Hoxe envianme unhas fotos dun avispeiro que se atopa en Vilalonga na zona da Salgueira, debaixo dun parque infantil.
Os veciños queixanse de que cada vez que van tirar o lixo saen con picaduras e para que poidamos ver o tamaño das avespas envian estas fotos, dicen que son de tamaño considerable e que teñen a rabia, xa que as picaduras son moi dolorosas.

Pero a que é debido esto? pois sinxelamente a falta de limpeza dos contenedores, e o lixo que se acumulan neles é o campo idóneo para que se asenten as avespas.
Inda que o concello se adica agora a fumigar o contenedor con pouco éxito hai que limpar antes, porque as avespas non se crian nun día nin en dous, así que un pouco de auga e xabón non estaria nada mal nos contenedores do rural do concello.
E así relatan as queixas os veciños do lugar na TVG
Inda que este non é o único caso de bichos que atopamos no concello, e non me refiro precisamente ao circo que teñen alguns montado senón a invasión de formigas que hai por todo o paseo de Baltar, sobretodo na zona das casetas que hai montadas.
As plagas parecen que empezan a profilerar por todo o concello e os únicos que pagan as consecuencias son os veciños que sufren as picaduras destes bechos e todo por non esixir un mínimo de limpeza tanto dos contenedores como das rúas.