viernes, 6 de agosto de 2010

Os "críticos" non van a Cope

Onte como moitos xa sabedes a cadena Cope fixo o seu programa matinal dende Sanxenxo e según se pode ler na súa páxina: " El magacine de Cope Pontevedra se ha trasladado hoy hasta el municipio de Sanxenxo, para dar cuenta de la actividad estival que este municipio de las Rías Baixas y de su lugar de referencia en el sector turístico" e dixen eu seguro que falou Almudena como concelleira de turismo e Paz como a de cultura e naturalmente a alcaldesa, faltaba menos, pois non.

O que dou conta do que pasa en Sanxenxo a parte da alcaldesa foi SALVADOR, si, o concelleiro de persoal, pero claro falando de Nauta e da cantidade de xeados e refrescos que estan vendendo este ano.

Non sei si o resto de concelleiros xa pillaron vacacións porque vamos nin se lles ve nin se lles espera so están os omnipresentes de Salvador e Tino porque o resto non saen xa nin dando as famosas estadísticas que lles gusta dar a alcaldía cando son positivas para eles, xa o dícia Van Ghal: · sempre positivo, nunca negativo".

Esta máis que claro a ruptura dentro do grupo do partido popular que agora ata se pisan as competencias uns aos outros, non vaian falar algúns de máis e deixar aos outros en evidencia. Por iso cando un veciño vai falar con algún destes concelleiros sobre todo co do sector crítico a resposta máis habitual é: "Teño as mans atadas, non podo facer nada".

Non me estrana que cada día cobre máis forza o rumor de que despois do verán haberá reestructuración dentro do equipo de goberno, e si temos en conta de que se fala de cambiar o encargado de persoal para urbanismo, que cacho da tarta lles vai quedar os críticos?