jueves, 19 de noviembre de 2009

Fotos denuncia

Hoxe achego unha queixa e unhas fotos que me fixeron chegar por mail.

A primeira queixa data de setembro do 2008, unha segunda foi interposta en xaneiro do 2009 e a día de hoxe sigue nas mesmas condicións, a denuncia relata o seguinte e vai dirixida ao concelleiro de medioambiente: A finca sobre a cal recae a denuncia esta situada na rúa Domingo Antonio de Ledo, en pleno centro de Sanxenxo, é unha casa en ruinas con maleza, escombros e basura en xeral. Dita situación estase fai insostible vivir en condicións de seguridade e hixiene adecuados aos veciños colindantes. A parte de maleza que ameaza con sobresair dos propios límites da finca urbana empezase a ver insectos, ratas e animais que poden significar un perigoso para a saúde das persoas. Acompañanse fotografias interiores do estado en que se atopa dita casa.




















Agora a pregunta a facer é a seguinte: ¿cal é o raseiro para levar a cabo os expedientes de ruina? recordemos os casos da casa cuartel de Noalla e da casa que estaba enfronte. Para os que non se dean conta de que finca se trata poño unhas fotos onde se pode ver mellor a situación da mesma.