Levo dende onte a noite dandolle voltas o porque da necesidade de sacarse premios das mangas como quen recolle patacas na leira.
Esta nova moda de inventar premios sin sentido non lle atopo sentido a non ser o sentido de lucimento perdoal durante un par de horas, un cacho na páxina dos xornais do día seguinte e a cena ou agape despois. E por máis que se me ocorren xustificacións o final chego a mesma conclusión: " necesidade de autoreafirmación e pago de favores". Antigamente os pagos de favores facianse regalando o mellor galo do galiñeiro, unhas botellas de viño ou unha panela de centolas ou do marisco da tempada. E para autoreafirmase iase a farmacia mercar a última novedade de Nivea ou empregabanse cataplasmas caseiros.
Pero como "Sanxenxo is diferent" aquí sacamos da manga os premios Sanxenxo 2010 no que según se pode ler na web de Sanxenxo "“Os premios Sanxenxo 2010 son concedidos para potenciar o traballo das asociacións a prol da cultura e a sociedade do noso concello”, señaló Agís, al tiempo que apuntó que además de las agrupaciones que reciben los galardones a la labor social y cultural “faime especial ilusión que este ano o premio de honra recaía en Don Xerardo Fernández Albor, porque a súa figura é un patrimonio de todos os galegos e polos seus lazos con Sanxenxo”."
Recoñecer a labor que fai o grupo Abiñadoira é de xusticia asi como entendo que tamén se lle conceda a Cáritas, pero a Xerardo F. Albor porqué? pois en Sanxenxo sobra a quen premiar e o máis importante que os de Sanxenxo nos sintamos identificados co premiado e xa non so eso que teña non lazos senón boas cordas con Sanxenxo, pero claro agora a moda no PP é pasear a Albor por tódolos recunchos de Galicia igualiño que facian con Fraga ata non hai moito. Pero no fondo ata son simpáticos porque din "este ano" claro sera porque o ano pasado non existia nada de esto e para o ano sera 2011 e haberaos ou non.
Pero claro institucionalizar uns premios de recoñecemento aos veciños onde o xurado fora un xurado neutral, conformado por persoas vinculadas a sociedade do municipio e onde os veciños presentasen candidaturas a galardonados, como se fan en moitos concellos, eso sería impensable en Sanxenxo porque eso implica que os galardonados son escollidos polo pobo e non premiar o amigo de turno.
E para exemplo temos as Cebolas de Ouros que nos primeiros anos se entregaban a veciños da vila recoñecendolles a súa labor e acabaron por ser uns premios totalmente alleos ao pobo, premiando a certos "amigos" e este ano premian a un home que si que o merece, pena, que o fagan a título póstumo, porque si que moitas xeracións de veciños identifican ao profe Hermida con Sanxenxo, non so os alumnos que tivo senón tamen os pais, os avos dos nenos, os que compartiron paseos polo monte, momentos nas charlas que daba ou emocións nas súas exposicións e sobretodo compartindo coñecemento e sabedoría, este profe si que coñecia Sanxenxo e disfrutaba do rural do concello, coñecendo a historia do mesmo mellor que os propios nativos.
Un home que seguro daría un pregón digno de Sanxenxo, un pregón co cal faria as festas cercanas ao pobo non como os últimos anos, e sobretodo o faría coa súa mellor intención e de maneira altruista.
Pero este ano o pregón vai ser dado por David Amor, o mesmo que non hai moito foi o presentador de Carolina Cerezuela, so que este ano como esta nun programa da tele estatal xa subeu de caché para dar o pregón. Seguro que coñecera máis Sanxenxo que outros pregoeiros e pregoeiros pero non se trata de facer algo mediático senón de facer algo identificativo.
As festas de Sanxenxo cada día alonxanse máis do espiritú do pobo e acercanse máis a un circo mediático. Para min o primer erro é chamarlle o día do turista ao 25 de agosto cando é do día de San Xenxo, o patrón, porque por moitos que lles doia recoñecelo pertencen a San Xenxo de Padriñán. Así como é tamén un erro facer alarde de obstentación este ano no que moitos veciños si sofren a crise pero sin embargo continuamos pagando por todo.
Que pena que moitos homes e mulleres nados en Sanxenxo ou de adopción non poidan deleitarnos cos seús coñecementos, ou as súas vivencias porque seguro que moitos nos gustaria escoitar aquelas historias de cando ian recoller as lilas a Silgar ou como nas festas de Santa Rosalía se apañaban para ir detrás das mozas despistando a escopeta de turno, e seguro que nos arrancarían milleiros de sonrisas e moitas lembrazas volverían as nosas mentes.
Pero como dícia o principio "Sanxenxo is different" e cando as cabeciñas non dan para máis mellor non esperar moito máis.
PD: so hai que ler a seguinte crónica e mirar a galería de fotos para darse conta que o tema dos premios foi do máis alleo ao pobo: http://www.elcorreogallego.es/verano/ecg/premio-sanxenxo-fernandez-albor/idEdicion-2010-08-21/idNoticia-581505/ , alguén despois de ler esto me pode dicir cantos sanxenxinos había na cea? porque sin ter en conta o grupo de goberno, a Folgada e o do Cets, e familiares dos primeiros non son quen de dícir un so nome. Para logo ter que ler que a entrada de Catalina foi castiza.