Moitos me preguntachedes polos datos do contencioso que saiu na prensa e aqui vos deixo os datos que hai o respeto:
“ Recibese escrito enviado pola Secretaría do Xulgado do Contencioso - Administrativo núm UN de Pontevedra indicando que , en cumprimento do acordado polo Xulgado, e admitido a trámite o recurso contencioso - administrativo interposto pola" Mercantil SUPERMERCADOS CHAMPIÓN, S.A." contra o concello de Sanxenxo, no xulgado Nº 1 de Pontevedra, contra unha falta de execución polo concello de Sanxenxo dunha resolución dictada pola Sra. Alcaldesa no 2008, en relación ás liquidacions polo concepto do Imposto sobre o incremento do Valor dos terreos de Naturaleza urbana, satisfeitos polo recurrente, e solicitando se ordene a execución da resolución anterior , e en consecuencia, procedase a devolver o importe de 100.312,02 € que resulta da combinación de catro acordos adoptados na mesma, así como os xuros de demora correspondentes; reclama o devandito expediente e emplazando a Corporación no proceso Contencioso; que se celebrará a vista o vindeiro 8 de febreiro de 2010 ás 13 horas.
A xunta de goberno local, por unanimidade, á vista dos antecedentes obxecto da reclamación, considera que o máis razoable e non persoarse no procedemento, e pola contra satisfacer a parte demandada as cantidades reclamadas antes da data de celebración do xuízo."
Este son os datos que hai sobre o contencioso interposto por esa empresa ao concello e o cal acepta que a empresa leva razón na súa demanda e polo tanto antes de ir a xuízo mellor pagar que igual logo hai que pagar as costas do procedemento.
En total máis de 100.000 euros.