miércoles, 25 de noviembre de 2009

Día contra a Violencia De Xenero

Hoxe é o día contra a Violencia de Xenero por iso quero deixar unha canción adicada a muller.




A tódolas mulleres que padecen males polo so feito de nacer muller.

LETRA:
A meu gaiteriño, /ainda me acordo, /cando baixabas polo monte abaixo,/e viñasme ti dicindo.

Bota carne no pote, Marianiña, /bota carne no pote, Marianá, /un molete enteiro. /enservelletado, /unha bota con viño, chupáená!

Muller, fartura de loita /qué che hei decire eu, muller?! /Ti és coma a terra nosa, /e a terra é coma ti é!

Deixeivos a entrambas soias /anque convosco quedei /Valeira está a terra, morna /ti, sementada, abofé. (bis)

E o vento decia /pronto hai de volver!, /pra tira-la fame, pra poder comer... (bis)

Ai, muller, cántas noitiñas, /te deitaches coa tristura?,/e o vento, frio traguía,/as novas dos que marmuran.

E o vento decia,/pronto hei de volver...

RECITADO FINAL:
Ti és o milagre da terra /e, a terra é un milagre teu /mistura de mel e cerna/de fera e de anxo do ceo.

Pariches de pé o fillo, /como fan no monte as bestas. /E hoxe que volto vencido,/para que eu venza ti te deitas.

O voltar, qué che hei decir?!/Maldito o día e a hora /en que te deixei aquí /pra percurar vida fora! /O inverno da emigración /roubóunos a primavera, /quén eu era, xa non son, /e ti non és a que eras!
Xa poden os leiros dar /colleitas ben abondosas, /poden en Madrí falar /con palabras ben fermosas, /que nunca nos han de pagar /a nosa fame de outrora!

E O VENTO DECíA, /PRONTO HEI DE VOLVER / PRA TIRA-LA FAME,/PRA PODER COMER...