domingo, 15 de agosto de 2010

Coalición Esperpéntica Turística de Sanxenxo


As festas patronais son típicas en calquer pobo ou aldea, ata moitas das chamadas festas gastronomicas ou de exaltación convirtense nun referente festivo dun pobo debido as numerosas edicións que se levan facendo.

E en Sanxenxo xa temos tamén outra tradición: a acampada na Vichona, xa que leva 6 anos facendose. E cada ano por estas datas atopamanos coas mesmas promesas de que para o ano non se van instalar na Vichona e ano tras ano volven, co cal este ano atopamonos xa coa "VI ACAMPADA NA VICHONA"

Pero parece que xa este ano vai ser a gota que rebose xa que se aveciñan accións revolucionarias por parte da AA VV da Adina como a de ofrecer espazos para que a xente acampe, acción que pode ter moito éxito xa que cada vez hai máis xente que escolle a acampada para pasar as vacacións " Este colectivo vecinal está dispuesto a crear un enlace en internet y un blog con el nombre “acampadasilegalessanxenxo.blogspot.com” en el que ofrecerán a todos los interesados los terrenos de la asociación de vecinos, con la finalidad de recaudar fondos para las fiestas locales que pretenden organizar a principios de mayo en la Praza de Adina, fechas en las que reservarán el solar por la coincidencia con la campaña electoral." (Diario de Arousa)

Pero a máis curiosa que presentan é a seguinte: "También están decididos a registrar las siglas C.E.T.S.(Coalición Esperpéntica Turística de Sanxenxo) para influir “de xeito determinante nas vindeiras eleccións municipais”, teniendo en cuenta además que con los grupos de la oposición alcanzaron el acuerdo de, en caso de ganar las elecciones, “eliminar de xeito inmediato a acampada ilegal de A Vichona, o mesmo que leva o actual grupo de goberno prometendo dende hai seis anos e que nunca cumpriu. Despois de seis anos de mentiras os veciños xa non creen na alcaldesa, se en seis anos non atoparon unha solución é evidente que esta pasa por un cambio de goberno municipal”" si buscan un nome máis axeitado seguro que non o atopan porque o que sucede últimamente no concello xa pasa de Esperpéntico, nin Valle Inclán atoparía mellor calificativo para definilo.

Estaremos moi atentos a estas iniciativas e as declaracións tanto da comisión de festas de Portonovo e da alcaldesa que sera o mesmo discurso do ano pasado.