Estes días estiveron saindo na prensa diversas informacións sobre a situación da subestación de Fenosa en Vilalonga e o seu traslado.
Pero o que máis me abraia de todo é o mutismo que estan tendo os colectivos de Vilalonga, sobre todo CODESEVI, parece que o tema non vai con eles, cando hai meses tamén dician en prensa que querian dito traslado.
Pero para escandalo é ter que ler na prensa que nunha comisión de industria o secretario xeral de Industria di que non pensan trasladala, vamos que nin se preocupan en mirar a viabilidade do tema,vamos nin que negociar con Fenosa, agora Gas Natural, fose como mandalos a guerra de Irak.
Pero tamén hai algo que me preocupa e que escotei varias veces estes días e por fontes distintas, moitos se preguntan porque a Xunta de Compensación do parque empresarial están calados, pois sabendo que para que o parque funcione necesita corrente ou ¿non será que si a subestación de Vilalonga se amplia igual non se fai a do poligono? Explicome, ampliar a de Vilalonga significa consolidar dita subestación.
Fenosa ten todos os permisos para empezar a facer unha no polígono que debe ser pagada pola Xunta de Compensación e o concello cedelle os terreos durante 100 anos. Pero si xa no tema do enlace coa autovía os da Xunta de Compensación pagaron unha mínima parte ¿quen pode dicir que ampliando a de Vilalonga non sexa suficiente e así aforrar ese custe? xa se sabe que "Cando o río sona, auga leva"
O traslado da de Vilalonga suporía que a de Nantes se comenzase canto antes, inda que o traslado se fixese nun prazo de 2 -4 anos pero o menos dotariase dunha subestación moderna e non se teria unha obsoleta e con perigo de incendiarse cada vez que hai un pouco de temporal, que para mostra o que aconteceu hai 10 días, por moito que algúns o intentasen ocultar.
Por outra banda o mutismo das concelleiras do PP da parroquia da Vilalonga é sorprendente xa que hai uns meses sain arremetendo na prensa que eso xa o tiñan en estudo e agora demostrase que o seu propio partido lles deu de lado xa que no pleno de Sanxenxo din unha cousa e en Santiago o mesmo partido di outra. Pero xa terei outro momento para comentar algún detalliño máis.
Pero sigo pensando o mesmo que moita xente: TRASLADO XA.