lunes, 21 de diciembre de 2009

¿Austeridade ou compra de vontades?


O sabado podiamos ler no Faro de Vigo como os declarados como "Foro Popular" acusaban a Louzán de facer "política aldeana", sempre se dixo que a política do PP era esa xunto coa política do chapapote e non sei de que tanto se extrañan, xa que moitos deles foron complices desa política.

Pero como estamos en Nadal e para que nada amargue estas datas a alcaldesa invitar a prensa, a xornalistas e fotografos, a unha comida o día 29 onde entre pincho e pincho e copita a alcaldesa poderá intercambiar as súas impresions. E así que estes días se fale do ben que vai Sanxenxo, do ben que se vive aquí e do ben que gorbernan. Pero o que nos gustaría saber a moitos veciños é como se vai pagar a comida coa prensa : ¿a conta dos gastos de protocolo do concello?, ¿como se paga?, pois ese gasto ben se podía eliminar igual que eliminaron o da cea do persoal do concello, o que vai paga a súa. E ¿o custe da mesma?

Inda que para pincho o que hai hoxe as 9 co "xefe", e dícir, Louzán, na sede do PP cos do PP. E logo falan de austeridade. Hai moito tempo que escoito que non hai nada mellor que os estomagos agradecidos e cada día temos exemplos, e cando deixan de ser agradecidos pois montan un Foro.

A realidade é que cada día as cifras do paro aumentan en Sanxenxo e segue sin facerse unha política de emprego, xa bastante teñen con manterse eles como para preocuparse do resto.
Logo gabamos os servizos sociais do concello pero olvidamos que Caritas do Grove esta axudando a moitas familias de Sanxenxo entregandolles comida e vos sorprenderiades do número que hai en cada parroquia que estan recibindo esa axuda.
Sei que me chamaredes populista, que fago demagoxia pero a realidade é que cada día máis veciños de Sanxenxo custalles chegar a fin de mes, mentras a alcaldesa vai de pinchos, vai de comidas ao Ritz coas Vilas mariñeiras case cada mes e aumentan os contenciosos e os gastos que elo supón.