Artigo desta quincena no Aturuxo:
Cada día teño máis claro que os problemas dos veciños son alleos a quen nos goberna, senón non se poden entender algunhas medidas adoptadas ultimamente enmascaradas detrás da crise.
Danse conta agora de que hai que aforrar, e para esto deciden facer cambios en Urbanismo, desfacer o chiringuito de Ínsula e despedir a 4 persoas. Estes cambios non son para aforrar, senón teríanos feito antes, senón que xa non poden ocultar máis o desastre que teñen montado. Unha empresa como Ínsula que so xeraba gastos, unha chea de erros urbanísticos que intentaban ocultar contratando asesores xurídicos sen sentido...Pero como din os vellos "as mentiras teñen as patas cortas" e a situación xa non se podía alongar máis no tempo.
Todo isto e obra deles, facían caso omiso das advertencias, pero baixar do pedestal e recoñecer os erros é moi duro. Preme para seguir lendo o artigo...