viernes, 6 de agosto de 2010

Eu tamén quero unha terraza privada en Sanxenxo

A quen non lle gustaría ter unha terraza perfectamente cerrada e identificada en plena rúa dos Barcos en Sanxenxo con vistas ao mar?

Pois parece que este previlexio estalle permitido a algúns, montan un local de ocio e apropianse dun espazo público sin que o concello diga nin mu.

Na prensa pode lerse o seguinte: "David Otero, portavoz del BNG, exigió ayer en la Xerencia de Urbanismo que el Concello aplique la normativa a todos los establecimientos, negocios y particulares del municipio con el mismo criterio. Y es que Otero denuncia que un local de ocio nocturno, el antiguo Quijote, amplió sus instalaciones invadiendo la vía pública en unos 60 metros cuadrados, aproximadamente, con una estructura acristalada, cubierta y totalmente cerrada, “aumentando de forma evidente a superficie do devandito local, o que supón un incumprimento fragante da normativa urbanística e sen posibilidade algunha de ser legalizado”." (Diario de Arousa)

Tan lexos do concello non está como para que pase desapercibido e se alegue descoñecemento do caso. Pero si cola o tema cola. Estamos xa en pleno agosto e non vamos a fastidiarlle o chiringuito o empresario que acristalou esa terraza, creo que pensou que podia facer o mesmo que no porto deportivo. Pero non vamos molestar aos amiguitos non se vaian enfadar e nos cobren máis caras as copas no DUX.