miércoles, 18 de agosto de 2010

Máis que Esperpéntico

Hoxe lendo o Diario de Pontevedra quedou claro que o concello non vai mover un dedo para rematar coa acampada na Vichona a pesares das moitas promesas feitas por parte da alcaldesa.
Paz Lago fixo as seguintes declaracións onde deixa clara a postura do grupo de goberno "Si existiese otra alternativa valoraríamos la opción de cambiarlos de sitio, pero, a día de hoy, esa opción no existe." e continua co seguinte "se trata de un grupo de personas que vienen a Sanxenxo a trabajar y en todos los ayuntamientos de la comarca los oranizadores de las fiestas facilitan un espacio para que los feriantes instalen sus viviendas".

Unha cousa esta clara, ao final Paz tivo que volver a salir a palestra xa que era moi evidente as súas ausencias de actos e a alcaldesa pasa de dar explicacións. E por outra banda unha cousa e dotar de espazos axeitados e outra metelos sin máis nunha finca, agora as festas de Portonovo remataron co cal a comisión de festas xa queda fora do tema e pasalle a pelota ao concello.


Pero neste mesmo diairo hai outra noticia que non ten desperdicio: a comisión de festas de Noalla e os comuneros van a solicitar cartos para arranxar o acceso a Igrexa. Pero vamos a ver, estamos en crise e en Noalla sobra onde invertir os cartos, hai moitos accesos a vivendas que estan en estado deporable pero claro a prioridade e arranxar un acceso dunha finca privada, porque o terreo do acceso e patrimonio da Igrexa e si eu quero ter unha bonita acera de pedra do país labrada que chege ata a porta de entrada a teño que pagar eu por moitas visitas que teña. Co cal vouno deixar moi claro: COS MEUS IMPOSTOS NON.

Solicitan 22.000 euros xa que a reforma custa 32.000 euros dos cales 6.000 euros os poría a comisión de festas e 3.000 os comuneros. E logo estamos en crise e iran chorar polas esquinas dicindo que a xente non colabora coas festas e demáis. Non me extraña.

Si a entrada resulta perigosa para a xente que acode a misa que fagan unha folga os veciños, que deixen de ir a misa e enseguida Santiago ao ver que non entran fondos manda reparar a acera en menos de nada, todo sea polo ben dos fieles.