* A edificabilidade de 0,48 é a que figura nun cadro do PXOM pero esta é sobre a superficie edificable, non sobre a totalidade do sector (metros edificables máis sistemas xerais adscritos), que é a que se considera á hora de aprobar, e pasa a ser do 0,136 (menor do 0,20, por iso Telmo pudo vender a esención de facer vivenda protexida).
* O campo de golf contaría cun tamaño de 650.000m2 e o Parque Natural de 875.000 m2.
* Os dous solos de Monte Faro figuran no PXOM como de INICIATIVA PUBLICA a desenvolver polo sistema de COMPENSACION pero logo Telmo pasounos a un sistema de COOPERACION a desenvolver por empresas privadas ¿porque?
* A 22 de novembro de 2006 no informe de valoración do SU14 firmado por Encarnación Rivas aparece o seguinte:
6.- Pola Mercantil “Mirador de Sanxenxo, S.L:”, que acredita representar a propiedade do 70’56% da superficie do sector, polo que conta coa lexitimación esixida nos artigos 74.c) e 155.1) daLei 9/2002, maniféstase a súa intención de levar a cabo a transformación urbanística do sector de Solo Urbanizable Nº 14 mediante a presentación do correspondente Plan Parcial, coa asignación do sistema de actuación por COMPENSACIÓN.
7.- En relación con todo o anteriormente sinalado, subliñar a grande complexidade da iniciativa a desenvolver, dada a magnitude do ámbito, a fragmentación do parcelario, as competencias sectoriais concorrentes (medio ambiente e desenvolvemento sostible, estradas,patrimonio, augas, confederación hidrográfica) e a propia complexidade técnica do documento derivada das determinacións contidas na Ficha de Características do P.X.O.M. e das reservas legalmente establecidas.
En consecuencia, e cánto á posibilidade de elección do sistema de actuación nos termos do artigo 127 da Lei 9/2002, á xuízo da que subscribe, semella procedente acceder ao sistema de actuación por Compensación.
Polo que se pode ler nestes artigos supostamente cambian de iniciativa pública a privada porque o concello é incapaz de desarrollar estes SU.
10.- Doutra banda, ponse asemade en cuestión a esixencia de reserva do 20% da edificabilidade residencial para a promoción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública, toda vez que ao abeiro do establecido no artigo 64.f) da Lei 9/2002, cando a edificabilidade total do sector non supere os 0’20 m2 ( no caso que nos ocupa a edificabilidade total do sector é de 0’136) o Plan Parcial poderá suprimir esa reserva.
11.- A eses efectos, cómpre sinalar que pola Xunta de Compensación do S.U. 9, sector no que concorren as mesmas circunstancias de edificabilidade, solicitouse a mesma exención, sen que pola Presidencia desta Xerencia se accedese.
Elévase ante a Presidencia da Xerencia Municipal de Urbanismo, PROPOSTA de:
1.- Prestar conformidade ao desenvolvemento do Solo Urbanizable Nº 14 pola Mercantil “MIRADOR DE SANXENXO, S.L.” mediante o sistema de actuación por Compensación.
2.- Prestar aprobación á valoración estimada de 4.797.796 € (Catro millóns, setecentos noventa e sete mil, setecentos noventa e seis euros) sobre a exención da obriga de reserva de edificabilidade destinada a vivenda suxeita a protección.”
* No seguinte capitulo explicarei con detalle a valoración que fixeron e de porque eximiron a estes SU de facer vivenda con algún tipo de protección e agora din que eses cartos foron donados xenerosamente polas empresas.
* ¿Cal foi o primer contacto de Sanxenxo con Valencia? Pois foi con motivo da catastrofe do PRESTIGE, a maioria dos voluntarios que estiveron por esta zona eran de Valencia co cal Eduardo Zaplana en visita por Sanxenxo quixo que se recordasen eses feitos e para iso nada mellor que contribuir co concello: O PARQUE DE MAJOR.