Hoxe as 12 do mediodía en plena hora punta e sendo xoves día de mercadillo en Baltar en Portonovo formabanse atascos debido a que a esa hora se estaba retirando o alumeado das festas.
Non tera o día horas suficientes como para ter que facelo as 12 da maña? Esta é a pregunta que se facian moitos hoxe, e inda por riba sin nadie que vixiase a circulación tal e como se pode ver na foto.
Por outra banda tamén me chegaron queixas do ostentoso que foi o alumeado, xa que si estamos en tempo de crise facer semellante ostentación supón cando menos un insulto. Porque ou moito se recaudan polos tenderetes do paseo, tema que comentarei nun días, ou moitos cartos se recaudan para as festas.