martes, 10 de agosto de 2010

O Botellón consentido.


Todos sabemos que facer botellón en Sanxenxo está prohibido, pero os mesmos que impulsaron a medida parece que se esqueceron desta prohibición.

Ahora parece que o botellón se prohibe según onde se faga e quen o faga. Todos podemos ver como grupos de rapaces se reunen en Vicaño ou mesmo sempre hai un grupito de rapaces na porta traseira do concello bebendo en plena rúa.

O Botellón esta algo máis controlado en Portonovo pero que pasa en Sanxenxo? Pois para velo nada mellor que pasear unha noite polo centro da vila.

Este domingo a noite, sobre as 2 maña puiden comprobar como o local que se denunciou por carecer de licenza inda seguia aberto e coa sua terraza acristalada pero xa non é iso, senón que pasear pola rúa dos barcos a esa hora era imposible xa que a concentración de xente que se xunta ali e non precisamente a admirar a paisaxe senón que están bebendo na rúa e ambientados pola música que hai nos locais que co sonido que teñen escoitase en Ons polo menos. Pero claro a diferencia é que ahi o que se consume na rúa e servido nas barras dos locais non comprado no super de turno.

Agora parece que o botellón midese según onde se pille a bebida porque so hai que pasearse polo porto deportivo e ver como se bebe pola rúa e como a música a escoitas en Bueu. Claro que en un días saira a alcaldesa anunciando o peche dalgún local en Portonovo, pero os de Sanxenxo?
E podo dar numerosos exemplos de locais onde a maior parte da súa clientela esta bebendo na rúa e escoitando a música que se pincha dentro, claro que eso podese denominar " Botellón con clase" e claro ese non esta dentro da normativa aprobada.

En Sanxenxo queda claro que según o bolsillo do que bebe e onde pague pode estar facendo botellón ou simplemente xerando riqueza nos locais de ocio.

Xa me gustaria ver a moitos dos que vin o domingo paseandose cos vasos pola praza do mar sancionados e facendo servizos sociais para pagar as multas, que tal limpando un pouco as praias ou cortando a chea de silvas e maleza que invade o noso o concello.