lunes, 9 de noviembre de 2009

Monte Faro. Cap.IV: un par de datos máis

Na espera de saber como se desarrollou o pleno de hoxe e ver que medidas adopta Mirador de Sanxenxo, SL., vamos a seguir aportando algún dato máis.

Hai uns días Telmo Martín escribia o seguinte no seu blog:

La segunda exigencia a los propietarios de Monte Faro fueron 4 M€ que se utilizaron en la compra de 26.000 m² en Punta Vicaño. Un lugar privilegiado entre las villas de Sanxenxo y Portonovo que había pertenecido a unas familias acomodadas y que ahora es un parque para disfrute de los ciudadanos. A cambio de este dinero se les eximió de hacer viviendas de protección autonómica que son un poco más baratas que las viviendas libres. Acuerdo que se hizo con todos los informes favorables del secretario, el interventor y el arquitecto. ” ¿familias acomodadas? Pois máis acomodadas quedaron cando se repartiros máis de 7 millóns de euros por un terreo catalogado como zona verde.

¿informes favorables del secretario, interventor y el arquitecto? Pois como a xusticia lle dea a razón a Mirador de Sanxenxo vamos ver que validez de informes temos pois aquí vamos empezar a ver como as responsabilidades van de tellado en tellado.


Pero con este texto queda claro por si algún inda o dúbida que os cartos de Monte Faro foron para Punta Vicaño en decrimento de construir vivendas sociais tan necesarias no noso concello debido os altos prezos que ten a vivenda libre e o que poucos poden chegar.

Moitos a estas alturas xa sabemos que Mirador de Sanxenxo SL pertence a SEDESA, unha empresa valenciana e o apoderado e representante de Mirador de Sanxenxo SL é Jose Luis Díaz Yañez.

Os datos do Rexistro Mercantil de Mirador de Sanxenxo SL son os seguintes: Constituida o 26/05/2006, Administradores: Vicente Cotino Ferrer (delegado do goberno de Valencia no 2004 e irmán do Conseller de Agricultura, Pesca e Alimentación na Generalitat Valenciana) Vicente Cotino Escriva ( expresidente de Amena, relacionado con parques eólicos e sobriño do Conseller valenciano) Jose Luis Diez Yañez (delegado provincial de Medio Ambiente en Pontevedra, cesado o 18/12/2001; 0 19/12/2001 é nomeado Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, cesa no 2003; presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra) outros.

Si unha cousa esta clara é que ¿quen mellor que alguén relacionado co Medio Ambiente e co monte para velar por Monte Faro? Si o final na casa do ferreiro, coitelo de pau.