jueves, 3 de diciembre de 2009

TRASLADO XA

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG






Dende este blog tamén me sumo a petición de traslado da subestación de Vilalonga e de dar a coñecer a iniciativa de recollida de firmas que se esta levando a cabo sobretodo na vila de Vilalonga por onde se repartiron follas para poder firmar.

Hoxe podíamos ler na prensa que esa subestación se vai ampliar como se pode ler na Voz de Galicia e na web do BNG onde se fai referencia ao DOGA no que sae aprobada a ampliación de dita subestación.

O traslado vaise debater próximamente no parlamento galego polo tanto canta máis presión se faga mellor e si os veciños queren e se unen poden conseguilo pois noutras vilas xa se fixo e aquí tamén se debe.

Todo aquel que queira firmar pode acercarse aos distintos comercios de Vilalonga, aos membros da directiva da AA.VV de Vilalonga ou os integrantes do BNG e lles facilitaran un impreso.

Eu xa o fixen esta tarde, non vou dicir onde, pero vai sendo hora que se vexa o movemento colectivo porque xa se sabe que : A UNION FAI A FORZA.

Maña xa falarei máis detenidamente deste tema no artigo do Aturuxo, da necesidade do traslado e da oportunidade que se brinda para elo coa construcción da nova subestación no polígono de Nantes.

Por iso eu tamén se sumo o lema: SUBESTACION FORA XA!!!!