Para saber o que acontece arredor noso. O que sucede en Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga, Noalla, Nantes, Dorrón,Bordóns...
jueves, 31 de diciembre de 2009
miércoles, 30 de diciembre de 2009
Resumo do feito en 2009
Falta un día para rematar o 2009 e por iso vamos ver dos investimentos que tiñan previsto para este ano cales foron executados e cales non:
Parte dos investimentos corresponden a pagos de anualidades como son os items: 2,27,28, 34.
O plan director non se comenzou a executar e sobre o plan director falarei nuns días xa que merece un capitulo aparte.
E en resumo as obras que se fixeron foron case todas do plan E.
1 | Subvención Igrexa Noalla | Si |
2 | Casa Concello | Si |
3 | Interruptores diferenciais | Suponse que si |
4 | Plan Director | NON |
5 | Investimentos varios | Suponse que si |
6 | Gardería Revel | NON |
7 | Plan Director | NON |
8 | Estudo Xeotécnico gardería | NON |
9 | Centro sociocultural Revel | NON |
10 | Estudo Xeotécnico centro sociocultural | ¿? |
11 | Terrenos PEI 17 | ¿? |
12 | Liñas de baixa tensión e alumeado Carabuxeira | SI |
13 | Instalación alumeado público parroquia de Nantes | SI |
14 | Praza da Adina | SI |
15 | Plan Director | NON |
16 | Mellora de áreas infantis | SI |
17 | Plan Director abastecemento e saneamento | NON |
18 | Aportación concello plan director | ¿? |
19 | Colector de pluviais en Salgueira – Vilalonga | SI |
20 | Recollida de pluviais en Carabuxeira – Padriñan | SI |
21 | Colector Pluviais en Vilar – Vilalonga | SI |
22 | Contenedores soterrados | ¿? |
23 | 32nichos funerarios cemiterio de Dorrón | SI |
24 | Mellora edificio sociocultural Vilalonga | SI |
25 | Rehabilitación casa cultura Bordóns | SI |
26 | Cidade deportiva | NON |
27 | Campo fútbol Noalla | SI |
28 | Campo fútbol Vilalonga | SI |
29 | Reforma pavillón Baltar | SI |
30 | Arranxos pazo de Quintáns | NON |
31 | Pavimentación de vial en Contumil | SI |
32 | Pavimentación da rúa Coruña | SI |
33 | Reposición firme e servizos rúa Rosalía de Castro/Vigo | SI |
34 | Humanización Portonovo | SI |
35 | Plan Director | NON |
36 | Pavimentación vial en Piñeiros – Vilalonga | SI |
37 | Pavimentación vial en Gondar- Vilalonga | SI |
38 | Pavimentación vial en Dadín – Vilalonga | SI |
39 | Pavimentación vial en Seixal – Padriñan | SI |
40 | Ensanche de vial en Lagarei – Vilalonga | SI |
41 | Pavimentación vial en Sear – Bordoóns | SI |
42 | Limpeza cunetas Nantes | Suponse que si |
43 | Plan Director | NON |
44 | Pavimentación Catadoiro – Paxariña e outros | ¿? |
45 | Colector pluviais e pavimentación en Lagarei | SI |
46 | Auga e pavimentación en Dadín- Nantes | SI |
47 | Pavimentación viais en A Granxa – Dorrón | SI |
48 | Pavimentación viais en Costa e Magaláns – Dorrón | SI |
49 | Acondicionamento acceso núcleo Nantes | SI |
50 | Pavimentación e canalización servizos núcleo Bordóns | SI |
51 | Paso de peóns elevados | SI |
52 | Ensanche e pavimentación vial en Barreiro – Dorrón | SI |
53 | Saneamento e pavimentación en Miraflores | SI |
54 | Acondicionamento estrada as canteiras – igrexa – Noalla | SI |
55 | Servizos urbanos e pavimentación en Baltar – Adina | SI |
56 | Diferencia enlace vía rápida | SI |
57 | Mellora estrada Bordóns – Nanín | ¿? |
58 | Marquesiñas para bus | SI |
59 | Reforma mercado abastos Vilalonga | SI |
60 | Abastecemento de auga e pavimentación en Aldariz – Bordons | SI |
|
| |
Investimentos en Azul: Feitos polo Concello
Investimentos en Vermello: Plan E
Investimentos en Verde: outras administracións
Agora habera que esperar a ver a liquidación do 2009 para poder saber si aquelas partidas na que non se sabe o seu estado foron executadas ou non.
E si non chega a ver o Plan E ¿que se houbera feito neste concello?
martes, 29 de diciembre de 2009
Outro canto ao Sol
Seguimos a voltas coa casa de cultura de Dorrón xa que agora a alcaldesa sorprendenos co seguinte: " El Gobierno local estudia ubicar la nueva Casa de Cultura de Dorrón en una parcela de titularidad pública situada en el Suelo Urbanizable nº 1, entre los lugares de Os Cotos y A Granxa. Así lo aseguró la alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González.
“Pensando na posibilidade de que os terreos adquiridos no entorno do CEIP Magaláns sexan necesarios na súa totalidade para a ampliación do colexio, barallamos a posibilidade de construír a Casa de Cultura neste emprazamento”, señaló la regidora, quien destacó que esta parcela cuenta con unos accesos “inmejorables”, una panorámica “espectacular” y una amplia zona de aparcamiento." Así o dixo na visita que fixo hoxe a maña o SU1 como se pode ver na foto sacada da web do concello.
Unha vez queda demostrada a incapacidade e a improvisación deste goberno, xa que estes días Tino dícia que se ia facer xunto o colexio de Magaláns, nos terreos que sobrasen da ampliación do colexio e agora resulta que o mellor non sobran terreos e a facemos na Granxa e agora Catalina di que mellor no SU1.
O seguinte é saber a opinión dos veciños xa que habera zonas que queden un pouco alonxadas, dando a sensación de que se alonxan os servizos en vez de acercalos como poden ser Rexenxo, Freixeiro, Recarei, Barreiro, Outeiro ... e sin poder obviar que habera quen pense que se fai a casa de cultura nunha zona residencial de segunda vivenda, porque cos precios que se baraxan non creo que moitos veciños de Dorrón poidan mercar ali, e por moi espectaculares que sexan as vistas, o que esta claro e que aparcamento vai a ver de sobra no inverno, neso ten razón a alcaldesa, outra cousa sera no verán.
Este non vai ser o último capítulo a escribir sobre esta casa xa que se vai facer cos fondos ZP e para eso so hai un ano: recepcionar os terreos municipais, facer o proxecto, facer a obra, ... seguiremos agardando.
sábado, 26 de diciembre de 2009
Dorrón recibe o seu agasallo
Hai uns días Tino anunciaba a bombo e a platillo que " un estudo encargado pola Xunta De Galicia a unha empresa especializada e independente descarta que as condicións do pavimento sexan as causantes da siniestralidade da PO-308" entón agora agardan a que a xefatura de tráfico diga as posibles causas. Para logo vir Salvador anunciando que se van a tomar medidas nunha próxima reunión pero o que non contan é que xa é casualidade que proteccion civil, tráfico e unha brigada da Xunta estiveran limpando o asfalto e un dos motivos é porque o asfalto esta esbaradizo. Entón que me expliquen si o asfalto ¿ten que ver ou non?
Todos pasamos por esa carretera moitas veces e coñecemos como esta a curva dende o que esta "peraltada ao reves" ata os regos de auga que a cruzan cando chove ou o estado do asfalto.
Pero o que se olvidaron de contarnos foi que o día 22 a aa. vv. de Dorrón tivo a visita de Touris durante hora e media, ah claro, como ian sabelo se ningún do grupo municipal estaba convidado. Antes cando viña alguén do goberno a calquer evento era acompañado por alguén do goberno pero agora ven o superdelegado e non vai ninguén, vamos agora puntease o concello e a alcaldesa descaradamente, si primeiro foi CODESEVI agora son os de Dorrón. E para iso que a alcaldesa e o superdelegado son do mesmo partido. E agora xa non é a culpa do Bipartito, acabaronse as excusas.
A consecuencia de todo isto é que dende o concello se apuran a adiantar as conclusións dun estudo para non revelar nada nin que os veciños vexan solución a un tema tan grave como son os numerosos accidentes que se producen nese treito.
Eso si, deixan claro que por velocidade non é xa que dende o concello se encargan de ter o radar a miúdo ¿seguridade ou recaudación? Oxala que os "Reis " se porten mellor e as solucións sexan reais e non simples deduccións para encher un trozo dos xornais.
jueves, 24 de diciembre de 2009
Sanxenxo en Nadal
Felicitar especialmente ao meu equipo gráfico de humor iGa e ñeZ por sacarnos un sorriso coas suas viñetas. Dar as gracias aos que cos seus comentarios e correos dan a coñecer o que pasa en Sanxenxo e outro punto de vista.
E como non aos medios cos que este blog colabora. E a tódolos lectores do blog desexarvos unhas BOAS FESTAS
miércoles, 23 de diciembre de 2009
GC anticorrupión
Para abrir esta sección faise un pequeno resumo do acontecido en Monte Faro e a devolución dos cartos solicitada polas promotoras dos SU 13 e SU 14.
Para ler máis preme aqui.....
A visita de Touris
a) Si a na Xunta goberna o PP e no concello goberna o PP ¿porque ten que mediar o delegado? acaso deixan ver que Catalina non conta co suficiente peso na Xunta para ese papel.
b) Que CODESEVI non confia en Catalina e por iso recurren a axuda de Tourís para desbloquear os proxectos de Vilalonga.
Pero hai que dicir que CODESEVI se atopa nestes momentos a expensas de continuar ou desaparecer, todo depende o que pase na asamblea do día 15 xa que a anterior asamblea para a elección da nova directiva resultou ser un fracaso.
c) Revel: "Cores Tourís explicó a los vecinos que se trata de obras dependientes del “impulso local” aunque les indicó que estará abierto a “apoiar aqueles conovenios que o Concello propoña ante as Consellerías”." é dicir, que ata Touris di que si a alcaldesa non se move o Revel seguira igual, e agora xa non é culpa do bipartiro senón do "impulso local".
d) Subestación: "“Mostrouse totalmente de acordo con Codesevi, ainda que recoñeceu que a tarea entraña dificultades, xa que hai que negociar con Fenosa, que non é moi receptiva a estas cousas a non ser que os costes os asuma a administación pública”." Aquí non se aclaran nin entre eles, o secretarío de Industria di que o lugar é o ideoneo e o resto ante os veciños din que hai que trasladala. Pero dame que lle teñen medo a Fenosa xa que din que negociar é moi duro, pois máis duro é ver o recibo a fin de mes e non ter o suministro axeitado.
En conclusión, CODESEVI recurre a Tourís porque xa non confia en Catalina, agora os veciños saltanse a administración local gobernada polo PP porque saben que as peticións e as promesas caen en saco roto.
E de paso, Tourís tamén se pudo pasar por Dorrón e darlle unha solución ao tramo da estrada de Areas aos Cotos, pudo pasar pola Lanzada en dirección Portonovo e darse conta da necesidade de seguridade vial que ten ese tramo pero tamén pudo pasarse polo polígono e comprobar como a maleza o esta invadindo.
A partir de agora si un colectivo quere solucións mellor ir a xunto o Super-Delegado, outra cousa é que sexa bo mediador.
lunes, 21 de diciembre de 2009
Avance Nadal
Estaredes pensando cal será a temática deste ano, so vos podo adiantar un dato: ESTE ANO VAIVOS SORPRENDER.
De momento deixovos os enlaces das anteriores felicitacións.
http://cousasdesanxenxo.blogspot.com/2008/12/bo-nadal-e-feliz-aninovo-2009.html
http://cousasdesanxenxo.blogspot.com/2007/12/en-sanxenxo-armouse-o-belen.html
¿Austeridade ou compra de vontades?
Pero como estamos en Nadal e para que nada amargue estas datas a alcaldesa invitar a prensa, a xornalistas e fotografos, a unha comida o día 29 onde entre pincho e pincho e copita a alcaldesa poderá intercambiar as súas impresions. E así que estes días se fale do ben que vai Sanxenxo, do ben que se vive aquí e do ben que gorbernan. Pero o que nos gustaría saber a moitos veciños é como se vai pagar a comida coa prensa : ¿a conta dos gastos de protocolo do concello?, ¿como se paga?, pois ese gasto ben se podía eliminar igual que eliminaron o da cea do persoal do concello, o que vai paga a súa. E ¿o custe da mesma?
Inda que para pincho o que hai hoxe as 9 co "xefe", e dícir, Louzán, na sede do PP cos do PP. E logo falan de austeridade. Hai moito tempo que escoito que non hai nada mellor que os estomagos agradecidos e cada día temos exemplos, e cando deixan de ser agradecidos pois montan un Foro.
A realidade é que cada día as cifras do paro aumentan en Sanxenxo e segue sin facerse unha política de emprego, xa bastante teñen con manterse eles como para preocuparse do resto.
Logo gabamos os servizos sociais do concello pero olvidamos que Caritas do Grove esta axudando a moitas familias de Sanxenxo entregandolles comida e vos sorprenderiades do número que hai en cada parroquia que estan recibindo esa axuda.
Sei que me chamaredes populista, que fago demagoxia pero a realidade é que cada día máis veciños de Sanxenxo custalles chegar a fin de mes, mentras a alcaldesa vai de pinchos, vai de comidas ao Ritz coas Vilas mariñeiras case cada mes e aumentan os contenciosos e os gastos que elo supón.
sábado, 19 de diciembre de 2009
Monte Faro. Cap. VI: SU 14 no TSXG
Este recurso corresponde o interposto por Mirador de Sanxenxo, SL, que pertence ao grupo SEDESA dos Cotinos de Valencia.
Este é o edicto que aparece no BOP do 18/12/09 páx 50:
Número procedimiento ordinario: 0004596/2009.
La publicación de este anuncio servirá de emplazamiento a las personas, que habiéndolo sido personalmente, ostenten un derecho o interés legítimo en el citado recurso, pudiendo personarse en legal forma en el plazo de nueve días. Si lo hicieren con posterioridad, se les tendrá por parte para los trámites no precluídos.
A Coruña, diecisiete de noviembre de dos mil nueve.
—La Secretaria, Inmaculada Pérez Arrojo. 2009013321"
Agora correspondelle ao TSXG analizar se houbo irregularidades na aprobación definitiva do plan parcial do SU 14, tal é como afirma a empresa demandante. A cal reclama 4,7 millóns de euros.
Agora comprendense o nerviosismo que se respira.
viernes, 18 de diciembre de 2009
Monte Faro. Cap V . SU.13: Contencioso
"Los argumentos son idénticos a los esbozados en su día por los promotores del SU 14. Consideran que el pago de los 3.831.000 euros realizados en su día al Concello fueron en concepto de exención de la obligatoriedad de reservar el 20% para vivienda pública. Un extremo que el Concello niega, ya que mantiene que fue una “aportación voluntaria”. David Otero insistía ayer en el mismo planteamiento que expuso en el pleno en el que se rechazaba el recurso presentado por los promotores del SU 14. Pide de nuevo a la alcaldesa que garantice que el Concello no tendrá que devolver estas cantidades, “que afirme que hai garantías xurídicas suficientes, solventes e irreversibles para que este proceso non vaia reamtar na devolución de 8.629.000 euros”." (Diario de Arousa)
Por todos é coñecido a lentitude da xustiza co cal a herdanza que vai deixar a alcaldesa vai ser unha chea de contenciosos que como se perdan o concello estara hipótecado durante anos.
A compra de Punta Vicaño vainos sair ben cara como teñamos que afrontar a devolución e os gastos derivados destes contenciosos.
Pero quero destacar unhas declaracións feitas polo portavoz do BNG : "“a señora González ten que explicar aos veciños e veciñas de Sanxenxo, como se pode xerar este conflito, levándoo a un ámbito xurídico, sendo un convenio firmado polos promotores e o goberno do Partido Popular. Ten que explicar como pode derivar un acordo firmado polas dúas partes a un proceso xudicial. ”" e que moito presumir dos convenios e logo ningún chegan a bo porto.
Pero por outra banda vamos a seguir aportando máis datos relacionados con este SU e as empresas que pediron a seu desenvolvemento.
Porque sigo dicindo que este non será o último contencios que se vai por e sinón tempo o tempo.
Exclusiva: Vilalonga terá un colexio "coqueto."
Pero cabe destacar a intervención da concelleira de Educación Paz: "Hoxe é un día moi feliz pa min e nadie sabe o que sinto neste momento". ¿sufrira en silencio?
Pois ben hai que recordar que o orzamento para o colexio de Vilalonga son 100.000 euros é para o de Dorrón 0 euros, e non se modificou a partida orzamentaria para estas obras.
Claro que primeiro hai que ter os terreos onde facelos e asi alongamos as obras cara as municipais, e sinón tempo o tempo. Veremos si se cumpren os prazos que deron.
Na nota de prensa da Xunta sobre a visita do conselleiro non falan de datas, senón que a información que dan é moi xenérica: Preme aqui para ler a nota
Para ler o que se di ao respeto no Faro de Vigo preme aqui.
Época de Nadal
Estamos a 18 de decembro e suponse que é Nadal, pero debe selo en tódolos concellos menos en Sanxenxo, xa que ata hoxe a noite non pensan encender o alumeado navideño mentras dende a semana pasada ías a Meaño, ao Grove, Poio, Cambados, … e si respirabas ese ambiente, as rúas iluminadas, as panxoliñas soando nos comercios ou mesmo na rúa e nas tendas xente mercando.
Pero vas por Sanxenxo e ves a mesma tristeza de hai un mes polas rúas, as tendas vacias e as rúas solitarias e tristes. O Nadal é unha época consumista e hai estudos que confirman que a xente compra máis en Nadal cando o ambiente invita a gozar do Nadal. En Sanxenxo moito estudo de marketing pero pouca inversión no resto, xa que moito falar de austeridade e contención do gasto no alumeado do Nadal pero noutros sectores seguen mantendo os gastos.
Para seguir lendo o resto do artigo do Aturuxo preme aquí....
jueves, 17 de diciembre de 2009
DIMISION: exclusiva
1 * DIMISION da actual XUNTA DIRECTIVA
2 * Lectura e aprobación da acta anterior.
3 * Estado actual da asociación
4 * Elección da nova directiva.
Esta dimisión debeuse producir antes, xa que cando se antepoñen intereses persoais aos intereses dun pobo non poden representar a unha colectividade.
Nos últimos días vense comentando o silencio de CODESEVI ante a petición dos veciños do traslado da subestación, algo que pedían hai tempo ata que se empezaron a dar os primeiros pasos e retiraronse as cavernas para non ter que dar a cara ante o pobo.
Esto non signifique que os que están o deixen porque sempre cabe a posibilidade de que se volvan a presentar e asi poder dicir que o resto das asociacións os avalan.
Polo que a min me transmiten a renovación total non esta garantida porque hai que recordar que a prioridade desta asociación é o centro sociocultural do Revel, vamos ter onde poder bailar e o Centro Cultural onde facer as suas cousiñas a pesares de ser un centro privado.
Por eso mesmo Vilalonga agora ten unha oportunidade para ter un representantes que a defenda como se merece e sin involucrar intereses persoais. E polo tanto unha das súas primeiras batallas debería ser loitar polo traslado da subestación que así o estan demandando os veciños.
Abrense as apostas ¿RENOVACION ou PERMANENCIA?
martes, 15 de diciembre de 2009
Fenosa
Pero o que máis me abraia de todo é o mutismo que estan tendo os colectivos de Vilalonga, sobre todo CODESEVI, parece que o tema non vai con eles, cando hai meses tamén dician en prensa que querian dito traslado.
Pero para escandalo é ter que ler na prensa que nunha comisión de industria o secretario xeral de Industria di que non pensan trasladala, vamos que nin se preocupan en mirar a viabilidade do tema,vamos nin que negociar con Fenosa, agora Gas Natural, fose como mandalos a guerra de Irak.
Pero tamén hai algo que me preocupa e que escotei varias veces estes días e por fontes distintas, moitos se preguntan porque a Xunta de Compensación do parque empresarial están calados, pois sabendo que para que o parque funcione necesita corrente ou ¿non será que si a subestación de Vilalonga se amplia igual non se fai a do poligono? Explicome, ampliar a de Vilalonga significa consolidar dita subestación.
Fenosa ten todos os permisos para empezar a facer unha no polígono que debe ser pagada pola Xunta de Compensación e o concello cedelle os terreos durante 100 anos. Pero si xa no tema do enlace coa autovía os da Xunta de Compensación pagaron unha mínima parte ¿quen pode dicir que ampliando a de Vilalonga non sexa suficiente e así aforrar ese custe? xa se sabe que "Cando o río sona, auga leva"
O traslado da de Vilalonga suporía que a de Nantes se comenzase canto antes, inda que o traslado se fixese nun prazo de 2 -4 anos pero o menos dotariase dunha subestación moderna e non se teria unha obsoleta e con perigo de incendiarse cada vez que hai un pouco de temporal, que para mostra o que aconteceu hai 10 días, por moito que algúns o intentasen ocultar.
Por outra banda o mutismo das concelleiras do PP da parroquia da Vilalonga é sorprendente xa que hai uns meses sain arremetendo na prensa que eso xa o tiñan en estudo e agora demostrase que o seu propio partido lles deu de lado xa que no pleno de Sanxenxo din unha cousa e en Santiago o mesmo partido di outra. Pero xa terei outro momento para comentar algún detalliño máis.
Pero sigo pensando o mesmo que moita xente: TRASLADO XA.
Galicia Confidencial
O xornal dixital Galicia Confidencial estrea nova imaxe e novas colaboracións entre elas a de Cousas de Sanxenxo, dentro do apartado de noticias locais do Salnes e no top dos blogs.
Por iso darlle os meus parabéns e que esta nova andaina sexa do máis satisfatoria.
NORABOA
lunes, 14 de diciembre de 2009
DORRON UNITED CLUB DE FUTBOL
"En Dorrón a, 09 de Diciembre del 2009.-
Ayuntamiento de Sanxenxo.
c/ Consistorio,1
A/A de la Alcaldesa, Concejal de Dorrón y Concejal de Deportes.
ASUNTO: COMPROMISO ADQUIRIDO CON EL C.F. DORRON DE AYUDA PARA OBRAS EN SUS INSTALACIONES.
Muy Sres. Mios:
Este tema ya empieza a ser un poco cansino, al parecer para Vds., no, pero para nosotros esto ya pasa de castaño oscuro, y hasta para el más inocente esto parece una verdadera tomadura de pelo. ¡Que pasa!, que ya no se puede confiar en la palabra de los dirigentes de un Ayuntamiento, pues si es así, apaga y vamos. Que credibilidad pueden tener ustedes ante los vecinos que representan, si en asuntos como este, pierden toda la credibilidad. Este asunto para nosotros ya ha tocado su fin, en las distintas reuniones que hemos mantenido por dicho tema, les recuerdo en febrero 2008 la primera, luego en julio del mismo año nos confirman el pago, y ahora hace un mes nos dicen que tenemos que perdonar que todo se ha retrasado, pero que en Noviembre sin falta nos ingresarían la cantidad acordada mas el Patrocinio. Les recordamos que ya estamos en Diciembre y ¿ahora que más nos van a decir?. También les recordamos que dichas obras están totalmente rematadas y comprobadas por sus cuerpos técnicos.
Bueno, sin querer enrollarnos más, les enviamos este escrito para que reflexionen y tomen las medidas oportunas, la pelota ahora está en su tejado, esperemos que nos la devuelvan, pero en forma de €€€€€ que es lo que necesitamos ¡YA!.
Atentamente;
La Junta Directiva."
A diferenza entre clubes dentro da mesma categoria é visible tanto en equipamentos, infraestructuras e económicamente. Pero todo parte da mala coordinación que existe entre os distintos clubes do concello e onde se priman a uns máis que outros dependendo a directiva.
Moitos vos preguntades que pasa con concellal de Deportes, pois fácil, esta moi ocupado coas tarefas de directivo do Noalla Club de Fútbol, porque noutros eidos anda desaparecido e o concellal do Dorrón non ten autoridade para que o pago da débeda se faga efectiva.
Dende que levan prometendo o pago da débeda xa deberian pagar xuros, porque non olvidemos que os directivos puxeron cartos do seu bolsillo pero a discriminación chega a tal punto que vai ser o ùnico campo de fútbol que siga sendo de terra.
Esta claro que "consolo de moitos, consolo de tolos" porque como di un coñecido meu: poñedevos a cola.
sábado, 12 de diciembre de 2009
Foto denuncia. Nanín.
domingo, 6 de diciembre de 2009
Falando pola rúa
* O primeiro é sobre que últimamente as repostas que que deberían facer os concelleiros do PP e a alcaldesa estan sendo feitas pola gestora do partido.
Cada día son máis as persoas que comentan a división que hai dentro do partido e así como que cuestionan a posición de Catalina tanto como alcaldesa e como membro de dita gestora. Estanse movendo as cadeiras e os codazos empezan a ser visibles pero os veciños non temos porque pagar as consecuencias como facer un orzamento e os 8 días andar a cambialo, iso non é seriedade.
Primeiro queremos o apoio de todos os veciños e logo pediremos a Fenosa que elimine a subestación do casco de Vilalonga», señalaron fuentes del colectivo." ¿onde andan agora? Con esta pasividade o concello asegurase que non nazca un movemento como RONDA NON ou a PLATAFORMA PO-504 que coa unión de afectos acadaron resultados ou siguen loitando por eles con resultados.
sábado, 5 de diciembre de 2009
Improvisación
Tiñen previsto acometer as obras na cidade deportiva de Sanxenxo e agora saen anunciando que cambian dito investimento por dotar o campo de fútbol de Baltar de herba artificial, investimento que vai a correr a cargo da diputación para non variar.
Teñen que aforrar sexa como sexa é que mellor que anular un proxecto que tiñan orzamentado en 400.000 euros por outro que lles vai custar 125.000 euros xa que o importe restante o poria a diputación. Pero o máis significativo é o seguinte: "ya que ello permitirá su pronta ejecución, mientras que la misma cantidad en la Ciudad Deportiva sólo “alcanzaría para hacer los muros de contención”. Diario de Arousa" vamos que xa empezan a recoñecer que o unico que fan son obras a cachos e pagar proxecto xa que non dotan a ningun investimento coa cantidade suficiente para levalo a cabo.
"La alcaldesa de Sanxenxo dejó claro que se trata de una instalación municipal y que la reforma de la misma resulta urgente debido al “pésimo estado no que se encontra. É vergonzo que os rapaces teñan que estar xogando naquel terreno”. En este sentido animó a los clubs a que sigan realizando el mismo trabajo de motivación a los más pequeños para que practiquen deporte, “unha actividade moi positiva, sobre todo nos tempos que corren, e na que nos temos que implicar todos”" Por unha vez vou estar dacordo con estas declaracións, xa que o estado no que se atopa este campo é penoso pero que tivera que firmar un convenio coa diputación para darse conta é patético.
O que me queda claro é que este equipo de goberno non cree nin nos seus propios orzamentos.
viernes, 4 de diciembre de 2009
Por un pobo unido.
Hoxe podería estar escribindo sobre os orzamentos do 2010, sobre a escaseza de investimentos, os altos gastos e custes que ten o concello de Sanxenxo, pero tendo coñecemento da última nova non podo deixar de escribir sobre que Fenosa vai ampliar a Subestación de Vilalonga.
Pois si, como se pode ler na prensa Fenosa pensa ampliar dita subestación en vez de intentar sacala do centro da vila dánselle os permisos de ampliación. Así saíu publicado no DOGA e o comezo das obras é inminente; por iso como o pobo non se una vai ter subestación para outros 50 anos máis, pois ditas obras supoñen a consolidación de desta subestación.
O máis irónico disto é que Fenosa ten que facer unha nova no polígono de Nantes para subministrar ás empresas que alí se instalen e incluso dar servizo máis aló do propio polígono. Subestación que se vai facer en terreos municipais cedidos durante 100 anos. Mentres teremos en menos de 3 km dúas subestacións eléctricas.
Imos ver: os veciños de Vilalonga pagan o recibo da luz como calquera outro veciño, as liñas de alta tensión que van ao Grove foron soterradas porque, sobre todo na Lanzada, producían un gran impacto medioambiental. Sen embargo esas mesmas liñas son as que cruzan Vilalonga e non contemplan soterralas a pesares de estar pegadas a vivendas e por moito que digan causan malestar aos veciños. Pero claro, paguemos os recibos da luz, os impostos,etc....... preme aquí para seguir lendo
jueves, 3 de diciembre de 2009
TRASLADO XA
Hoxe podíamos ler na prensa que esa subestación se vai ampliar como se pode ler na Voz de Galicia e na web do BNG onde se fai referencia ao DOGA no que sae aprobada a ampliación de dita subestación.
O traslado vaise debater próximamente no parlamento galego polo tanto canta máis presión se faga mellor e si os veciños queren e se unen poden conseguilo pois noutras vilas xa se fixo e aquí tamén se debe.
Todo aquel que queira firmar pode acercarse aos distintos comercios de Vilalonga, aos membros da directiva da AA.VV de Vilalonga ou os integrantes do BNG e lles facilitaran un impreso.
Eu xa o fixen esta tarde, non vou dicir onde, pero vai sendo hora que se vexa o movemento colectivo porque xa se sabe que : A UNION FAI A FORZA.
Maña xa falarei máis detenidamente deste tema no artigo do Aturuxo, da necesidade do traslado e da oportunidade que se brinda para elo coa construcción da nova subestación no polígono de Nantes.
Por iso eu tamén se sumo o lema: SUBESTACION FORA XA!!!!
un contencioso máis
Moitos me preguntachedes polos datos do contencioso que saiu na prensa e aqui vos deixo os datos que hai o respeto:
“ Recibese escrito enviado pola Secretaría do Xulgado do Contencioso - Administrativo núm UN de Pontevedra indicando que , en cumprimento do acordado polo Xulgado, e admitido a trámite o recurso contencioso - administrativo interposto pola" Mercantil SUPERMERCADOS CHAMPIÓN, S.A." contra o concello de Sanxenxo, no xulgado Nº 1 de Pontevedra, contra unha falta de execución polo concello de Sanxenxo dunha resolución dictada pola Sra. Alcaldesa no 2008, en relación ás liquidacions polo concepto do Imposto sobre o incremento do Valor dos terreos de Naturaleza urbana, satisfeitos polo recurrente, e solicitando se ordene a execución da resolución anterior , e en consecuencia, procedase a devolver o importe de 100.312,02 € que resulta da combinación de catro acordos adoptados na mesma, así como os xuros de demora correspondentes; reclama o devandito expediente e emplazando a Corporación no proceso Contencioso; que se celebrará a vista o vindeiro 8 de febreiro de 2010 ás 13 horas.
A xunta de goberno local, por unanimidade, á vista dos antecedentes obxecto da reclamación, considera que o máis razoable e non persoarse no procedemento, e pola contra satisfacer a parte demandada as cantidades reclamadas antes da data de celebración do xuízo."
Este son os datos que hai sobre o contencioso interposto por esa empresa ao concello e o cal acepta que a empresa leva razón na súa demanda e polo tanto antes de ir a xuízo mellor pagar que igual logo hai que pagar as costas do procedemento.
En total máis de 100.000 euros.
miércoles, 2 de diciembre de 2009
Ata que haxa unha desgraza
Pois ben a día de hoxe non se fixo nada para mellorar esa situación a pesares do anuncio de facer un informe, a cruda realidade e que día si día tamén se producen algún accidente, saidas de vía, etc...
No que vai de semana xa se produciron máis de 6 incidentes, sendo o último hoxe a tarde e por sorte sin consecuencias graves. O concello non pode facer a vista gorda pois moitos destes casos foron denunciados no concello.
Non agardemos a que se produzca unha morte para darse conta da necesidade do arranxo desa estrada. A responsabilidade do grupo de goberno é velar pola seguridade dos veciños e polo estado das súas infraestructuras e axilizar, reparar e poñer os medios necesarios para correxir esta situación.
Por eso mesmo: NON MAIS MORTES NA CARRETERA. SEGURIDADE VIAL XA.
Os investimentos para o 2010
Hoxe vou falar dos investimentos previstos para o ano 2010:
Plan director abastecemento e saneamento ----6.000.000,00€
Plan director 1/6-------------------------------------111.043,86€
Complemento plan director 1/6 ------------------ 100.000,00€
Plan director 3/6 ------------------------------------ 111.043,86€
Complemento plan director 3/6------------------ 100.000,00€
Gardería do Revel ---------------------------------300.000,00€
Centro socio cultural do Revel ------------------ 300.000,00€
Cidade deportiva de Sanxenxo ------------------ 400.000,00€
Plan director 4/6 ----------------------------------- 111.043,06€
Complemento plan director 4/6 ----------------- 100.000,00€
Mellora estrada Bordóns – Nanín ---------------- 412.590,77€
Subvención comisión cultural local social Contumil – Nantes ----- 36.000,00€
Total investimentos para o 2010: 8.081.722,34€ .
Como se pode comprabar a dismunición de investimentos é brutal, desaparecen proxectos como o clube de piragüismo de Portonovo, rehabilitación do Pazo Quintáns, Casa do Priorato e a Casa de Don Fernando, a gardería de Baltar, non aparece a última presentación estrella da casa de cultura de Dorrón,... e así moitos investimentos.
Si recordamos os do 2009 que se poden consultar premendo aquí: 2009, e descontando os investimentos do plan E ¿que se fixo? Rematar obras de anos anteriores.
Por outra banda volvese a olvidar as parroquias menos favorecidas, claro pero eso xa o salvaran cando presenten as obras do plan E do 2010 e cun par de paladas de chapapote, duas farolas e algunha que outra ocurrencia, xa se dan por cumplidos.
martes, 1 de diciembre de 2009
INSULA
2009 | 2010 | ||
Retribucións básicas | 64.500,00 | ||
Seguridade social | 22.000,00 | ||
Aluguer | 8.500,00 | ||
Enerxia eléctrica | 600,00 | ||
Comunicacións telefónicas | 3.100,00 | ||
Primas de seguros | 500,00 | ||
Tributos | 400,00 | ||
Otros gastos sin cabida especifica | 100,00 | ||
Traballos realizados outras empresas | 25.300,00 | ||
Inversión nova en infraestructura | 3.179.550,00 | ||
Inversión nova A.F. O servizos edificios | 7.690.351,74 | 4.959.877,91 | |
Outros investimentos en edificios | 4.459.039,43 | ||
Tramitación parking Sanxenxo | 500.000,00 | ||
Tramitación parking Portonovo | 500.000,00 | ||
Total presuposto | 10.994.901,74 | 10.418.917,34 | |
Transferencia da entidade local | 125.000,00 | ||
Prestamos recibidos fora do SP | 10.869.901,74 | 10.418.917,34 | |
Total presuposto | 10.994.901,74 | 10.418.917,34 |
Como se pode observar solo se eliminan os gastos ordinarios de persoal, corrente, telefono, etc.. que ascenden a 125.000 euros.
Este ano con novidade incluen os aparcadoiros de Sanxenxo e Portonovo pero sin embargo hai partidas por valor de 9.418.917,34€ que fan referencia a inversions nova e de edificios ¿ VAISE FACER VIVENDA OU NON? e si non se fai para que sigue aparecendo esas partidas, ah claro, sera para facer crer que INSULA ten capacidade de algo e non ter que darlle a estocada final a unha empresa que nunca sirveu para nada máis que para crear gastos.
Por outra banda destacar que o orzamento do 2009 pouco difire do 2010 co cal copia e pega e fai un par de retoques.