miércoles, 2 de diciembre de 2009

Ata que haxa unha desgraza

Hai tempo que se fala da perigosidade da estrada que transcurre por Dorrón e neste blog incluso se colgou un vídeo da Tvg onde os veciños se queixaban pola alta cifra de accidentes que se producen nela.

Pois ben a día de hoxe non se fixo nada para mellorar esa situación a pesares do anuncio de facer un informe, a cruda realidade e que día si día tamén se producen algún accidente, saidas de vía, etc...

No que vai de semana xa se produciron máis de 6 incidentes, sendo o último hoxe a tarde e por sorte sin consecuencias graves. O concello non pode facer a vista gorda pois moitos destes casos foron denunciados no concello.

Non agardemos a que se produzca unha morte para darse conta da necesidade do arranxo desa estrada. A responsabilidade do grupo de goberno é velar pola seguridade dos veciños e polo estado das súas infraestructuras e axilizar, reparar e poñer os medios necesarios para correxir esta situación.

Por eso mesmo: NON MAIS MORTES NA CARRETERA. SEGURIDADE VIAL XA.