Para saber o que acontece arredor noso. O que sucede en Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga, Noalla, Nantes, Dorrón,Bordóns...
sábado, 28 de agosto de 2010
viernes, 27 de agosto de 2010
Amosando resultados
Hoxe:
O mércores:
Co sinxelo que é manter as cousas ben, pero seguiremos mostrando máis puntos do noso concello que necesitan unha pasada de desbrozadora.
jueves, 26 de agosto de 2010
CSI versión Sanxenxo
"Nauta Sanxenxo iza de nuevo la bandera azul del puerto tras solventar un escape puntual de hidrocarburos procedente de un barco
26.08.2010
La Bandera Azul del Puerto Deportivo Juan Carlos I ondea de nuevo en estas instalaciones públicas una vez que Nauta Sanxenxo, la empresa pública que gestiona estas instalaciones municipales, solventó ayer, en un breve espacio de tiempo, un vertido puntual de hidrocarburos procedente de uno de los barcos allí amarrados.
Y es que en el momento en el que fue detectada esta situación se puso en marcha un protocolo de actuación que incluyó la instalación de barreras y la utilización de productos dispersantes del escape.
La inmediata respuesta ante este incidente conllevó también la bajada preventiva de la bandera azul, que fue izada de nuevo al cabo de dos horas, momento en que se restableció la normalidad en la lámina de agua.
Sinalo en vermello o que a toda luces parece que o CSI tense que aplicar porque primeiro din que o verquido é dun barco e logo din que teñen que determinar o causante deste verquido, pero non era dun barco????
Pero hai que lembrar as obras que nos venderon no seu día para poder volver ter a bandeira azul, obras que custaron 138.610,20 euros sen Ive para a recollida e posterios tratamento de augas procedentes da limpeza e reparación de embarcacións no varadoiro tal e como se pode ler na seguinte resolución
Adxudicación a que se presentaron 3 empresas, obtendo as dúas perdedoras 0 puntos frente aos 2.97 de CCS. Para ver a resolución premer aqui............. resolución
Agora falta coñecer os resultados da investigación do CSI - Verquido e asi como publicitan que se esta investigando dean a coñecer o resultado da mesma non fagan como as investigacións da praia de Nanín que tódolos anos hai un verquido, este non podía ser menos, e nunca dan atopado o mal a pesares de ser de sobra coñecido. Claro que a veces dar nomes pode resultar ser contraproducentes e por iso mellor deixar todo no limbo da ignorancia.
Salvador esperemos que neste tema teñas algo máis de efectividade que no da Madama pois non sempre se pode estar de brazos cruzados mirando.
Vaia chapuzada.
Cada vez que escoito dicir " SANGENJO" chirrianme un pouco os oidos pero ter que ler a prohibición desta sinal xa é o último.
Agora en Dorrón, máis concretamente na baixada da praia de Area de Agra, os coches non poden baixar expceto "GARAGES", levo un cacho intentan descifrar esta nova palabra no codigo de circulación e non a atopo si miro na versión galega sería Garaxe se miro na castelán sería garaje . A non ser que a sinal fora traida de Reino Unido.
Non sei de quen foi a idea pero quedoulle a cabeciña descansada.
PD: perdoade a calidade da foto, pero debido a que era noite para que se vise debiase sacar con flahs de ahi os reflexos.
miércoles, 25 de agosto de 2010
Barrosa
martes, 24 de agosto de 2010
A Lanzada da pena.
E para mostra aqui estan as fotos, sacadas as 12 da maña , pero o máis curioso era ver nun tramo os montóns de algas xa secas e non eran estaban amontonadas de hoxe.
Claro que vendo o estado dalgún acceso as praias entendese o seu estado, xa que choveu a mares e as correntías foron numerosas, pero como se pode ter esto así?
domingo, 22 de agosto de 2010
A entrevista da semana
"P-La masiva presencia de turistas dejó basura en la calle, hubo cierres de agua, colapsos de tráfico.
R-Así es. Existe un problema de basura, soy conocedor de ello. Todo lo hemos vivido. Hubo un problema en la recogida de basura, y por eso, tenemos que buscar una solución y analizar la situación para que no vuelva a ocurrir de ninguna de las maneras en próximos veranos. Hubo sequía, y mejor cortar el agua a las duchas que a negocios y casas, aunque no gusta la medida."
Un problema? non, un problemon e menos mal que é coñecedor do tema porque os máis afectados da imaxe que se esta dando son os hoteis, pero claro como levantar a voz para protestas non vai ser que topemos pedras no camiño.
Buscar unha solución? a boas horas nos acordamos, porque hai que lembrar que Urbaser leva anos recollendo o lixo no concello e sabe como son os veráns, si inda fose unha empresa nova que levase dous meses co servizo podiase argumentar falta de experiencia, pero a Urbaser non.
Aquí a única solución posible é empezar a porlle nomes a cousas e a culpabilizar os verdadeiros culpables, que son os que non teñen capacidade para ordenar que Urbaser preste o servizo que se lle foi contratado, e estes son o grupo de goberno encabezado por Catalina. Pero a realidade é que quedaron totalmente desacreditados co númerito que armaron hai uns meses co contrato de basura que nin entre eles estiveron dacordo e agora si un di misa o outro polo outro lado repica.
O descredito é tal que a imaxe do concello da pena, pero sempre hai tempo para mirar para outro lado e tomarse uns pinchitos con algún premiado emulando unha mala copia de Porto Banus.
Por outra banda quero contar que veciños de Rial me dixeron que pasaran a rozar as herbas pero quedoulles atrás a zona onde se facia a denuncia, polo tanto vamos a dar a localización exacta por si luns ou martes pasan por ali.
Onde se leva 4 anos sin rozar e a maleza o esta invadindo todo e na zona que esta detrás do campo de fútbol, ali hai un camiño sin saida, pero a este paso máis que camiño será unha xungla. Esta zona antes coñeciase como Baltar pero hai un tempo denominaronna Rial.
E tamén de paso decirlle a Tino, que neste camiño había unha sinal que indicaba que este camiño non tiña saida pero dita sinal leva tempo tirada no chan co cal moitos turistas metense por el formando a veces máis atascos que na rotonda de Arnelas.
Pa próxima marcarei as coordenadas do sitio.
viernes, 20 de agosto de 2010
Sanxenxo 2010
Esta nova moda de inventar premios sin sentido non lle atopo sentido a non ser o sentido de lucimento perdoal durante un par de horas, un cacho na páxina dos xornais do día seguinte e a cena ou agape despois. E por máis que se me ocorren xustificacións o final chego a mesma conclusión: " necesidade de autoreafirmación e pago de favores". Antigamente os pagos de favores facianse regalando o mellor galo do galiñeiro, unhas botellas de viño ou unha panela de centolas ou do marisco da tempada. E para autoreafirmase iase a farmacia mercar a última novedade de Nivea ou empregabanse cataplasmas caseiros.
Pero como "Sanxenxo is diferent" aquí sacamos da manga os premios Sanxenxo 2010 no que según se pode ler na web de Sanxenxo "“Os premios Sanxenxo 2010 son concedidos para potenciar o traballo das asociacións a prol da cultura e a sociedade do noso concello”, señaló Agís, al tiempo que apuntó que además de las agrupaciones que reciben los galardones a la labor social y cultural “faime especial ilusión que este ano o premio de honra recaía en Don Xerardo Fernández Albor, porque a súa figura é un patrimonio de todos os galegos e polos seus lazos con Sanxenxo”."
Recoñecer a labor que fai o grupo Abiñadoira é de xusticia asi como entendo que tamén se lle conceda a Cáritas, pero a Xerardo F. Albor porqué? pois en Sanxenxo sobra a quen premiar e o máis importante que os de Sanxenxo nos sintamos identificados co premiado e xa non so eso que teña non lazos senón boas cordas con Sanxenxo, pero claro agora a moda no PP é pasear a Albor por tódolos recunchos de Galicia igualiño que facian con Fraga ata non hai moito. Pero no fondo ata son simpáticos porque din "este ano" claro sera porque o ano pasado non existia nada de esto e para o ano sera 2011 e haberaos ou non.
Pero claro institucionalizar uns premios de recoñecemento aos veciños onde o xurado fora un xurado neutral, conformado por persoas vinculadas a sociedade do municipio e onde os veciños presentasen candidaturas a galardonados, como se fan en moitos concellos, eso sería impensable en Sanxenxo porque eso implica que os galardonados son escollidos polo pobo e non premiar o amigo de turno.
E para exemplo temos as Cebolas de Ouros que nos primeiros anos se entregaban a veciños da vila recoñecendolles a súa labor e acabaron por ser uns premios totalmente alleos ao pobo, premiando a certos "amigos" e este ano premian a un home que si que o merece, pena, que o fagan a título póstumo, porque si que moitas xeracións de veciños identifican ao profe Hermida con Sanxenxo, non so os alumnos que tivo senón tamen os pais, os avos dos nenos, os que compartiron paseos polo monte, momentos nas charlas que daba ou emocións nas súas exposicións e sobretodo compartindo coñecemento e sabedoría, este profe si que coñecia Sanxenxo e disfrutaba do rural do concello, coñecendo a historia do mesmo mellor que os propios nativos.
Un home que seguro daría un pregón digno de Sanxenxo, un pregón co cal faria as festas cercanas ao pobo non como os últimos anos, e sobretodo o faría coa súa mellor intención e de maneira altruista.
Pero este ano o pregón vai ser dado por David Amor, o mesmo que non hai moito foi o presentador de Carolina Cerezuela, so que este ano como esta nun programa da tele estatal xa subeu de caché para dar o pregón. Seguro que coñecera máis Sanxenxo que outros pregoeiros e pregoeiros pero non se trata de facer algo mediático senón de facer algo identificativo.
As festas de Sanxenxo cada día alonxanse máis do espiritú do pobo e acercanse máis a un circo mediático. Para min o primer erro é chamarlle o día do turista ao 25 de agosto cando é do día de San Xenxo, o patrón, porque por moitos que lles doia recoñecelo pertencen a San Xenxo de Padriñán. Así como é tamén un erro facer alarde de obstentación este ano no que moitos veciños si sofren a crise pero sin embargo continuamos pagando por todo.
Que pena que moitos homes e mulleres nados en Sanxenxo ou de adopción non poidan deleitarnos cos seús coñecementos, ou as súas vivencias porque seguro que moitos nos gustaria escoitar aquelas historias de cando ian recoller as lilas a Silgar ou como nas festas de Santa Rosalía se apañaban para ir detrás das mozas despistando a escopeta de turno, e seguro que nos arrancarían milleiros de sonrisas e moitas lembrazas volverían as nosas mentes.
Pero como dícia o principio "Sanxenxo is different" e cando as cabeciñas non dan para máis mellor non esperar moito máis.
PD: so hai que ler a seguinte crónica e mirar a galería de fotos para darse conta que o tema dos premios foi do máis alleo ao pobo: http://www.elcorreogallego.es/verano/ecg/premio-sanxenxo-fernandez-albor/idEdicion-2010-08-21/idNoticia-581505/ , alguén despois de ler esto me pode dicir cantos sanxenxinos había na cea? porque sin ter en conta o grupo de goberno, a Folgada e o do Cets, e familiares dos primeiros non son quen de dícir un so nome. Para logo ter que ler que a entrada de Catalina foi castiza.
jueves, 19 de agosto de 2010
Madama
A quen se lle ocorre?
Turno de Rial.
Non hai que limpar so a fachada senón tamén o traseiro. E esta zona tamén require unha actuación urxente.
miércoles, 18 de agosto de 2010
Máis que Esperpéntico
Paz Lago fixo as seguintes declaracións onde deixa clara a postura do grupo de goberno "Si existiese otra alternativa valoraríamos la opción de cambiarlos de sitio, pero, a día de hoy, esa opción no existe." e continua co seguinte "se trata de un grupo de personas que vienen a Sanxenxo a trabajar y en todos los ayuntamientos de la comarca los oranizadores de las fiestas facilitan un espacio para que los feriantes instalen sus viviendas".
Unha cousa esta clara, ao final Paz tivo que volver a salir a palestra xa que era moi evidente as súas ausencias de actos e a alcaldesa pasa de dar explicacións. E por outra banda unha cousa e dotar de espazos axeitados e outra metelos sin máis nunha finca, agora as festas de Portonovo remataron co cal a comisión de festas xa queda fora do tema e pasalle a pelota ao concello.
Pero neste mesmo diairo hai outra noticia que non ten desperdicio: a comisión de festas de Noalla e os comuneros van a solicitar cartos para arranxar o acceso a Igrexa. Pero vamos a ver, estamos en crise e en Noalla sobra onde invertir os cartos, hai moitos accesos a vivendas que estan en estado deporable pero claro a prioridade e arranxar un acceso dunha finca privada, porque o terreo do acceso e patrimonio da Igrexa e si eu quero ter unha bonita acera de pedra do país labrada que chege ata a porta de entrada a teño que pagar eu por moitas visitas que teña. Co cal vouno deixar moi claro: COS MEUS IMPOSTOS NON.
Solicitan 22.000 euros xa que a reforma custa 32.000 euros dos cales 6.000 euros os poría a comisión de festas e 3.000 os comuneros. E logo estamos en crise e iran chorar polas esquinas dicindo que a xente non colabora coas festas e demáis. Non me extraña.
Si a entrada resulta perigosa para a xente que acode a misa que fagan unha folga os veciños, que deixen de ir a misa e enseguida Santiago ao ver que non entran fondos manda reparar a acera en menos de nada, todo sea polo ben dos fieles.
martes, 17 de agosto de 2010
Acampando
Houbo acordo? vamos ter acampadas libres polo concello?
lunes, 16 de agosto de 2010
Vivindo nos mundos de "Yupi"
A entrevista está en cor azul e os comentarios en vermello son meus.
" «No quiero pensar en intereses raros o zancadillas de cara a las locales»
Es una persona sensible, hábil y cercana a la ciudadanía. «Trabajadora hasta donde haga falta y luchadora», dice de sí misma. Siempre mira a los ojos cuando habla, y acumula en ellos 15 años de experiencia en el mundo de la política activa donde, aclara, «se aprende día a día». Es, sin duda alguna, y así se le reconoce en muchos sectores, uno de los valores femeninos del PP y una alcaldesa que ha sabido dar prestigio a la localidad clave del turismo en Galicia, por excelencia. El trabajo que ha llevado a cabo en los últimos años, sostiene, lo demuestra; así como sus grandes cualidades, además, lógicamente, del respaldo electoral con el que cuenta. Es una de las «fijas» en la lista de alcaldesas que posiblemente repitan mayoría para las próximas municipales. No piensa en enemigos a combatir. Le gustan las cosas claras y su prioridad son sus vecinos. Pensando en las municipales, ella está segura de sus posibilidades. Como mujer sabe lo que es compaginar la vida familiar y laboral y, al parecer, lo hace con una excelente nota. Los moradores se lo agradecen como votantes; los concomitantes y algunos no afines a las siglas populares. Cercana a cidadanía?? será os amigos porque co resto vai ser que non. E a defensa a ultranza da condición de muller queda moi ben por escrito nunha entrevista pero a realidade é moi distinta.
O que lea esta entrevista e non coñeza o que pasa en Sanxenxo pode creer que esta vendo a telenovela Cristal na que o final todos comen perdices porque para chegar a ser Dallas ou Dinastía os actores non chegan a ser máis que meros secundarios pero agardemos que este concello non sexa o que inspire a segunda parte de Corrupción en Miaimi ou que o CSI non teña que traballar investigando as puñaladas que dun bando a outro se lanzan día tras días porque na telenovela do PP local cada día se escriben novos capítulos ata que o final se dea nas eleccións do 2011 xa que inda non esta escrito.
domingo, 15 de agosto de 2010
Coalición Esperpéntica Turística de Sanxenxo
E en Sanxenxo xa temos tamén outra tradición: a acampada na Vichona, xa que leva 6 anos facendose. E cada ano por estas datas atopamanos coas mesmas promesas de que para o ano non se van instalar na Vichona e ano tras ano volven, co cal este ano atopamonos xa coa "VI ACAMPADA NA VICHONA"
Pero parece que xa este ano vai ser a gota que rebose xa que se aveciñan accións revolucionarias por parte da AA VV da Adina como a de ofrecer espazos para que a xente acampe, acción que pode ter moito éxito xa que cada vez hai máis xente que escolle a acampada para pasar as vacacións " Este colectivo vecinal está dispuesto a crear un enlace en internet y un blog con el nombre “acampadasilegalessanxenxo.blogspot.com” en el que ofrecerán a todos los interesados los terrenos de la asociación de vecinos, con la finalidad de recaudar fondos para las fiestas locales que pretenden organizar a principios de mayo en la Praza de Adina, fechas en las que reservarán el solar por la coincidencia con la campaña electoral." (Diario de Arousa)
Pero a máis curiosa que presentan é a seguinte: "También están decididos a registrar las siglas C.E.T.S.(Coalición Esperpéntica Turística de Sanxenxo) para influir “de xeito determinante nas vindeiras eleccións municipais”, teniendo en cuenta además que con los grupos de la oposición alcanzaron el acuerdo de, en caso de ganar las elecciones, “eliminar de xeito inmediato a acampada ilegal de A Vichona, o mesmo que leva o actual grupo de goberno prometendo dende hai seis anos e que nunca cumpriu. Despois de seis anos de mentiras os veciños xa non creen na alcaldesa, se en seis anos non atoparon unha solución é evidente que esta pasa por un cambio de goberno municipal”" si buscan un nome máis axeitado seguro que non o atopan porque o que sucede últimamente no concello xa pasa de Esperpéntico, nin Valle Inclán atoparía mellor calificativo para definilo.
Estaremos moi atentos a estas iniciativas e as declaracións tanto da comisión de festas de Portonovo e da alcaldesa que sera o mesmo discurso do ano pasado.
viernes, 13 de agosto de 2010
En Portonovo si e en Sanxenxo?
E en Sanxenxo tamén seguen os mesmos criterios? tamén miran que os que teñen licencia de cafetería non exerzan polas noites como pub?
Non fai falla ir tan lonxe, so hai que mirar preto do concello e asomar o fuciño polos alrededores. Locais que as 9 da maña che sirven un desaiuno e as 2 da madrugada so hai copas.
E por certo o local que invade a rúa foi inspeccionado xa para ver si cumple coa normativa?
Ultima hora: novo incendio en Sanxenxo
Incendio que a estas horas parece que esta controlado e o cal se desplazaron a lo menos 3 vehículos de bombeiros. Todo indica que a esta hora xa esta controlado.
Este incendio producese pegado a vía rapida do Salnes a poucos metros da saída de Sanxenxo en dirección a Noalla.
Este é o segundo incendio no que vai de mes, tan pronto teña máis datos os irei publicando.
Alevosía e premeditación
Revisando a nota de prensa que enviaron podese empezar a sacar as primeiras conclusións:
1. A convocatoria foi enviada en pleno agosto para que a repercusión mediática sexa menor, xa que este mes a maior parte de persoas se atopan de vacacións, sobre todo os traballadores da administración pública e o concello non é alleo a esta situación.
2. As prazas convocadas son 132 repartidas da seguinte forma: 7 corresponden a Xerencia Municipal de Urbanismo; 73 a O.A. Terra de Sanxenxo; 31 prazas de laborales libres e de consolidación de emprego, otras 3 de promoción interna de laborales e 18 de funcionarios no Concello das cales unha de carácter libre de Policía Local, 9 restrinxidas deste mesmo departamento e 8 de promoción interna das que unha é de oficial de la Policía Local, 3 da área de Servicios, 3 de administrativo e 1 de auxiliar administrativo.
Pois ben, hoxe vamos falar as que se refiren as de Policía Local, pois na convocatoria do 2007 ofertabanse 10 prazas de polícia Local e 1 de oficial.
Todo indica que esta convocatoria non cumpre coa Ley 4/2007, de 20 de abril, de Coordinación de Policías Locales de Galicia
E porque? Moitos dos policías que optan a estas prazas polo sistema de promoción interna levan traballando máis de 3 anos nesa praza. Na Disposición Adicional Segunda da lei que é a que recolle a integración dos vixiantes, auxiliares e interinos nos corpos da policía Local dase un prazo de 2 anos dende a entrada en vigor da Lei,entrando en vigor en maio do 2007 e finalizando o prazo en 2009
"DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA. Integración de los vigilantes y auxiliares de policía o interinos en los cuerpos de Policía local.
Los vigilantes y auxiliares de policía e interinos, con una antigüedad mínima en estos puestos de tres años continuados en la respectiva entidad local y que en el momento de la entrada en vigor de la presente Ley estén prestando servicios en el ayuntamiento de que se trate, se integrarán en el cuerpo de Policía local ya existente o en el que se cree, previa superación, en un plazo de dos años desde la entrada en vigor de la presente Ley y por un máximo de dos convocatorias, de un concurso-oposición con dispensa de los requisitos de edad y estatura. A la titulación exigida en dicho concurso se equipara la superación de un curso específico que a tal efecto impartirá la Academia Gallega de Seguridad Pública."
Polo tanto esta convocatoria poderíase declarar nula, cousa que se esta a estudar neste momento e supoño que os sindicatos do concello algo terán que dicir o respeto porque como di Salvador: " ahora tan sólo falta elaborar los temarios específicos de las convocatorias del personal laboral del Concello, Terra de Sanxenxo y Xerencia de Urbanismo, ya que las del resto de las plazas ya recibieron el visto bueno de los sindicatos. Para ello, la Administración local convocará el próximo mes de septiembre una mesa de negociación."
miércoles, 11 de agosto de 2010
A onde vamos?
martes, 10 de agosto de 2010
O Botellón consentido.
Ahora parece que o botellón se prohibe según onde se faga e quen o faga. Todos podemos ver como grupos de rapaces se reunen en Vicaño ou mesmo sempre hai un grupito de rapaces na porta traseira do concello bebendo en plena rúa.
O Botellón esta algo máis controlado en Portonovo pero que pasa en Sanxenxo? Pois para velo nada mellor que pasear unha noite polo centro da vila.
Este domingo a noite, sobre as 2 maña puiden comprobar como o local que se denunciou por carecer de licenza inda seguia aberto e coa sua terraza acristalada pero xa non é iso, senón que pasear pola rúa dos barcos a esa hora era imposible xa que a concentración de xente que se xunta ali e non precisamente a admirar a paisaxe senón que están bebendo na rúa e ambientados pola música que hai nos locais que co sonido que teñen escoitase en Ons polo menos. Pero claro a diferencia é que ahi o que se consume na rúa e servido nas barras dos locais non comprado no super de turno.
Agora parece que o botellón midese según onde se pille a bebida porque so hai que pasearse polo porto deportivo e ver como se bebe pola rúa e como a música a escoitas en Bueu. Claro que en un días saira a alcaldesa anunciando o peche dalgún local en Portonovo, pero os de Sanxenxo?
E podo dar numerosos exemplos de locais onde a maior parte da súa clientela esta bebendo na rúa e escoitando a música que se pincha dentro, claro que eso podese denominar " Botellón con clase" e claro ese non esta dentro da normativa aprobada.
En Sanxenxo queda claro que según o bolsillo do que bebe e onde pague pode estar facendo botellón ou simplemente xerando riqueza nos locais de ocio.
Xa me gustaria ver a moitos dos que vin o domingo paseandose cos vasos pola praza do mar sancionados e facendo servizos sociais para pagar as multas, que tal limpando un pouco as praias ou cortando a chea de silvas e maleza que invade o noso o concello.
Non me ladres que te caneo.
Paseando Catalina, Louzán, Hernández e demáis séquito por esta rúa os cans empezaron a ladrar e parece que a Catalina non lle sentou nada ben o tema, como se atreven a ladrarlle así os cans?
En Padriñan hai tempo que apareceron dous cans pequenos abandonados e os veciños de ali encariñaronse con eles e comenzaron a darlles de comer. E ese día estes cans xunto co resto dos cans ao paso da comitiva non pararon de ladrar.
Ao parecer o día seguinte deste feito a alcaldesa ordenou a empresa adxudicataria que se encarga de recoller os animais abandonados do concello que dese caza a estes cans.
Estiveron 3 días intentando atopar os cans e preguntando aos veciños pero ninguén sabia nada. Ata que conseguiron ver como unha veciña deixaba comida nunhas silveiras e ali viron que alí estaban os pratos da comida e da bebida dos cans.
Unha vez que acharon o escondite dos cans o persoal da empresa de moi malas formas e con moi malas palabras empezou a insultar aos veciños e a increpalos.
O venres os veciños a ver que o can non fora comer achegaronse ao escondite pensando que o can o final fora pillado pola empresa e levado ao centro de animais abandonados pero a sorpresa chegou cando se atoparon ali co can pequeno deitado e espumando e sangrando pola boca, o canciño estaba agonizando. Os veciños ao contemplar o estado do can creen que foi envenenado.
O can ao pouco tempo foi enterrado en Padriñan polos veciños e por iso os veciños desta zona están dacordo en que se retiren os cans que estan abandonados porque poder supoñer un perigo nas vías pero preguntanse que métodos hai para retirar estes cans da vía pública?
Hai que lembrar que o concello adxudicou a unha empresa a recollida e custodia de animais abandonados por un importe de 12.000 euros o cal a empresa ten que facerse cargo dos animais.
Por eso a pregunta que moitos se fan e eu mesma cando me relataron este suceso é a seguinte:
Si deron co escondite do can porque o can aparece agonizando en vez de ser transportado a unha canceira pola empresa que esta encargada desta labor?
Porque unha cousa queda clara, a empresa non cazou o can, pois os restos do can descansan en Padriñan, co cal si despois de 3 días de busca e unha vez localizado o escondite non dan pillado a un can que non levanta nin medio palmo do chan que faran o día que se atopen cun can de maior embergadura e "perigoso"?
E todo porque os pobres cans mostraron o seu desacordo coa comitiva que alí pasaba, os pobres xa non poden gozar de liberdade de expresión canina e de ladrar cando cren que deben facelo.
lunes, 9 de agosto de 2010
A axenda da semana
Ao final o lavadoiro que denunciamos hai unhas semanas que estaba sen limpar foi limpo.
Pero nesta seguinte foto podemos comprobar como os camiños de Bordóns seguen invadidos de silvas, pero non vou dicir que camiño é, xa que así cun chisco de sorte ata dar co da foto limparan de paso os colindantes.
sábado, 7 de agosto de 2010
Incendio en Sanxenxo
Arderon bastantes eucaliptos e a esta hora según me indican o lume está contralado.
Os poucos montes que quedan en Sanxenxo atopanse en condicións lamentables, cheos de maleza, sin limpar condición ideal para que o lume actue.
A este incendio acudiu un helipcotero con bolsa de auga para axudar o lume o cal fixo varios viaxes.
Estas son as primeiras fotos que me envian veciños que viron a columna de fume do incendio que cubriu toda a zona da Vichona debido a dirección na que sopraba o vento.
viernes, 6 de agosto de 2010
Eu tamén quero unha terraza privada en Sanxenxo
Pois parece que este previlexio estalle permitido a algúns, montan un local de ocio e apropianse dun espazo público sin que o concello diga nin mu.
Na prensa pode lerse o seguinte: "David Otero, portavoz del BNG, exigió ayer en la Xerencia de Urbanismo que el Concello aplique la normativa a todos los establecimientos, negocios y particulares del municipio con el mismo criterio. Y es que Otero denuncia que un local de ocio nocturno, el antiguo Quijote, amplió sus instalaciones invadiendo la vía pública en unos 60 metros cuadrados, aproximadamente, con una estructura acristalada, cubierta y totalmente cerrada, “aumentando de forma evidente a superficie do devandito local, o que supón un incumprimento fragante da normativa urbanística e sen posibilidade algunha de ser legalizado”." (Diario de Arousa)
Tan lexos do concello non está como para que pase desapercibido e se alegue descoñecemento do caso. Pero si cola o tema cola. Estamos xa en pleno agosto e non vamos a fastidiarlle o chiringuito o empresario que acristalou esa terraza, creo que pensou que podia facer o mesmo que no porto deportivo. Pero non vamos molestar aos amiguitos non se vaian enfadar e nos cobren máis caras as copas no DUX.
Avispeiro en Vilalonga
Os veciños queixanse de que cada vez que van tirar o lixo saen con picaduras e para que poidamos ver o tamaño das avespas envian estas fotos, dicen que son de tamaño considerable e que teñen a rabia, xa que as picaduras son moi dolorosas.
Pero a que é debido esto? pois sinxelamente a falta de limpeza dos contenedores, e o lixo que se acumulan neles é o campo idóneo para que se asenten as avespas.
Inda que o concello se adica agora a fumigar o contenedor con pouco éxito hai que limpar antes, porque as avespas non se crian nun día nin en dous, así que un pouco de auga e xabón non estaria nada mal nos contenedores do rural do concello.
E así relatan as queixas os veciños do lugar na TVG
Inda que este non é o único caso de bichos que atopamos no concello, e non me refiro precisamente ao circo que teñen alguns montado senón a invasión de formigas que hai por todo o paseo de Baltar, sobretodo na zona das casetas que hai montadas.
As plagas parecen que empezan a profilerar por todo o concello e os únicos que pagan as consecuencias son os veciños que sufren as picaduras destes bechos e todo por non esixir un mínimo de limpeza tanto dos contenedores como das rúas.
Os "críticos" non van a Cope
O que dou conta do que pasa en Sanxenxo a parte da alcaldesa foi SALVADOR, si, o concelleiro de persoal, pero claro falando de Nauta e da cantidade de xeados e refrescos que estan vendendo este ano.
Esta máis que claro a ruptura dentro do grupo do partido popular que agora ata se pisan as competencias uns aos outros, non vaian falar algúns de máis e deixar aos outros en evidencia. Por iso cando un veciño vai falar con algún destes concelleiros sobre todo co do sector crítico a resposta máis habitual é: "Teño as mans atadas, non podo facer nada".
Non me estrana que cada día cobre máis forza o rumor de que despois do verán haberá reestructuración dentro do equipo de goberno, e si temos en conta de que se fala de cambiar o encargado de persoal para urbanismo, que cacho da tarta lles vai quedar os críticos?
jueves, 5 de agosto de 2010
Inoperancia ou pasotismo?
miércoles, 4 de agosto de 2010
O custe das vidas das persoas.
No Diario de Arousa podemos ler unha seria de taras que xa ten a nova carretera inda que se apresurasen a sacar a foto tendo os postes polo medio, tramos sen rematar, unións de calzadas perigosas, etcc...
Agora resulta que arranxar un acceso duns veciños a unha carretara non se fai porque custa 26.000 euros.
Queda clara que para Catalina que a vida dos veciños de esa zona non custa nin 26.000 euros, en cambio si hai para pagar asfaltados en pistas que non dan a ningún nucleo de poboación como pode ser o de Barreiro por 70.000 euros ou a pavimentación do camiño que hai enfronte do Mesón o Vento por valor de 28.000 euros + ive.
Claro é mellor invertir eses cartos en pregóns e en sardiñas para os turistas que en medidas de seguridade vial para os veciños.
Tan so por dignidade e xa non digo por sentido común, esperemos que atopen eses 26.000 euros para garantir a seguridade viaria dos conductores, porque agardemos que non pase unha desgraza porque entón sobre a cabeza da Alcaldesa e de Tino pesaran eses 26.000 euros , porque aqui parece que nos acordamos de Santa Barbara cando trona non antes a pesares das advertencias que lles fixeron en varias ocasións.
Sigamos asfaltando pistas que van so a leiras e facendo muros privados sin ter porque, sigamos facendo gastos superfluos e sigamos sendo un concello que o único problema que ten agora é que este ano pican menos as fanecas co cal debe aforrarse moito en amoniaco e haber si así euro a euro acadamos os 26.000 euros.
martes, 3 de agosto de 2010
Verde que temos verde de sobra
A primeira foto tratase do novo tratamento para mellorar a circulación sanguinea mentras paseas polas aceras de Sanxenxo. Nada mellor para activar dita circulación que unhas fregas de silvas nas pernas, os efectos que produce dito tratamento son tan beneficiosos que ata fai baixar a media de tempo que che leva a camiñata diaria.
PD.: a fragoneta segue co cartel de venta, ou menos o cartel inda o ten pegado, sinal que inda non foi sancionada, faise a vista gorda?
lunes, 2 de agosto de 2010
Vamos a peor.
Estas fotos están sacadas hoxe a maña e como se pode comprobar a día 2 de agosto dedicanse a pintar o murallón do paseo de Silgar.
Si en xullo se adicaron a pintar os bancos e os pasos de peóns suponse que en setembro pintaran as farolas?
Pero como se pode estar facendo este tipo de chapuzas en plena tempada alta de turismo? Simplemente PATETICO.
Esto debia estar feito hai moito tempo, non a última hora a presa e correndo.
Pero non so iba a ser Silgar, xa que hoxe tamén pintaron os bancos de Caneliñas como se pode ver nas seguintes fotos:
domingo, 1 de agosto de 2010
A burbulla inflada da política.
O segundo artigo leva o título de "Sanxenxo e os seus escombros" e comenza co seguinte parágrafo:
"Ante el mirador de Palacios, poco antes de entrar al centro urbano de Sanxenxo, se despliega una bonita panorámica de la ría de Pontevedra que no tarda en perderse de vista tras los primeros edificios. No hace mucho, mirando desde allí hacia el interior, resultaba difícil llevar la cuenta de las grúas de obra que atestaban el perfil costero de la localidad. Hoy pueden contarse con los dedos de una mano. Son las luces que se van apagando con el fin de fiesta del bum inmobiliario, un fenómeno que el Ayuntamiento pontevedrés llevó al límite en la última década y que ha dejado tras de sí un rastro de desempleo y persianas bajadas en el sector local de la construcción, acompañado de la práctica desaparición de los últimos restos de actividad pesquera y agrícola."
E no cal vou facer mención a unha frase que se di no artigo é que resume moi ben a realidade de Sanxenxo: "Algunos venden verduras cultivadas en Sanxenxo. Una pequeña heroicidad donde el valor de la tierra se mide en alturas permitidas"
Para ler o artigo completo preme aqui .......... Sanxenxo e os seus escombros