lunes, 16 de noviembre de 2009

Cea de nadal e cruising

Este ano a pesares da crise faise a cea de nadal para o persoal do concello. E seguindo a estela do ano pasado que foi a primeira vez que esta cea era pagada polo persoal, xa que as anteriores era pagada polo concello.
Este ano vai ser no mesmo sitio que o ano pasado, no Restaurante ARDORA de Aios,

Menú:
Aperitivos
Langostino cocidos e a prancha
Nécoras
Sorbete de limón.
Entrecot
Tarta de banquete ( non sei quenes son os noivos nin que a vai cortar, )
Xeado.
Albariño, rioxa, mencía, cava e licores.

Custe por persoa: 40 euros.

Asi que os que quieran asistir deberan aboar os 40 euros, o ano pasado reduceuse moito a asistencia a esta cea e agardaremos a ver como se desenrala a deste ano.

Por outra banda quero facerme eco dunha nova que lin onte no XORNAL e dun movemento que moitos coñeceron este veran a través dos programas televisivos nos que se contaba o que ocurrian nas praias do litoral español, incluindo as galegas e as de Sanxenxo:" O CRUISING"

"Outras das zonas máis concorridas sitúanse nas praias nudistas de Barra (Cangas do Morrazo) e Bascuas (Sanxenxo). Nos meses do verán, os paseos de moitos dos homes e mulleres ao carón da beiramar rematan entre as rochas. Un observador deste fenómeno asegura: “A min gústame ver e participar do cortexo desmitificador que supón ir a un cruising”. Para este cidadán, que se fai chamar Observador, existen poucas diferenzas entre ligar nun bar e despois manter unha relación con esa persoa a coñecer alguén nunha zona de deste tipo. “Nos dous supostos acodes coa mesma finalidade pero no cancaneo evitas os prolegómenos”, afirma."
"Unha das formas de entender o fenómeno do cruising pódese atopar ao interpretar os versos da poeta galega Rosa Enríquez: “Ao caer a noite, cae o vestido, caen as miserias e a voracidade toda...”." preme aqui para seguir lendo ....

E como se di: MALOSERA ....