Hoxe podería estar escribindo sobre os orzamentos do 2010, sobre a escaseza de investimentos, os altos gastos e custes que ten o concello de Sanxenxo, pero tendo coñecemento da última nova non podo deixar de escribir sobre que Fenosa vai ampliar a Subestación de Vilalonga.
Pois si, como se pode ler na prensa Fenosa pensa ampliar dita subestación en vez de intentar sacala do centro da vila dánselle os permisos de ampliación. Así saíu publicado no DOGA e o comezo das obras é inminente; por iso como o pobo non se una vai ter subestación para outros 50 anos máis, pois ditas obras supoñen a consolidación de desta subestación.
O máis irónico disto é que Fenosa ten que facer unha nova no polígono de Nantes para subministrar ás empresas que alí se instalen e incluso dar servizo máis aló do propio polígono. Subestación que se vai facer en terreos municipais cedidos durante 100 anos. Mentres teremos en menos de 3 km dúas subestacións eléctricas.
Imos ver: os veciños de Vilalonga pagan o recibo da luz como calquera outro veciño, as liñas de alta tensión que van ao Grove foron soterradas porque, sobre todo na Lanzada, producían un gran impacto medioambiental. Sen embargo esas mesmas liñas son as que cruzan Vilalonga e non contemplan soterralas a pesares de estar pegadas a vivendas e por moito que digan causan malestar aos veciños. Pero claro, paguemos os recibos da luz, os impostos,etc....... preme aquí para seguir lendo