Neste caso tratase da zona de Rial, detrás do campo de fútlbol de Baltar que esta que da pena, moito paseo o lado do rio Barbeito pero cando nos deamos conta a maleza da outra beira da carretera chegara ao rio, tal e como se pode ver nas fotos que me enviaron fartos de que calquer día para entrar nas casas en vez de ir en coche teñan que usar o machete para poder abrirse paso. Hai anos que o concello non limpa as beirarúas por esa zona a pesares de que a un paso se atopa te atopas con establecementos de hostelería, un camping, instalacións deportivas, .... e é unha zona de paso de moita xente tanto turistas como veciños e vergoña lles debería dar ter a zona en semellantes condicións e por falta de comunicarlles a situación non é.
Pero isto non é todo, e como non hai unha sen dúas, e aproveitando que hoxe é xoves e hai mercadillo en Baltar os veciños desta zona últimamente ven como a basura que se xera esparcese por toda a contarna axudada polo vento e pola falta de limpeza do recinto despois do mercadillo, porque non so hai que barrer o recinto senón tamen ocuparse de limpar os arredores.
A isto hai que engadirlle tamén que a zona de Baltar e esa é unha zona na que se soe facer botellón. Pero desgraciadamente esta é a imaxe máis habitúal deste verán: SUCIEDADE E ABANDONO.
Non hai que limpar so a fachada senón tamén o traseiro. E esta zona tamén require unha actuación urxente.
Non hai que limpar so a fachada senón tamén o traseiro. E esta zona tamén require unha actuación urxente.