sábado, 5 de diciembre de 2009

Improvisación

Hoxe queda patente a improvisación que teñen os orzamentos 2010 do concello xa que se aprobaron o luns e hoxe xa topamos que os estan cambiando.

Tiñen previsto acometer as obras na cidade deportiva de Sanxenxo e agora saen anunciando que cambian dito investimento por dotar o campo de fútbol de Baltar de herba artificial, investimento que vai a correr a cargo da diputación para non variar.

Teñen que aforrar sexa como sexa é que mellor que anular un proxecto que tiñan orzamentado en 400.000 euros por outro que lles vai custar 125.000 euros xa que o importe restante o poria a diputación. Pero o máis significativo é o seguinte: "ya que ello permitirá su pronta ejecución, mientras que la misma cantidad en la Ciudad Deportiva sólo “alcanzaría para hacer los muros de contención”. Diario de Arousa" vamos que xa empezan a recoñecer que o unico que fan son obras a cachos e pagar proxecto xa que non dotan a ningun investimento coa cantidade suficiente para levalo a cabo.

"La alcaldesa de Sanxenxo dejó claro que se trata de una instalación municipal y que la reforma de la misma resulta urgente debido al “pésimo estado no que se encontra. É vergonzo que os rapaces teñan que estar xogando naquel terreno”. En este sentido animó a los clubs a que sigan realizando el mismo trabajo de motivación a los más pequeños para que practiquen deporte, “unha actividade moi positiva, sobre todo nos tempos que corren, e na que nos temos que implicar todos" Por unha vez vou estar dacordo con estas declaracións, xa que o estado no que se atopa este campo é penoso pero que tivera que firmar un convenio coa diputación para darse conta é patético.

O que me queda claro é que este equipo de goberno non cree nin nos seus propios orzamentos.