¿A web do concello para que sirve? Pois para sacar as notas de prensa do PP, para informar de 2 ou 3 actos e pouco máis.
E porque digo esto, pois moi sinxelo despois de 14 anos cambiouse as datas do pleno e dende o concello inda non se dignaron a dicir nada, pois eso debería estar colgado na web do concello.
Pero claro para que anunciar algo que o mellor non interesa.
No pleno do 29/09/09 acordase: “Modificar a data de realización das sesións ordinarias do Concello Pleno que serán o último LUNS dos meses de XANEIRO, MARZO, MAIO, XULLO, SETEMBRO e NOVEMBRO ás vinte horas e trinta minutos (20,30 horas)”, como se pode leer na acta dese pleno.
As causas dese cambio: “A Sra. Alcaldesa sinalou que xa explicou a motivación en comisión, non obstante o cal engadiu que viña debida a que o Concello ten unha senadora en Madrid, o que antes non se produci e que obriga a reconsiderar o día de celebración das sesións dos plenos para permitir a súa asistencia.”
Pois ben, inda que o contase nunha comisión creo que os veciños temos dereito a coñecer ditos cambios e a causa deles, ou acaso non lle interesa que se coñeza. A web do concello esta para informar non para o servizo do PP.
Pois haille que recordar que a senadora cobrou este ano por 4 meses de dedicación exclusiva ao concello máis de 15.000 euros, soldo que a moitos traballadores normais non chegan a gañar nun ano e non se permiten o luxo de andar pedindo cambios de turnos nin berrinches polas esquinas.
Pero non pasa nada, así podera asistir as ceas do luns que despois de celebrar a xestora (xa que non dan atopado data para celebrar a asamblea, hai Louzán non che interesa eh) van cear ao restaurante dun ex-concellal en Vilalonga, pero tranquila senadora que xa que os mércores te atopas polos madriles a alcaldesa, dous concelleiros e os catro "asesores políticos ", osease os 4 empresarios de turno, van comer o cocido ao Mardivino onde se tomán as decisións do que se vai facer no concello esa semana.
Eso si entre cenitas, cocidos e as comidas das Vilas Mariñeiras a alcaldesa dentro dun par de anos xa pode montar o tan ansiado bar de tapitas na zona de viños de Portonovo, xa que gastronómicamente a experiencia esta sendo sublime, xa que o proxecto de convertir a zona de movida de Portonovo en zona de tapeo parece que non esta dando o resultado que pretendían.
Pero Paz non te preocupes, que neses encontros teñente moi presente, si para ben ou para mal, eso mellor descubrelo ti.
E xa que estamos no mes de novembro recordemos o refrán que di: A todo porquiño lle chega o seu San Martiño.