sábado 18 de julio de 2009

Gol da Xunta ao Concello de Sanxenxo



Hoxe asistimos a un novo capítulo das cafradas de urbanismo que tanto suceden no noso concello.Moito se apurou en febreiro Angel en anunciar que se declaraba a Casa Cuartel de Noalla e a casa de enfronte en ruínas e que se procedía o seu derribo.

A casa de enfronte foi derribada pero o dono do edificio do cuartel foi máis listo que a tropa da xerencia de urbanismo e tramitou o expediente para catalogar dito inmoble no catalogo de patrimonio e dito inmoble vai ser incluído xa que conserva a súa estrutura orixinal e conserva a súa identidade.

Pero do que non se dou conta Angel foi de que a casa cuartel esta nas mesmas condicións que o Pazo de Quintáns, que a casa de San Fernando, que o Priorato de Arra e que moitos elementos patrimoniais. Todos estes inmobles estan todos en ruínas claro que a casa cuartel lles molestaba, xa que sen a edificación o terro estaría afectado polo Pxom e que bonito quedaría unha praza cun par de bancos mirando cara a rotonda e Angel saíndo en prensa anunciando este marabilloso espazo para o desfrute dos veciños de Noalla, pero agora vai a Xunta e lle bota abaixo os seus plans.

Claro que agora non lle poden botar as culpas o bipartito porque agora goberna o seu propio partido e claro tampouco sae a nova na web do concello a pesares de que se vai contar no concello cun inmoble máis catalogado. Ai Angel sumamos outra cafrada, moita presa para derribar uns edificios cando outros levan esquivando a lei ano tras ano.

Pero bueno logo intenta compensalo un par de días antes anunciando que o concello vai rehabilitar un muiño en Noalla que esta dentro dun SU e que xa elaboran un plan para elo e outra vez asistimos a outra falta de xestión e a unha nula capacidade de negociación, pois a rehabilitación dese muiño debería habela feito a empresa urbanizadora do SU a vez que urbanizaba o resto dos espazos públicos e así o concello aforraba uns euros, pero claro neste concello prefiren que se lles entregue as edificacións en estado ruinoso que poder recepcionalas arranxadas. NON HAI CAPACIDADE DE XESTION. So temos que recordar o muiño do Vimbiero que a pesares de estar catalogado anda desaparecido ou ¿andara nalgunha finca exposto?

Pero xa sabemos que o uso da web municipal pagada por todos os veciños é partidista e sectaria pois so sacan os recursos e contenciosos que lle son favorables a eles, e logo anuncian o regalo da alcaldesa a raíña pero non anuncian a visita dos Reis a Sanxenxo, claro que o protocolo é unha signatura pendente deste concello pois o PP de Pontevedra arremete contra a alcaldesa en funcións de Pontevedra por irse do desfile de Marín pero descoñecen que en Sanxenxo olvidaronse invitar aos grupos da oposición a entrega das medallas os regatistas, polo tanto ¿de que serve ter gabinete de prensa se logo non anuncian os actos? E logo falan da proxección de Sanxenxo fora da provincia, notouse a cobertura da noticia que nin o propio concello a anuncia.

Eu comprendo que anunciar que se pecharon dous pubs e unha discoteca é unha noticia de alcance, un feito digno de portada nos xornais, senón fora que ninguén cree semellante acción, pois todos os anos nesta época podemos ler esta noticia fin de semana si fin de semana tamén. DEUS DALLE PAN A QUEN NON TEN DENTES.

16 comentarios:

  1. e unha pena que esa casa este en ruinas pois e moi fermosa como moitas que temos por toda galicia, deberiase comezar a restaurar este tipo de edificacions e utilizalas.

    ResponderSuprimir
  2. http://sendables.jibjab.com/view/VGYR3hiVOxLN8Jp7

    copiade e pegade no navegador, son as festas anticrise do concello.

    ResponderSuprimir
  3. Moitas grazas por descubrirnos cal foi o espectáculo que presentaron na feira de turismo en Castela - León porque promocionaban Sanxenxo a través dunha cea-espectáculo para dar a coñecer o turismo cultural do concello.

    Boisimo, jejejejeje

    ResponderSuprimir
  4. Xa temos espectáculo para este verán si o ano pasado foi Bustamante este ano serán os IRISH SETP.

    Bo vídeo

    ResponderSuprimir
  5. Vaia banda de listos que sodes, con vos o BNG non ten nada que facer en Sanxenxo e habemos voltar a ter a representacion que tiñamos con Marisa. Ainda non entendo como liscou Roberto e David foi imposto a dedo para sustituilo. Non digades mentiras, non falledes a verdade. A visita do rei non se pode anunciar antes porque non o permiten os seus servizos de seguridade, sempre pasa asi, agas en casos moi contados. E si non invitaron a oposicion non e culpa do goberno local (que tamen foi convidado), senon do clube nautico, que foi quen organizou a visita. Falade con datos, e, si sodes quen, a ver si chamades dunha vez Casa de DON Fernando a construccion municipal de Portonovo (nome do antigo medico), e non San Fernando, que xa levades unhas cantas e non sabedes que ese santo non se venera por eiqui. Saude.

    ResponderSuprimir
  6. Ti si que non te enteras de nadiña! mira o que pasa na tua casa, e deixa a dos demais, que parece que vos proe que os demais traballen.
    Aarranxade o voso, e si estades seguros de que está ben feito, de que vos picades?.
    A casa de Don Fernando, o pazo de Meirás e o Priorato, si señor, vaite aprendendo os nomes, que ao mellor cando queiras nombralos,tes as tuinas no chan. De eso é do que tes que preocupar.
    Si Roberto liscou ou o fixeron liscar, preguntalllo a el.

    ResponderSuprimir
  7. un lins máis de atascosJul 20, 2009 12:26 AM

    xa hai algún picado de maña e confundido pois a visita dos Reis supose nese mesmo día pola prensa así digo eu que non lles costaba nada pola na web? ah claro e que si a poñen na web igual eso se desmadra e saindo nos xornais non,como non discurras algo mellor.

    Estades nerviosos porque sabedes que se vos veñen moitas enriba,

    ResponderSuprimir
  8. PARA O ANONIMO INTELIXENTE DAS 9.15

    conclusión: os da escola naval de marín son uns descerebrados, mira que anunciar a visitar do rei unha semana antes... menudo cabreo tería o servicio de seguridade!! ijualiño que o anuncio de muchoviaje.com, hai que viaxar mais...

    ResponderSuprimir
  9. Iris que creo que acabas de meter o dedo na ferida, ti anda a recalcarlle os erros de urbanismo e van eles e se fixan que cambias un DON por un SANTO sera que queren que os trates de Dons e Donas, pero para eso hai que merecelo non basta con ser concejal de Sanxenxo

    ResponderSuprimir
  10. increible, en todo o artigo, so ven o erro de San por Don.... da cafrada dos gobernantes, nin pio!

    ResponderSuprimir
  11. E que a única defensa que teñen é esa equivocación e asi desvian o tema e que non lles interesa que a cafrada de declarar en ruinas un edificio que vai ser catalogado en Patrimonio quede oculta.

    Polo carajo arriba puxeron esa nova na web no do concello nin anuncian recursos nin nada parecido, non teñen defensa posible.

    ResponderSuprimir
  12. El derribo del cuartel era un claro trato de favor al propietario de la casa que extrema con él, ¿Será del Psoe o del BNG?

    nooooooooo,¿De que partido será simpatizante?

    Por cierto muy bueno el video ese, que bien salen todos,si hasta parecen más delgados. Me encanta caty.

    ResponderSuprimir
  13. Iris... pa compensar o erro de San no sitio de DON... será mellor que a partires de agora en vez de Dona digas SANTA CATA, que igual lles presta mellor... ¡¡vaia parvada!!.
    O do cuartel, pois é unha lástima, porque esto xa o comentábamos na pandilla ai anos, cando aínda se tiña en pe. ¿Porqué sempre acordan estes edificios cando xa están apuntalados e a punto de desaparecer???.

    ResponderSuprimir
  14. A ese que o pregunta direille que.
    Me parece que a casa que linda coa casa cuartel de Noaia , que e do Puma.

    ResponderSuprimir
  15. ups sorry delete plz [url=http://duhum.com].[/url]

    ResponderSuprimir