martes, 10 de noviembre de 2009

Monte Faro. Cap.V: o pleno

Vamos a empezar a chamarlle as cousas polo seu nome e deixemos de buscar culpables onde non os hai. Si señora alcaldesa, a culpa non é do bipartito, a culpa e súa e do seu equipo. Vou empezar dicindo que agardo que as actas do pleno e da comisión da Xerencia de Urbanismo reflexen todo o que se dixo. Que non omitan datos e que sexan colgadas na web na maior brevedade posible.

¿Quen firma o informe donde se informa que se desestima o recurso de Mirador de Sanxenxo? Pois este informe esta firmado polo Técnico adscrito a Xerencia Municipal: Jose Manuel Rey Rial. Cando a avogada da xerencia é Soledad Leiro.

¿Temos seguridade xudírica no concello? NON, pois parece ser que a profesionalidade depende de intereses personais, ou asi o cre a alcaldesa. A partir de agora cando se solicite un informe da xerencia vai ser necesario acompañalo de antecedentes familiares e documentos patrimoniais. Todo isto é produto da lóxica da alcaldesa xa que supostamente Soledad non podía facer o dito informe xa que os pais teñen terreos en Monte Faro. A alcaldesa alegou que o informe feito por Soledad ia ser favorable por iso non llo pideu.

Eu ao respeto a este tema e logo de consultar cos meus amigos avogados, que me asesoran en moitos temas deste blog, non teño dúbidas de quen leva a razón e quen non ,pero parece ser que a alcaldesa ten as suas dúbidas cando precisa un informe favorable. Todo isto sucedeu na comisión pero durante o pleno confirmaronme que a alcaldesa certificou esta información logo de que o Vips dixera que o nome de Soledad aparecia escrito arriba no informe que lle entregaron. Por iso agardemos que as actas sexan reais ao que ali acontenceu xa que esta información pulula nas redacións de prensa, na xerencia e na rúa.

Pero claro eu tamén vou dicir o mesmo que din vostedes no seu informe: “Obvio é dicir, que a inadmisión do Recurso, en boa técnica forense, imposibilita entrar no fondo do asunto” ¿que queren dicir con iso de que non entran no fondo do asunto? Acaso ¿non estudaron todas as posibilidades? Eu forense non son, pero eu interpreto que mellor non remenxer nada máis non vaia ser que nos salpique máis “porquería”.

Logo presumimos de ter asesores externos, internos e non sei cantos tipos de asesores máis. Si o final inda vamos ter que contratar a un forense eso si, que non teña cadaveres no armario non vain salpicar.

Sobre o pleno dicir que lendo as seguintes declaracións que saen no Diario de Arousa: “la alcaldesa salió al paso de todas las críticas. Primero culpó de la situación a la anterior Xunta del bipartito (...), por haber aprobado una ley en 2008 que obliga a la inclusión de suelo para viviendas sociales en todos los planes parciales. “Cambiaron a regras do xogo co partido empezado. (...) Cando nós asinamos ese convenio con Mirador de Sanxenxo podíamos non obrigar á empres a reservar chan para vivenda social, pero logo veu a Xunta do bipartito e, sin pensar nas consecuencias, demoleu o único medio de ingresos de moitos galegos; eso si, sin prever outro. E agora veñen as consecuencias, e alarmámonos cando coñecemos os datos do paro, pero estas tempestades veñen de aqueles ventos”. ” Quedame claro que o PP de Sanxenxo non quere facer VPO, xa o dixo no seu día Telmo que en Sanxenxo non se ian construir vivendas para pobres e a alcaldesa segue a mesma liña xa que dicir que facer VPO incrementa o paro e para darlle de comer a parte porque digo eu que se necesita xente igual para facer as VPO que as vivendas libres, vamos que as VPO non caen do ceo. Por outra banda fala do convenio firmado, entón ¿non dicias que fora unha donación voluntaria? Aclarese, mellor dito: SEXA RESPONSABLE e asuma as suas culpas.

"La alcaldesa consiguió el respaldo de VIPS y del PSOE, mientras que el BNG se abstuvo, después de ofrecer su apoyo condicionado a que la regidora comprometiese su futuro político a la seguridad de que Sanxenxo no devolvería el dinero. Algo que David Otero no logró." Jajaja, ¿comprometer o seu futuro político? Nin tola, a alcaldesa fai como Escarlata O´Hara cando dícia o de: "Xuro por Deus que xamais volverei pasar fame," pois agora é: Xuro por Deus que xamais deixarei o baston de mando para volver a coser redes. Pero os que pagaremos as consecuencias de ter un concello empeñado durante anos seremos os veciños.


O resultado do pleno foi aprobar a desistimación do recurso cos votos a favor do PP, PSOE e VIPS e abstención do BNG.


En breve colgarei o recurso de Mirador de Sanxenxo e o informe da xerencia, para que cada un saque a súa versión.