sábado, 7 de noviembre de 2009

Monte Faro. Cap.III: o recurso

Todo indica que o que moitos veciños nos temiamos vai ocurrir: UNHA NOVA DEMANDA. Mirador de Sanxenxo SL reclama que o Concello de Sanxenxo lle devolva os 4.797.796€ que según a alcaldesa “donaron” e que según a empresa eran para non facer vivenda protexida.

Fagamos un pouco de memoria para saber os motivos os cales chegamos a esta situación:

O PXOM de Sanxenxo non estaba actualizado a LOUGA co cal aqueles desenvolvementos urbanísticos nos cales a edificabilidade non superase o 20% non estaban suxeitos a facer VPO, no caso dos SU 13 e 14 están por debaixo deste coeficiente. Pero no seu día, como xa publiquei, Encarna Rivas firma un informe co seguinte:

10.- Doutra banda, ponse asemade en cuestión a esixencia de reserva do 20% da edificabilidade residencial para a promoción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública, toda vez que ao abeiro do establecido no artigo 64.f) da Lei 9/2002, cando a edificabilidade total do sector non supere os 0’20 m2 ( no caso que nos ocupa a edificabilidade total do sector é de 0’136) o Plan Parcial poderá suprimir esa reserva. Aquí xa se indica que non teñen que facer as VPO ¿co cal porque pagan?

O plan parcial deste SU é aprobado despois de entrar en vigor a LOUGA co cal ten que reservar VPO sexa cal sexa a edificabilidade.

Para cubrirse as costas a alcaldesa no pleno de Xullo leva a pleno un informe no cal di que Mirador de Sanxenxo “donou” eses cartos ao concello.

Así se pode ler na acta dese pleno: Acta nº 27 páx 9 en diante

3º) Conforme ó disposto no informe de Fiscalización da Intervención Municipal de data 20 de xullo de 2009, os Acordos anteriores quedan suxeitos ós condicionantes reflectidos en dito informe, e en particular ós seguintes:
a. Que a cesión en metálico efectuada a favor da Administración como consecuencias dos actos xurídicos citados na proposta de convenio foi efectuada voluntariamente polo conveniente privado no marco dos dez días outorgados pola Resolución da Presidencia da Xerencia Municipal de Urbanismo de 15 de decembro de 2006.
b. Que en consecuencia se produce a confirmación do sistema de actuación urbanística por iniciativa privada a través do sistema de compensación.
c. Que en consecuencia ao convido se asume a obriga de esixir unha reserva do 20% de vivenda protexida no ámbito ou dentro da súa edificabilidade residencial, en virtude de normativa sobrevida de obrigado cumprimento. Porcentaxe que é en concepto de mínimos e inferior ao establecido con carácter xeral para os municipios de poboación inferior a 20.000 habitantes.
d. Que a proposta de Convenio supón de facto unha renuncia clara e terminante a calquera esixencia de devolución do obxecto da cesión de forma clara, plena, pura, incondicional e irreversible polo conveniente privado e/ou axente urbanístico actuante que a efectuou.

E máis adiante dise o seguinte:

A Sra. Presidenta,independentemente de que reclamen ou non os promotores, indicou que tiña a obriga de pedir os informes necesarios e considera que neles ofrécense as garantías suficientes, en cambio,se non se aproba o Plan Parcial,é cando o Concello tería que devolver o diñeiro. Tamén defendeu que o Convenio era bo, non so polas circunstancias naturais deste Concello senón por comparación co acadado por outros Concellos.
Ao non producirse máis intervencións a Sra. Presidenta someteu a proposta a
votación na que deuse o seguinte resultado :
Votos a favor : dez (Grupo Municipal do P.P. e Grupo Municipal Mixto)
Votos en contra :sete ( Grupo Municipal do B.N.G. e Grupo Municipal Socialista de Sanxenxo)
Abstencións : cero

Xa veremos que garantía ofrecen eses convenios e o bo que vai ser ese convenio para Sanxenxo.

Agora encontramonos que a promotora esixe que se lle devolva os cartos que entregou a cambio dunha condición: non facer VPO, pero si agora a teñen que facer pois queren os cartos. Esta petición faise en setembro e en vista de que esto vai traer cola xa que sinon se lles devolve os cartos vai ir via xudicial convocase un pleno urxento para que o recurso imposto por Mirador de Sanxenxo non se teña en consideración e se lle negue a devolución dos cartos.


Xa dixen que os cambios na Xerencia non eran casuaís, nin a crise era a causa, os cambios debense a casos como este. Pero claro que esto non vai a acabar aquí, si a empresa demanda ao concello a sentencia tardara algún tempo en sair e esa vai ser a herencia que deixe este grupo de goberno: UN CONCELLO ARRUINADO CUNHA CHEA DE LITIXIOS.


Noutro artigo vou relatarei o caso do outro SU, noutros tempos podería pedir responsabilidades pero xa sei que non se van producir, ¿pero podense facer peor as cousas? Fanse informes sen sentido, actúan de maneira que os veciños estan o seu servizo e non o revés. Pero agora vaise ver quen se mantivo coherente e quen agora anda petando nas portas en busca da axuda porque todos aqueles que se laiaron en dicir que todo esta ben feito e en orde agora comprobamos que todo vai estar pendente dun dictame xudicial.

Este pleno vai ser luns as 9:30 da maña, demostrando asi o respeto que ten a alcaldesa coa xente que pertence aos grupos da oposición que traballan, e logo fala de crise. Claro que tamén asi si algún veciño interesado en acudir o pleno non o podera facer a menos que estea en paro ou sexa xubilado, porque a xente traballa, non sei si de dou conta e non estan os tempos para perder un posto de traballo.

En el orden del día del pleno previsto para el próximo lunes, el epígrafe dedicado a este punto no deja lugar a dudas sobre la postura del Concello: «Proposta da alcaldía para inadmisión do recurso de reposición interposto pola sociedade mercantil Mirador de Sanxenxo SL». “ (Voz de Galicia)