"P-La masiva presencia de turistas dejó basura en la calle, hubo cierres de agua, colapsos de tráfico.
R-Así es. Existe un problema de basura, soy conocedor de ello. Todo lo hemos vivido. Hubo un problema en la recogida de basura, y por eso, tenemos que buscar una solución y analizar la situación para que no vuelva a ocurrir de ninguna de las maneras en próximos veranos. Hubo sequía, y mejor cortar el agua a las duchas que a negocios y casas, aunque no gusta la medida."
Un problema? non, un problemon e menos mal que é coñecedor do tema porque os máis afectados da imaxe que se esta dando son os hoteis, pero claro como levantar a voz para protestas non vai ser que topemos pedras no camiño.
Buscar unha solución? a boas horas nos acordamos, porque hai que lembrar que Urbaser leva anos recollendo o lixo no concello e sabe como son os veráns, si inda fose unha empresa nova que levase dous meses co servizo podiase argumentar falta de experiencia, pero a Urbaser non.
Aquí a única solución posible é empezar a porlle nomes a cousas e a culpabilizar os verdadeiros culpables, que son os que non teñen capacidade para ordenar que Urbaser preste o servizo que se lle foi contratado, e estes son o grupo de goberno encabezado por Catalina. Pero a realidade é que quedaron totalmente desacreditados co númerito que armaron hai uns meses co contrato de basura que nin entre eles estiveron dacordo e agora si un di misa o outro polo outro lado repica.
O descredito é tal que a imaxe do concello da pena, pero sempre hai tempo para mirar para outro lado e tomarse uns pinchitos con algún premiado emulando unha mala copia de Porto Banus.
Por outra banda quero contar que veciños de Rial me dixeron que pasaran a rozar as herbas pero quedoulles atrás a zona onde se facia a denuncia, polo tanto vamos a dar a localización exacta por si luns ou martes pasan por ali.
Onde se leva 4 anos sin rozar e a maleza o esta invadindo todo e na zona que esta detrás do campo de fútbol, ali hai un camiño sin saida, pero a este paso máis que camiño será unha xungla. Esta zona antes coñeciase como Baltar pero hai un tempo denominaronna Rial.
E tamén de paso decirlle a Tino, que neste camiño había unha sinal que indicaba que este camiño non tiña saida pero dita sinal leva tempo tirada no chan co cal moitos turistas metense por el formando a veces máis atascos que na rotonda de Arnelas.
Pa próxima marcarei as coordenadas do sitio.