miércoles, 4 de agosto de 2010

O custe das vidas das persoas.

Onte no Diario de Pontevedra podiamos ler como o presidente da Asociación de Veciños de Dorrón confirmaba que a asociación non foi invitada ao acto que se fixo na estrada de Dorrón a Bordóns e hoxe podemos ler máis información sobre o tema.

No Diario de Arousa podemos ler unha seria de taras que xa ten a nova carretera inda que se apresurasen a sacar a foto tendo os postes polo medio, tramos sen rematar, unións de calzadas perigosas, etcc...

"O BNG di que en Recarei tamén merece especial atención a baixada para Recarei de abaixo, onde un núcleo de 12 casas e máis de 40 veciños teñen que saír á estrada principal con grave problema de visibilidade, aumentando a pendente da subida e con un ancho na saída igual a que tiña antes, facendo de este punto en concreto moito máis perigoso por coincidir coa intersección do novo desvío. Rafael Louzán, a resposta por parte deste último foi clara dicindo que a Deputación non se responsabiliza da obra desta baixada, que era o concello de Sanxenxo quen tiña que facelo. A resposta da alcaldesa deixou entrever que a solución neste punto era excesivamente cara, mesmamente atrevéndose a cifralo en 26.000€. O certo é que a día de hoxe non teñen establecido conversas co propietario dos terreos necesarios para a mellora desta saída. A escusa do encarecemento vai ter que xustificala mellor xa que temos que recordarlle á señora González que fai uns meses a señora González inverteu case 70.000 euros no tramo dun camiño que non conduce a ningunha vivenda e asumindo os custes de asfaltado e de un muro de unha propiedade privada no lugar de Barreiro en Dorrón." (extracto sacado da web do BNG)


Agora resulta que arranxar un acceso duns veciños a unha carretara non se fai porque custa 26.000 euros.

Queda clara que para Catalina que a vida dos veciños de esa zona non custa nin 26.000 euros, en cambio si hai para pagar asfaltados en pistas que non dan a ningún nucleo de poboación como pode ser o de Barreiro por 70.000 euros ou a pavimentación do camiño que hai enfronte do Mesón o Vento por valor de 28.000 euros + ive.

Claro é mellor invertir eses cartos en pregóns e en sardiñas para os turistas que en medidas de seguridade vial para os veciños.

Tan so por dignidade e xa non digo por sentido común, esperemos que atopen eses 26.000 euros para garantir a seguridade viaria dos conductores, porque agardemos que non pase unha desgraza porque entón sobre a cabeza da Alcaldesa e de Tino pesaran eses 26.000 euros , porque aqui parece que nos acordamos de Santa Barbara cando trona non antes a pesares das advertencias que lles fixeron en varias ocasións.

Sigamos asfaltando pistas que van so a leiras e facendo muros privados sin ter porque, sigamos facendo gastos superfluos e sigamos sendo un concello que o único problema que ten agora é que este ano pican menos as fanecas co cal debe aforrarse moito en amoniaco e haber si así euro a euro acadamos os 26.000 euros.