martes, 24 de noviembre de 2009

Dous pes para un banco

Hoxe non podia deixar de comentar as novas que nos ofreceron os doús concelleiros do PP:

1º vou con Salvador xa que sae na prensa prensentando os orzamentos do 2010 en lugar da concelleira de Facenda que anda tan perdida como Paz e Martín, inda terei que chamar a Lobatón para ver si os topa. Salvador di o seguinte: " el edil durante la presentación de las cuentas relativas a la partida de personal a las distintas Mesas de Negociación, tanto de la entidad local como de sus organismos autónomos, que tuvo lugar esta mañana y en la que Durán recordó la fuerte caída de ingresos experimentada en 2009, superior a los 4,5 millones de euros que, sumados al descenso previsto para 2010, cifrado en unos 2 millones de euros “contabilizan unha perda entorno aos 7 millóns en dous anos”.Ante este escenario y “nun exercicio de sensatez e responsabilidade tamén debemos adaptar a estas circunstancias a partida destinada a persoal”" pero o que non dis que nesta reunión cos sindicatos rematou como o rosario da aurora xa que supostamente estes levantaronse da reunión cando lles dixeste que nada de pagar as horas extras e algúns complementos como o de Nocturnidade. Deixaronte coa palabra na boca. Veremos como responden os sindicatos.
Por outra banda dis: "Los primeros en dar ejemplo han sido, pues, los miembros del equipo de Gobierno que han eliminado de las cuentas para 2010 cuantías como las reservadas al salario de la concejala de Cultura, que renunció este año al sueldo municipal cuando fue nombrada senadora, o las destinadas a otros altos cargos como asesor de la alcaldía o coordinador de la Xerencia Municipal de Urbanismo, puestos que desaparecen." Que fácil é dar exemplo a conta dos demais, a senadora renunciou ao soldo no 2009 porque non pode compatibilizar os dous e o do senado e maior. E os que estan despedidos claro que non van cobrar no 2010 hai chegaría o conto. Conta outra que esa non cola.

2º agora vou con Angel e as súas declaracións no Diario de Arousa. Hai temas que sinon se saben defender mellor estar coa boca pechada.
a) "Nauta Sanxenxo non dispón de ningún local que poida albergar este organismo autónomo, pois están ocupados e xerando rendibilidade para os veciños deste concello”." En Nauta hai locais baleiros, so falta mirar para o que ocupaba SEDESA.
b)"“o Goberno do Partido Popular quen promoveu unha política de aforro de alugueres, a través da adquisición de patrimonio público ata entón inexistente, e que permitiu instalar servizos municipais, como por exemplo as bibliotecas, en locais agora públicos”." Si moito aforro so falta ver os 4 alugueiros que se pagan en Vilalonga mentras a Telleira esta pechada.
c)"plan que quedou aparcado de momento grazas á lei dos 500 metros do BNG e do PSOE, que impediu que puidesen saír adiante inxustificadamente desenrolos na vila de Sanxenxo nos que o Concello obtería aproveitamentos como baixos, feito que favorecería a reubicación da Xerencia nun local propio" jajaja, a mesma lei que o PP prorrogou inda que podia derogala como fixo con outras.
Angel botarlle a culpa o Bipartito xa non ten sentido xa que no 2004 gobernaba a Xunta o PP e ademáis a Xunta non ten competencias nos alugueiros de locais para a administración local, senón que é competencia do concello, esto soname a escusa de mal pagador, a que non che quedou máis remedio que sair na prensa e claro seguimos botandolle a culpa ao bipartito cando xa non esta gobernando.
Xa sei que vos queda ano e pico e logo a vivir das rentas dos froitos destes últimos catro anos vivindo a conta dos veciños, recordade que todo ten un principio e un fin, o voso pode ser no 2011. O final o epitafio deste grupo debería ser: "Si yazco aqui es por culpa del bipartito".

Vou seguir cantando a canción preferida do PP: Vamos a contar mentiras, tralara, vamos a contar mentiras, ....

AMPLIACIÓN AS 19:45
Claro que Salvador vai sair maña na prensa dicindo: ""O feito de que os dirixentes sindicais convoquen aos funcionarios e ao persoal laboral do Concello de Sanxenxo a participar nunha asemblea xeral en horario de traballo é un exemplo máis da irresponsabilidade que veñen amosando, ademais dunha falta de respecto á institución e aos veciños", señaló esta mañana el concejal de Personal del Concello de Sanxenxo al conocer la convocatoria realizada conjuntamente por CC.OO., CIG y UGT." E digo eu: non é a mesma falta de respeto que práctica o seu equipo ao poñer un pleno un luns as 9:30 da maña cando a maioria dos veciños estan en horario laboral, incluido os membros da oposición, ou ¿acaso as normas cívicas son para algúns sos?