miércoles, 4 de noviembre de 2009

Marexada

Hoxe vou facer un pequeño resumo das novas que se deron estes días. E claro para comenzar como non facelo pola nova da baixada da tasas da auga e do lixo.

Faime gracia semellante anuncio, unha medida moi populista, pero si a tasa do lixo a subiron no rural este ano, claro agora din que a baixan un 1,4%. Eu xa non sei si para as contas usan un ábaco ou contan polos dedos porque a subida do lixo a xustificaban para un mellor servizo co cal agora si se baixa ¿teremos peor servizo? Agora comprendo porque non se vacian as papeleiras. E o da auga xa falarei máis para diante porque dame que o programa Pinga a Pinga non o aplicaron precisamente sobre o aforro de consumo do líquido incoloro, insaboro e inoloro.

Se queren que haixa menos crise que empecen por axustar os soldos a realidade, que comencen por adecuar os gastos a realidade e que se deixen de facer medidas populistas para ocultar a nefasta xestión.

Por outra banda estrañame o silencio que esta tendo o grupo popular con respeto os orzamentos da Xunta, estan caladiños como petos porque saben que lles venderon fume e agora atopanse coa realidade.

E hoxe na pensa podemos ver como o BNG presenta emendas aos orzamentos do Estado unha delas a rexeneración do litoral da Ría de Arousa, esta obra a leva prometendo o PP ano tras ano, sempre aparece nos orzamentos do concello pero nunca se realiza e a rexeneración da Praia de Nanín, a gran olvidada de Sanxenxo.

Tampouco quero deixar pasar a nova das últimas detencións que fixo a Garda Civil xa que denota un aumento de roubos no concello polo que aquelas declaracións onde se dicía que en Sanxenxo os delitos no 2008 baixaran vai ser que o final no 2009 o incremento vai ser brutal.

E por último un vídeo das vendedoras da praza de Sanxenxo reclamando unha nova do mes de outubro.


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Como díria o galardonado coa raia de ouro, Maldonado: Adiviñase marexada a forte marexada.