sábado, 21 de noviembre de 2009

Derrochando.

Hoxe podemos ler na prensa o que a Xerencia de Urbanismo paga en aluguer pola sua sede:

* 3.105€ + Ive que por 12 meses = 37.260€ + Ive.
* 37.260€ por 4 anos que dura o contrato= 149.040€ + Ive = 172.886€ = 28.847.825 millóns de pesetas.

Por iso vou copiar un extracto da web do BNG xa que esta máis completo que na prensa:" Rematados estes catro anos do contrato, que por certo excederán o mandato da señora González, os veciños e veciñas de Sanxenxo terán pagado polo alugueiro deste baixo máis de 170.000€, e dicir, 29 millóns das antigas pesetas. Se a isto lle sumamos o período que comprende desde a creación da Xerencia ate que se firma o devandito contrato, estamos a falar de máis de 360.000€, e dicir, máis de 60 millóns das antigas pesetas.”Debemos recordar que durante todo este tempo, a través da empresa Municipal Nauta, dispúxose de locais suficientes para poder albergar estas instalacións. Tratándose Nauta de unha Sociedade Mercantil, se o concello alugase un dos seus locais, estes cartos veríanse revertidos de novo nas arcas municipais, e así en beneficio dos veciños e veciñas de Sanxenxo. Isto permitiría dispoñer no futuro das mesmas instalacións, xa que temos que ter en conta, que o local actual da sede da Xerencia, no ano 2.012 cando venza o contrato, seguirá sen ser propiedade do concello a pesares do gasto de máis de 360.000€ (60 millóns de pesetas)"

Con eses cartos si que se poderia ter un local en propiedade e non estar pagando alugueiros xa que mirando a resolución da alcaldía o respeto so se presentou ese señor a oferta de contratación, pero o máis curioso do tema e que no anuncio de contrato non se indica nin m2 nin características que han de ter os locais que se presenten a dito concurso por iso a pregunta é ¿feito a medido? SEGURAMENTE.
Tamén temos que recordar o custe que supuxo INSULA, que se pagou un alugueir para nada, e mentras temos locais en Nauta criando arañas.

Cada día queda máis calro que o único incremento patrimonial que hai neste concello e o dos propietarios que alugan locais ao concello porque o grupo de goberno non sabe nin mirar polo ben do patrimonio e logo vendennos a moto de que o incrementaron coa compra de Punta Vicaño (non vos conto o que se lles incrementou a conta aos propietarios), logo compramos o Pazo Quintás, a Casa de Don Fernando e o Priorato para que o único que se incremente e o patrimonio ruinoso do noso concello.

O que queda claro é que cos cartos que se paga en alugueiros o concello tería máis que pagado a compra de locais que pasarían a ser municipais.
Por certo tampouco olvidemos a mala accesibilidade que ten a Xerencia de Urbanismo, xa que persoas con mobilidade reducidas ou discapacitadas non teñen acceso as dependencias, xa que hai escaleiras non rampas.Vamos que inda por riba son locais que non son accesibles xa que o de Insula pasaballe o mesmo.

Sigamos derrochando.