viernes, 18 de diciembre de 2009

Época de Nadal

Estamos a 18 de decembro e suponse que é Nadal, pero debe selo en tódolos concellos menos en Sanxenxo, xa que ata hoxe a noite non pensan encender o alumeado navideño mentras dende a semana pasada ías a Meaño, ao Grove, Poio, Cambados, … e si respirabas ese ambiente, as rúas iluminadas, as panxoliñas soando nos comercios ou mesmo na rúa e nas tendas xente mercando.
Pero vas por Sanxenxo e ves a mesma tristeza de hai un mes polas rúas, as tendas vacias e as rúas solitarias e tristes. O Nadal é unha época consumista e hai estudos que confirman que a xente compra máis en Nadal cando o ambiente invita a gozar do Nadal. En Sanxenxo moito estudo de marketing pero pouca inversión no resto, xa que moito falar de austeridade e contención do gasto no alumeado do Nadal pero noutros sectores seguen mantendo os gastos.

Tamén hai que dicir que por outra banda nin a asociación de comerciantes e a de hoteleiros mostran a súa disconformidade co que esta sucedendo, non se pronuncian. Polo tanto seguiremos sendo o concello da comarca máis triste do Nadal,......

Para seguir lendo o resto do artigo do Aturuxo preme aquí....