aquelas declaracións onde se dicía que en Sanxenxo os delitos no 2008 baixaran vai ser que o final no 2009 o incremento vai ser brutal.

E por último un vídeo das vendedoras da praza de Sanxenxo reclamando unha nova do mes de outubro.


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Como díria o galardonado coa raia de ouro, Maldonado: Adiviñase marexada a forte marexada.