domingo, 28 de diciembre de 2008

A panxoliña de Xan o das Xaneiras

No centro de Día
entraron os inspectores
e a algúns do concello
subironselle os colores.

Crisis, crisis, crisis
crisis neste centro
e os velliños comían
ensalada hasta con fento!!!

Entre tanto alboroto
a alcaldesa co cú apretado
sacouse o morto de enriba
pagando todo o contado.

Crisis, crisis, crisis
crisis de collóns
que os vellos non tiñan
nin aughua pó sintrón.

E seica co follon este
a culpa nadie a tiña
pero menudo cabreo jodeu
a nora de Carballiña.

Crisis, crisis, crisis
a esta xente non hai que na toque
porque aínda por enriba
a culpa vai ser do bloque.

Navidad, Navidad,
doce navidad
Santa Clauss tivo un accidente
por falta de visibilidad. HEY!!!

Catalina, Catalina,
eu deste concello xa non presumo
pero podías poñer tan sequera
bombillas de baixo consumo.HEY!!!

E esto das luces
aínda non acaba aquí,
porque está moi cabreado
o meu amigho Chichí,
e dicía o outro día:
"eu xa non quero nin que me fales, nin que me contes,
pois paraece unha burla
a esta gran comunidad de montes".

Navidad, Navidad,
doce navidad
hai que ver que esto da crisis
danos moito que falar. HEY!!!

Arre borriquiño! Vamos pra Dorrón,
que o de urbanismo
armou un bo follón.

Desde Areas a Pampaído
licenzas a mogollón
e a merda da depuradora
mandamoslla para Raxó.

E esto de Catalina
e algo sen igual
ela queda cos cartiños
e a merda para Sobral.

Arre borriquiño!
Arre, burro, arre!
Tira pola carretera do ensanche
e verás o que fixo O teu amigo Angel,
xa que no cementerio de Dorrón
armouse un follón de manda truco
que ata tiveron que chamar
o programa de Farruco.

E arre borriquiño
vamos pra Noalla
que alá os de urbanismo
tamén se quedaron en bragas.

O que pasou en Noalla
é un tanto raro
mira que joderselle o proxecto
que armaron en Monte Faro...

Arre borriquiño!
que aquí hai moita empanada
pois neste concello
non che aprendemos nada.

Pero mira como cobran
os nosos ghobernantes,
ganan unha morea de cartos
e sonche uns ignorantes.

Cobran e cobran
e volven a cobrar
todos os concellais
e a alcaldesa moito máis.

Pero mira como cobra
o carallo de Salvador
dous anos gobernando
e aínda non sei cal é a sua labor.

Pero mira como cobra
a pigha de Paz,
" a mí me la pone dura"
pero a ver onde van os cartos
desnitados para cultura.

Pero mira como cobra
e como come Tino
que non lle queda tempo
nin pá arreglar os camiños.

Cobran e cobran
e volven a cobrar
xa ganan máis cartos
que Galloso no Luar.

Pero mira como cobra
a "inocente" de Almudena
que por si ela fora
non viñañ turistas nin en patera.

E de todos estes personaxes
o que máis me abruma
e ese indeseable
chamado Xosé Luis O Puma.

E xa de tanto escribir
teño medio coloque,
e a ver onde carallo andan
os do PSOE e os do Bloque.

Cobran e cobran
e volven a cobrar
xa ghanan máis cartos
que Galloso no Luar.

E con esto me despido
ata a vindeira edición
ata que estes carallos
me toquen outra ves a indinasión.

BO NADAL!!!!

viernes, 26 de diciembre de 2008

Foto denuncia II

Hoxe vou colgar unhas fotos e un texto tal cual me chegou o correo e que un veciño do concello quere denunciar o estado das aceras de Portonovo.


ESTAS FOTOS PERTENCEN A UNHA RAMPLA QUE SE ENCONTRA NA SUBIDA O CENTRO DE DIA DE SANXENXO, A ALTURA DO INSTITUTO DA ESO.
ESPERO QUE NINGUEN TEÑA QUE SUBIR POR AQUI CON PROBLEMAS DE MOVILIDADE PORQUE E COMPLICADO COMO MOITAS MAIS QUE EXISTEN NO CONCELLO. COMO O PASO DE PEONS QUE SE ENCONTRA DIANTE DA TENDA DE XOGUETES "O HOME DO SACO".
GRACIAS POR ESTA SECCION QUE NOS AXUDA A COMUNICAR AS NOSA INQUEDANZAS.




lunes, 22 de diciembre de 2008

BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2009

Dende As Cousas de Sanxenxo queremos desexarvos BO NADAL E ANINOVO. Pasadeo ben nas festas, sentidiño, humor e respeto.

Quero aproveitar para mandar saúdiños a tódos aqueles que contribuen a que o blog siga adiante, asi que o dito graciñas e esperovos no vindeiro ártigo.


Preme duas veces na foto para vela en grande


Un saúdo de Iris, de iGa, de ñeZ e de todos aqueles que contribuen a que cousas siga adiante e ante unha nota de humor que boa falta fai nestes tempos que corren.

BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2009

jueves, 18 de diciembre de 2008

Euros pa todo menos pa inversións


Estou farta de ver como para o único que hai cartos é para pagar multas, contenciosos, escornadas contra outras administracións pero remata o ano 2008 ¿e onde estan os investimentos? Pero si hai euros para contratar máis avogados, euros para pagar enlaces cando se dixo que non se ia pagar, euros para Urbaser, euros para soldos.

Saen un día dicindo que non van por terreos para a depuradora e o día seguinte temos a nova dunha multa de 80.000 euros, que casualidade que lemos un día antes o seguinte: “el 90 % de los vertidos que llegan a la ría desde el pozo de bombeo de Raxó corresponden a Poio y por tanto “é aos seus gobernantes aos que lle teñen que reclamar unha solución, xa que a nosa xurisdicción remata no alto da Granxa”. E hoxe lemos a seguinte resposta “Desde el Concello de Sanxenxo reconocían, hace ya varios días, que el mal funcionamiento del sistema existente en esta zona desencadena en vertidos a la ría. Sin embargo puntualizaron que sólo el 10% de los que se registran corresponden a Sanxenxo, siendo el 90% de los mismos responsabilidad de Poio. ” (Diario de Arousa)


Pero o máis indignante de todo isto é que nin as súas propias mentiras saben fiar pois so basta comparar estes dous párrafos.


1- A día de hoxe, o Concello de Sanxenxo financia ao 100% a EDAR de Paxariñas e asume o 52% dos gastos da de Meaño, mentres que Poio non xestiona ningunha”, explicó Casal Moldes (web municipal)

2- Sanxenxo alegó en su día la falta de una depuradora para recoger las aguas procedentes del bombeo y afirmó que el municipio estaba gestionando la cesión de los terrenos necesarios para construir la depuradora “lo antes posible”. (Diario de Arousa)


Por iso me pregunto:

  1. Si Poio non xestiona ningunha ¿quen xestiona ese bombeo? ¿acaso é Sanxenxo?

  2. Si Sanxenxo verte na de Meaño ¿porque os de Poio non poden verter nunha de Dorrón?

  3. ¿Porque si alegan dicindo que van facer a cesión porque agora recuan? ¿acaso ten que ver con supostas presións dos SU que ali se estan a urbanizar?

Que se deixen xa de marear a perdiz e que se poñan a traballar, que miren polos veciños e non polo sistema xudicial que non me estrana que ande colapsado, que teñan conta das necesidades dos que vivimos en Sanxenxo todo o ano e sobre todo QUE SE GAÑEN O SOLDO DUNHA VEZ.

En moitos dos posts, notas ou artigos que habitualmente poño aquí fago referencia a necesidade dun organismo fiscalizador, pero un organismo neutral e serio, que vele polos intereses de tódolos galegos, e necesario coñecer como se xestionan os euros.

Hai uns días O País publicaba o seguinte:El dossier que Portos de Galicia ha enviado al organismo fiscalizador descarta, sin embargo, cuatro de las cinco irregularidades denunciadas por el Consello de Contas. Explica por ejemplo que en el caso del puerto deportivo de Ribeira se cobró en 2006 el canon correspondiente a los ejercicios de 2004 y 2005. Algo que también hizo la sociedad Nauta que explota la marina de Sanxenxo. ” esto aparece nun dossier dunha investigación que instrúe o Tribunal de Contas sobre irregularidades detectadas en Porto de Galicia durante o exercicio 2004.

Oxala esto sexa un paso para que se comece a saber como se distribúen os nosos impostos independentemente da cor coa que sexan xestionados.

Pero xa que estamos en Nadal en breve o blog si vai colgar a súa felicitación xa que en Sanxenxo nin alumeado, nin decoración nin espiritu navideño porque una cousa e aforrar e outra e non colocar unha mala luz. Espero que a felicitación deste ano vos guste tanto como a do ano pasado ¿recordadela? preme aquí para recordala.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Todo é cuestión de ceros

Que contraditoria é a vida patrimonial dos habitantes deste concello. Hai uns días se formaba unha plataforma en contra dun plan sectorial de Vivenda porque non se cree convinte que se faga alí vivendas de VPO e hoxe topámonos con que maña se lle dará pulo a unha EXPROPIACION FORZOSA para adquirir os terreos do SU9 que os propietarios non quixeron adherirse a dito SU. Xa no seu día falei deste polémico SU e seguirá dando moito que falar nos próximos días.

Xa sei que por lei esto se pode facer, non me fai falla que ninguén veña agora coa lei na man lembrandonos a legalidade, senón que si todos somos iguais tal e como di a constitución neste caso os propietarios estan indefensos.

Pero xa sabemos que en Sanxenxo o que conta son a cantidade de CEROS que leve adosado o terreo onde se pretende obrar.

É mellor destruír Punta Festiñanzo con formigón e un sistema de rede viarias a ter VPO, xa me gustaría ver as reaccións dos propietarios si o plan sectorial de vivenda se decidira facer hai, entón hoxe xa estarían en pe de guerra pola destrución natural do entorno.

Vamos a ver cantos colectivos se pronuncian hoxe, vamos ver cantas voces se levantan en contra deste SU a non ser a dos propietarios desas parcelas que non estan dacordo “coa súa edificación” ou a lo menos dese xeito.

¿Onde queda a formula de compensación da que tanto se fala para outros casos?

A miña posición foi sempre en contra deste SU pola destrución do medio, o digo para aqueles que queiran acusarme de derivar ou de medias verdades, pero si estou a favor da construción de vivendas de VPO porque fan falta pois das outra xa esta o concello cheo e a maioría sen vender por prezos sobrevalorados pero claro aquí seguiremos con iso de: se o veciño vende por 100 eu po 200 que teño que ser máis rico ca el, e así nos vai.

Cando priman os CEROS por riba da estabilidade demográfica ou dous interes da maioría convertémonos en lobos para nos mesmos.

E si xa sei que todo culpa de isto é da Xunta que o concello non ten nada que ver e que cumple coa sua laboura e mira polo ben de tódolos veciños, e por suposto que se aprobou por urxencia este SU e que a urxencia tamén esta en ver o que se fai con ese 10% de aproveitamento que lle corresponde o concello, que ese 10% monetarizado inda da para a ampliación do porto deportivo, por exemplo.

martes, 9 de diciembre de 2008

A ponte en Sanxenxo: atractivo total

Acabouse a ponte da Constitución e atopámonos co seguinte titular«los únicos que no han perdido clientela son las hamburgueserías» aunque el descenso en la ocupación son leves en la villa sanxenxina, la rentabilidad y facturación de las empresas ha sido más notable. ”

Isto deixame máis tranquila pois según o CTES a ocupación hoteleira en Sanxenxo é invariable o único que baixou foi a rendabilidade, pero ¿como vai a haber rendabilidade senón hai oferta? Se descartamos os hoteis de 4 estrelas ¿cantos hoteis estan abertos? Porque a campaña “Sanxenxo todo el año” en onde se ofrece unha serie de aloxamentos para pasar o fin de semán algún permanecian pechados.


A verdade e que hoxe a tarde charlando coas miñas amigas e contándonos a oferta que houbo en Sanxenxo case me dou pena non haberme quedado e irme polo interior de Lugo a un concello no que puiden visitar un par de museos, levar o neno a un espectáculo de títeres, logo irnos a noite a escoitar un pouco de música dun grupo local, e ata probar produtos típicos nas xornadas gastronómicas que se estaban celebrando e perderme as festas de Nantes coa Fabada incluída e o certame de teatro do Grupo O Tarabelo que foi o anico que houbo en Sanxenxo, iso si oferta ofrecida por entidades culturais, ¿que ofertou o concello?¿que ofreceu o CETS para atraer visitantes? Ir o Ritz, o Xixón, a Estremadura parece que non resulta porque se so venden praia en inverno chove e iso non é suficiente.

Esperemos que agora con Turismo de Sanxenxo S.L. Se vexan máis iniciativas e comecen a traballar para que este sector ocupe o lugar que merece, e dame a min que polos cambios que hai algo se vai a notar:

  1. Constitúese a directiva con Catalina como presidenta, que é o normal pero como vicepresidente esta Salvador Duran o concelleiro de persoal e seguridade cidadá. Co cal ¿que pinta a concelleira de turismo si na empresa de turismo non ocupa o lugar que debería?

    A verdade que ata o de agora non se viu ningunha iniciativa en política turística e inda por riba te poñen como vocal nunha empresa mixta de Turismo e poñen no sitio que che correspondería ao concellal de Persoal ¿a que se debe ter dedicación exclusiva?¿cal é o seu traballo: acompañar a Catalina o Ritz e as feiras?. A verdade que a min iso demostraríame que non confian na miña labor e para iso mellor na casa, pero claro onde vou cobrar ese soldo,

  2. Convocase a praza de coordinadora para dita empresa e a candidata que máis despunta na fase previa é a actual xerente do CTES, e supoño que na entrevista persoal pasara con nota. Co cal ¿o CTES buscará nova xerente ou desaparecerá?


miércoles, 3 de diciembre de 2008

Como cambian as tornas

El delegado provincial de Vivenda, Eudoxio Álvarez, aseguró ayer a los afectados por el Plan Sectorial de Padriñán que éste no se desarrollará en caso de no lograr el consenso vecinal. También afirmó que nunca se hubiese presentado si la alcaldesa de Sanxenxo hubiese hecho alguna alegación verbal a la ubicación en la reunión en la que se le presentó el proyecto, el pasado 8 de septiembre (Diario de Arousa) Polo visto dende o 8 de setembro a Alcaldesa xa coñecía este plan e non dixo nada os veciños ata que estes lle petaron na porta a preguntar e o ver que se montaba unha revolución que mellor ocasión para aproveitar e sumarse as protestas que veñen eleccións. ¿Porque non convocou unha reunión antes para explicarlles os veciños dito plan de Vivenda? “a alcaldesa «non fixo a máis mínima alegación en contra da ubicación seleccionada», subrayaron las fuentes de Vivenda “ claro como ía a facelas sen saber antes si o galiñeiro se ía alterar ou non, porque nese momento puído ofrecer a consellería terreos municipais para facer esas vivendas pero nin se planteou esa posibilidade polo que se pode ver, pero bueno xa que temos tantos avogados no concello que traballen agora nas alegacións para que así os veciños o vexan, as cousas hai que facelas no seu momento e non ir escornando.

“«O obxectivo da consellería é adquirir a totalidade do terreo de mutuo acordo ou por permuta entre solo bruto e solo urbanizable con destino a vivenda protexida ou a vivenda libre de prezo limitado», detallaron desde la Xunta.” despois leo esto e non vexo a palabra expropiación pero si a de PERMUTA entón ¿de onde saìu que se ía expropiar?

“«Vivenda entende que Sanxenxo é un concello especialmente necesitado de vivenda de calidade a prezos que podan pagar os seus cidadáns» ” pois claro que si, que se necesita vivenda a un prezo razoable porque moito anunciar que 600 persoas se anotaran no listado de INSULA solicitando vivenda e a día de hoxe ese listado debe estar nun caixón olvidado como o informe ISA do Revel.

Pero o parrafo máis aclaratorio é o seguinte: “La explicación del delegado despejó las dudas de los vecinos sobre una posible reubicación en Padriñán del poblado de Poio. “Nos dijo que eso no era viable, que las viviendas se construirán en un periodo de 10 años y que Poio tiene que tener resuelto el problema mucho antes. Los vecinos no tienen problemas con los gitanos, lo que no queremos es que se traslade aquí el problema de drogas que conlleva O Vao”. ” Esto deixa en evidencía moitas das faladorías que puidemos escoitar estes días e de fondo un problema racista co cal se intentaba incitar as masas para que protestasen.

Polo tanto lendo todo o que se publicou estes días estas son as miñas conclusións:

* Sanxenxo necesita vivenda a un prezo razoable.

  • O concello oculta información os veciños ata que estes demandan información.

  • A famosa expropiación non é tal como nola quixeron vender.

  • Padriñán é tan boa zona como pode ser Nantes, Vilalonga ou Noalla, entre outras.


E sobre todo quero recalcar unha frase que lin hoxe na prensa e na que estou totalmente dacordo: « Sanxenxo lonxe de preocuparse por construir vivienda protexida, subastaron o solo de titularidade municipal que debía ter sido destinado a este tipo de vivenda».

¿Cales son as vosas conclusións? ¿VPO si ou non?


lunes, 1 de diciembre de 2008

Guetos pudientes si, guetos para os mozos de Sanxenxo non


Din que no Nadal a xente se volve máis compracente e altruísta pois esto mesmo parece que esta a suceder en Sanxenxo: máis compracentes coas malas mañas, máis compracentes cos de sempre, máis compracentes e obedientes aos intereses particulares.

Recordo cando xustificaron a creación de Insula pola necesidade de vivendas para mozos e había máis de 600 solicitantes, pasados os anos estou moi contenta:

  • Insula creou unha chea de vivendas e os mozos non se marchan a outros concellos.

  • Os promotores adican o 10% a vivenda con algún tipo de protección, igualiño que Telmo fai en Navia (Vigo).

  • Os cobradores dos cazos xa non se pasan tanto polas obras e os sobreprezos xa son cousa do pasado.

  • O fin podemos dicir que o soldo do concelleiro de urbanismo valeu para algo.

  • Pero do que máis me aledo e que por fin os salvapatrias de turno XA SON HISTORIA.


Falan de que a Consellería de Vivenda vai facer un Gueto en Padriñán e para iso montan unha plataforma dirixida e encabeza polos mesmos de sempre, polos mesmos que nos levaron os veciños de Sanxenxo a pagar un enlace a un POLÍGONO PRIVADO por partida dobre é mellor que veñan grandes promotores a construír vivendas a prezos desorbitados pero claro iso como é gueto de luxo non dicimos nada, porque digo eu: os SU tamén serán guetos, pero guetos para persoas pudientes e que non vai ser que Sanxenxo deixe de ser elitista ou será que os de Nantes queren que se faga en Nantes porque o que non ten lóxica e convocar os donos de terreos de Padriñán en Nantes, ah será porque en Sanxenxo os numerosos locais públicos estaban ocupados polas numerosas actividades do concello. E digo eu ¿si Vivenda construise en Nantes nuns terreos sen valor farían a mesma plataforma? ¿acaso todo esto é porque nesa zona se prevee un desenrolo privado con maiores beneficios?

Magoa me dou ver como en Sanxenxo ese 10% que correspondía a VPO foi vendido claro será porque un veciño de Noalla non ten a suficiente clase para vivir en Monte Faro ou que os de Dorrón non estan a altura dos que van mercar segunda residencia en Festiñanzo e logo non somos racistas e non queremos guetos. Mentras aquí Telmo e agora Catalina eximen os promotores dese 10% logo andamos detrás de cada adxudicación que saca Vivenda e como no caso de Navia sobrevaloramos o valor do piso en negro pero tendo en conta que o de “en negro” debe estar de moda agora saen aspirantes a ser o novo OBAMA de Sanxenxo.

Pero o máis irrisorio de todo e ver como os “veciños” piden que vivenda negocie cos promotores que teñen pisos baleiros e así que eses son os que salgan a concurso público: mirade queridos “veciños” xa esta ben de mirar polos promotores que a costa dos nosos soldos se puxeron as botas, si tan preocupados están que poñan os pisos a prezo de mercado real e non a prezos da Rúa Serrano de Madrid, que bonito era cando se vendía os de fora e se enchían os petos en menos de nada, ¿algunha vez se preocuparon polos mozos de Sanxenxo? ¿algunha vez intentaron por medios para que os veciños de Sanxenxo poidesemos ter a posibilidade de mercar en Sanxenxo a un prezo razoable? Entón a que ben agora saír en defensa e crear plataformas, non recordo ver unha plataforma en defensa do gueto da Granxa, ou do gueto de Major, ou do gueto de Bordóns.

Patético me parece ver como o pouco o que podemos chegar e se nos pode ofrecer sublevámonos contra elo, pero logo van os fillos ou netos solicitar un piso con algún tipo de protección porque o resto non podemos chegar a eles. O problema é que en Sanxenxo non hai Poceros senón ESPECULADORES, estomagos agradecidos.

Vergoña lle debería dar a moitos entrar en certas cuestións politizadas sen valorar os beneficios que poidan xerar, vergoña me daría ser a causante de que os meus primos se vaian vivir a Barrantes, a Dena, a Poio ou a Navia porque aquí o único que sabemos facer é mirar para os petos e ser marionetas nas mans dos mesmos.

Que máis da MEXAN POR NOS E SEGUIREMOS DICINDO QUE CHOVE. Parece que TODO VALE


martes, 25 de noviembre de 2008

A VACA XA NON TEN MAIS LEITE

Este artigo foime enviado por O Con, pareceme un tema moi interesante. Aquí volo deixo para que poidades opinar.


Afeitos a beber leite do tetabrik sen reparar que a súa orixe estaba no ubre da vaca , agora dinnos que o leite non vén do cartón de plástico e que a vaca ten so catro tetos e escasean os pastos. O goberno trata de aliviar o problema concedendo axudas ás multinacionais do tetabrik.

Nunca houbo desgracia na que xente rica e espelida non lle sacase proveito económico (recordo certos comportamentos na crise do Prestige).

No día a día observamos con estupor como os cartos públicos van parar ós bancos e grandes empresas e fannos crer que esta é a única solución para sair desta crise. É dicir, os culpables da situación de expansión ou especulación desaforada aparecen como víctimas e volven a encher o seu saco coa anuencia dos partidos políticos (pp e psoe) e resignación da sacrificada cidadanía contribuínte.

Tamén teño que dicir que neste país inda hai xente que nos engatusa con aquelo de que a forma de axudar ós pobres é dándolle aos ricos. Eu, resístome a recoller as migallas que lle sobran ou deixan outros.

Nesta esquizofrenia, os señores Louzán e Crespo de Lalín, aproveitan para pedir máis cartos para os Concellos, co pretexto das dificultades para pagar as nóminas dos funcionarios no vindeiro ano, dando por certo aquel dito de “a río revolto gañancia de pescadores”.

Estes señores decatáronse de que a vaca non ten máis leite e o que produce non chega para manter a todos. A min de pequeno sempre me enseñaron a vivir dentro das miñas posibilidades sen estirar máis a man que a manta, se non quería pasar frío.

Na época de vacas gordas, de bonanza e expansión, tamén de especulación, o Concello adicóuse a gastar e muxir da ubre como se fose unha fonte inesgotable de recursos (grandes soldos para todos concelleiros- obras sen sentido, coma un Concello novo que non sirve para ter todas as dependencias administrativas, e logo temos que alugar outros locales a prezos tamén desorbitados. Non se priorizou no gasto e marcáronse inmobles que hoxe están en ruinas e abandoados por falla de recursos para o seu mantemento. Creación de múltiples sociedades con Administradores, Xerentes e Asesores, con difícil xustificación. Excesiva contratación de persoal de confianza para dar emprego moitas veces a compromisos do partido (secretarias, prensa, asesores…etc). Festas, romarías, xantares, ceas e fogos de artificio a escacha. Tampouco podemos esquecer políticas de confrontación con outras institucións en lugar de convenios para aliviar certos costes, como por ejemplo no Centro do Día e na educación pre-escolar.

Agora decatáronse que gastaban por enriba das posibilidades, os ingresos ordinarios non son suficientes para manter este novo estilo de vida, e a vaca xa non dá máis leite.

Neste dislate aparecen os imitadores dos G-20, Sres.Louzán e Crespo, pedindo unha inxección de diñeiro para os Concellos, culpables únicos desta situación de gasto desaforado, utilizando as nóminas dos funcionarios como argumento para mostrarse vítimas e sacar rendemento económico, con cargo aos contribuintes.

E, de inxectárselle diñeiro ós Concellos serviría para gastalo do mesmo xeito, e dentro dun ano voltariamos á mesma situación.

Ata agora as medidas de inxectar diñeiro non valeron para nada se non van acompañadas doutras para conter o gasto, e investir en producir


Pero estamos tan ocupados maquinando cómo facer máis cartos (para nos e os nosos secuaces), que non atinamos a descubrir novas formas de equilibrio orzamentario que beneficien a toda a cidadanía.


E os pobres veciños, tan sumisos eles, ata son capaces de crer o que lles din, e sentir mágoa polos pobres mandamases.


O Con

sábado, 22 de noviembre de 2008

Fotos denuncia




Estrease a nova sección do blog: A FOTO DENUNCIA

Para a súa estrea estas fotos recibidas onte, que foron sacadas onte a maña diante do concello según me contan no mail.

E a pregunta que fan é a seguinte: ¿que prima a accesibilidade dos minusvalidos ou o dispositivo de seguridade por unha manifestación?

porque sempre queda aparcar na rampa que sube po concello ou noutras zonas.

lunes, 17 de noviembre de 2008

A realidade do centro de día

Preme na imaxe para ver en grande

Esta claro que os velliños so contan na época electoral cando fan falta os votos e van candidatos populares a darlles biquiños e agora por fin descóbrese que o servizo do Centro de día é un escándalo e a esta hora todos os que viron TELESALNES non deben dar creto o que escoitaron porque ¿como se sentiran as persoas que teñen alí os seus maiores e se enteran desto?

Nos últimos días faltaron suministros de comida e os provedores deixaron de levar provisión e os vellos se lles dou a mesma comida durante varios días, logo seica falta persoal porque non cobren as baixas, falta o terapeuta e as pobres empregradas intentan que os vellos non se vexan perxudicados por esta situación ¿cal é o tipo de servizos que se ofrece?

O que pasa é que se quere abarcar todo e cando non se da pa máis pasa o que pasa, todos os usuarios pagan unha cota por estar alí e a maioría teñen as facultades mentais mermadas co cal non son conscientes do que pasa e ata o de agora esto estábase levando moi oculto. Pódese sentir orgullosa señora alcaldesa do que esta a suceder en dito centro.

E todo esto deriva por falta de CARTOS, e logo presumimos de ter os mellores servizos sociais da comarca. Vergoña me daría estar a cobrar un soldo que non me corresponde cando persoas maiores están a sufrir penurias alimentarias e sanitarias e logo aireamos que temos un CENTRO DE DIA MUNICIPAL, pois si é municipal os únicos responsables do que sucede alí e a persoa responsable da política social, e dicir, a alcaldesa. ¿De que presuminos entón? de que mentres uns comen pasta 3 días seguidos outros van o Ritz

Se o final a culpa de todo o teran os propios usuarios por ter diabetes, tomar sintrom, ..., mentres que as verdadeiras responsables seguen tan anchas. Agora entendo porque non se convocou nunca a Comisión de seguimento non se fora a descubrir as carencias, espero que haxa unha investigación a fondo e que se tomen as medidas oportunas.

Veremos maña o que di a alcaldesa, porque a min non me vale que diga que lle pagou a empresa concesionaria senón se vixia o cumprimento do contrato, e que aquí como estan acostumados a cobrar e non facer nada logo topámonos con cousas así. " ó tempo que achegaron ós medios de comunicación os xustificantes de pago á empresa concesionaria do Centro de Día do que vai de ano por valor de case 437.000 euros." ¿é cando foi pagado esto? ¿hoxe? ¿o sabado? ¿a semán pasada? porque o xustificante non é a fotocopia dun pagaré senon o extracto bancario no cal consta que ese importe foi retirado pola concesionaria, que todos sabemos xeitos de xustificación sen ser tal. Isto é conto de sempre pagase e non se vixía inda que me da que saldran máis cousas a luz pública e senón tempo o tempo.

Hai uns meses houbo un incendio no centro de día e os velliños foron evacuados polo persoal como poideron, moitos deles foron sacados a rúa en sillas de oficina porque as sillas de rodas non chegaban, o centro de día non tiña previsto un plan de evacuación nin de incendios e menos mal que os bombeiros estan a 3 minutos de alí, os usuarios foron sentados nas aceras e por onde os puideron por e algúns familiares enteraronse días despois.

Esta claro que a xestión do centro de día é NULA


viernes, 14 de noviembre de 2008

Pouco a pouco quedara todo o descuberto

Esta claro que o tempo é sabio e cando se fai unha política sen base, sen planificación e improvisando acabase por descubrir.

Hai uns días enterabamonos que o concello ía arranxar un par de espazos para habilitar comedores en dous colexios cando no pleno de setembro a concelleira de educación, Paz, dicía respecto a unha moción presentada por Sandra Fdez., do BNG, que esta medida era so un “panfleto” e votando en contra da moción, dous meses despois vemos como recua e se atribúe o mérito, pero haille que recordar que os arranxos dos coles lles corresponde o concello, que a súa labor e a de negociar con outras administracións: CONSEGUIR CONVENIOS, para acadar axudas para ofrecer servizos os veciños porque é moi doado deixalo todo nas mans das ANPAS.


«Ano a ano intentamos mellorar e ofrecer novas actividades co fin de colaborar no proceso educativo dos nenos e nenas do Concello», di a concelleira.

Esta claro que despois de 5 anos levando esta área nos sorprenda en novembro co programa de actividades para este curso escolar, Paz que os nenos levan no cole dende setembro, que case acaba o primeiro trimestre escolar e presentan dito programa que apenas ten novidades, esto faise no mes de setembro, e que os pais como teñamos que esperar a novembro para coñecer como é o programa escolar esta claro que a política educacional do concello é nula e ineficaz. Pero a ver se grazas as iniciativas do BNG comeza a preocuparse e a gañarse o soldo pero eso si, que deixe de ser de maneira improvisada que logo pasa factura e esperemos que a oposición siga reclamando estes servizos. Non me sorprendería nada que a principios de ano nos sorprendera coa iniciativa das aulas de espera, pero porque a oposición e as nais o solicitamos e xa veremos como o venderan como o gran descubrimento deste goberno.

Hai un dito que di que: cando sexas pais comeras ovos, pois é unha mágoa que para darse conta do que sucede no concello haxa que ter un neno escolarizado.

So fai falta ver a foto que sae na Voz de Galicia do pabellón do cole da Florida que máis que un pabellón de deporte parece un galiñeiro, iso é imaxe de calidade educacional do concello.

Por iso deixa de pensar nas eleccións autonómicas e céntrate máis no concello, inda que a promoción esta sendo unha carreira de fondo hai outra xente que esta por riba, o cupo de parlamentarios desta comarca xa ten persoas asignadas hai moito tempo por iso andas nerviosa e non é nada bo que se descubra que a liña a seguir e pura e dura IMPROVISACION.


jueves, 6 de noviembre de 2008

Austeridade

Las luces navideñas se incluyen, pues, en el plan de austeridad que el Gobierno local aplicará para tratar de minimizar los efectos de la crisis económica. “Rebaixaremos as contías de todos aqueles acontecementos que non teñen unha incidencia directa nas prestacións aos veciños, como os festexos e eventos, co fin de preservar o nivel de servizos fundamentais, como os sociais, educativos e formativos, dos que gozan os veciños deste concello”, argumentó la alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González.” ¿festexos e eventos? ¿de cales?

Gustaríame saber cal é o PLAN DE AUSTERIDADE do concello, coñecer onde se van producir os recortes de gastos, esta moi ben reducir o gasto de luces dos 91.116,84 euros do 2007 ós 29.896,68 euros deste ano. Inda que tamén avisan que “La concejalía que dirige Paz Lago será, pues, una de las más afectadas por este recorte, aunque tal y como aseguró la edila, continuará el apoyo a los colectivos, tanto del ámbito cultural como educativo, y en general a todos los vecinos, “adaptando o apoio aos recursos dispoñibles, para que este difícil momento repercuta o menos posible nas iniciativas veciñais”. Por iso hoxe a maña xa estaban firmando os cheques e que isto de saír na prensa por falta de pago non che é boa prensa.

Os gastos de representación ¿estarán incluidos nese plan? Máis que nada porque o mellor para o ano en vez de ir o Ritz terán que irche a un loureiro, non terán manteis de fio pero seguro que os madrileños o agradecen máis por ser máis “ Galician Typical Papeo”.

Xa dicía Lincoln que “a demagoxia é a capacidade das ideas menores con palabras maiores” pero en Sanxenxo xa estamos acostumados a que as palabras as leve o vento.

jueves, 30 de octubre de 2008

Menos portugueses nas praias galegas

Mirando a páxina web do CETS topeime cunha noticia realmente curiosa que fala da ocupación hoteleira dos visitantes portugueses en Sanxenxo: ”Sanxenxo, um destino que virou moda entre os lusos nos anos 90 por causa das suas praias, gastronomia e movida nocturna, ressentiu-se de tal forma da acentuada quebra, que os hoteleiros, acreditando que o Norte de Portugal está mergulhado numa profunda crise, desinvestiram por completo na promoção turística do lado de cá da fronteira. Nos hotéis, parques de campismo, restaurantes, lojas, ruas e praias, ainda se nota a presença portuguesa, mas a realidade é só uma: nas praias galegas, já não se ouve falar Português com a mesma frequência. ” nesa noticia recoñecese que na actualidade non é asi: “"Há uns anos, nos finais dos anos 90, inícios de 2000, eram tantos os portugueses, principalmente na segunda quinzena de Agosto, que não sabíamos onde estávamos, se em Sanxenxo ou se num local qualquer de Portugal. Era normal a avalanche. Hoje não há", desabafa Francisco Gonzalez, líder do Consórcio de Empresários Turísticos de Sanxenxo (CETS), referindo que, para o período de maior afluência deste ano, a expectativa permanece baixa.

Polo tanto me pregunto eu ¿porque non promocionan Sanxenxo en Portugal? Este verán foi o verán que menos portugueses se viron por Sanxenxo ¿a concellalía de Turismo douse conta? Claro logo asistimos a feiras que repercuten un 0,18% nas estadísticas de ocupación.

miércoles, 29 de octubre de 2008

Outra Ollada


Hoxe quero facerme eco desta actividade que me achegaron por mail onte “Outra Ollada” pois é unha actividade con vistas a potenciar a oferta turística en outono coñecendo as posibilidades que oferta o noso concello é de forma gratuíta. Na web da asociación aparece toda a información www.arelasdeaquelar.com


O que se pode observar é que é unha actividade gratuíta, cousa de agradecer nos tempos de crisis que corren e unha oferta formativa para todolas idades.

Hoxe no diario de Arousa aparece o seguinte: “desde el Gobierno de Sanxenxo “facemos un traballo serio e responsable cuxa remuneración é a necesaria para desempeñar os cargos que se ostentan”, concluyeron. “ As veces non fai falla ir a feiras nin facer grandes inversións primeiro comecemos coñecendo o que pusuimos para poder venderllo o que nos visitan. As veces as pequenas accións gratuítas surten máis efecto cas grandes ceremonias que so conlevan gastos as arcas do concello.



martes, 28 de octubre de 2008

Ceminterio SI

Parece que as cousas se van aclarando o menos o que respecta o cemiterio de Dorrón pois o xuíz anulou as licenzas dos chalés próximos a dito camposanto. Agora Sanidade procederá a conceder o permiso de ocupación sempre tendo en conta que cabe recurso de apelación contra dita sentencia.

Agora falta ver os pasos que van dar as promotoras dos chalés e de si vai a haber novos contenciosos. Ai, foi vir Farruco saír na Galega e sentencia na man.


Agora o tema dos mortos parece que esta solventado pero o dos médicos ¿para cando?

viernes, 24 de octubre de 2008

INDIGNANTE

Hoxe quero falar dun tema que me preocupa e bastante: A SITUACION DA ATENCION PRIMARIA EN BALTAR.

En Baltar hai 13 médicos dos cales 7 de baixa e de folga, ¿FOLGA? Ti pides a túa cita para receitas ou por enfermidade e cha dan sen problema e logo chegas alí e topas un cartel na porta da consulta que pon: ESTOU DE FOLGA E SO ATENDO AS CONSULTAS QUE CREO QUE SON URXENCIAS, e podes pasarte alí toda a maña e nin un médico se digna a preguntar e claro logo fan campañas polo BO TRATO.

Haber non somos un número nunha lista de consultas diarias, nin un número nunha lista de espera, SOMOS PERSOAS non gando, as enfermidades non teñen unha data de aparición nin nada polo estilo, hai persoas que toman medicamentos vitais para a súa saúde: problemas de corazón, de circulación, alerxias, asma,...., e che din que volvas outro día que iso non é urxente. E non vaias por urxencias que che din: ¿NON PUDO IR O SEU MEDICO DE CABECEIRA? E danche gañas de dicirlle: si ir fun pero estar non estaba, e que de verdade xa non sabes si te están vacilando ou cho din como eu digo bos días por costume o cruzarme cunha persoa.

Dende aquí quero saber ¿que medidas se estan tomando o respecto? tanta baixa xunta non é normal, e logo a folga ¿que reclaman? O menos poñédevos na porta a explicar o que demandades que para vervos sentados na consulta xa o estades moi a miúdo.
O concello tamén debería estar mirando polo tema, ¿quen é o responsable desta area ?, que mova o cu dunha vez que médicos non hai e logo saíran na foto cos da deputación dicindo que Montecelo esta saturado, normal, que somos veciños e pagamos impostos e si hai que ir a Santiago a petarlle na porta a conselleira de Sanidade vaise. Logo o PSOE local ¿onde están? Esta é unha competencia socialista, moito sintrom moita leria e levamos unha semana de baixas e de folgas e pola pinta deus sabe cando acabara. E por último a consellería de Sanidade e o delegado provincial tomen cartas no asunto porque os usuarios de Baltar tamén MERECEMOS UN BO TRATO, que así como temos obrigas tamén temos dereitos.

Así que amigos e amigas en Sanxenxo non podemos nin enfermar nin morrer: nin médicos nin cemiterio, viviremos eternamente, pero eternamente indignados.

martes, 21 de octubre de 2008

Desgoberno no goberno

El Ayuntamiento ha decidido realizar una investigación para conocer el índice de representación política de las mujeres en la institución municipal, especialmente a nivel de concejalías, entidades y órganos autónomos. “ Este parrafo esta sacado hoxe da Voz de Galicia.

Todo isto deriva porque o concello saca o II Plan de Igualdade de oportunidades, vamos que xa houbo un primer plan de igualdade que quedou la mar de bonito no papel porque non se viron resultados, agora aparecen cun segundo plan e din que fan facer unha investigación ¿acaso non coñecen os empregados que hai no concello? Pero claro a min dáme que todo isto deciden facelo a raíz da denuncia feita por Sandra Fdez Agraso a concelleira do BNG pero ¿que medidas inclúe este plan?¿máis garderías, aulas de espera, comedores escolares, ...?

Pero si todo esto sirve para que no próximo tribunal de contratación estea unha funcionaria para cumprir a lei de paridade e non hai máis cambios seguirei pensando o mesmo: QUE BONITOS QUEDAN ALGUNS PLAN NO PAPEL.

Por outro lado temos a antena de telefonía de Arra na que a alcaldesa parece que descubriu as Américas ó dicir que non dara licenza porque non esta incluída no Plan de Implantación e danse conta 3 meses despois de que existe un plan que eles mesmos fixeron vamos que cada día deixan máis claro que descoñecen o PXOM que eles mesmos redactaron nin o concelleiro de Urbanismo ten idea do que ten entre mans e menos o xerente porque senón se pode dar licenza iso deberianno saber dende que se presenta a solicitude de licenza pero claro SI COLA COLA. Se miramos os pasos dados:

04/07/08. Solicitude de licencia de actividade.

28/07/08. Resolución que admite a trámite la solicitude.

11/08/08. Certificación catastral de los colindantes.

Desde este momento xa deberían saber que a antena non estaba incluída no Plan de Implantación ¿entón para que seguiron co expediente? Ou ¿ descoñecían ese plan? Vamos que estamos gobernados por un desgoberno no que os veciños debemos ter os ollos ven abertos.


miércoles, 15 de octubre de 2008

¿Merecemos tanto?

Maña parece que o fin comenzase a dar as licenzas para o polígono pois o concello xa non se pode permitir a perda de máis empresas e o mesmo tempo esas licenzas son unha entrada de cartiños nas arcas, pero tamén deberían apurar a empresa urbanizadora a que corrixa as deficiencias que existen no polígono e non deixar que os meses pasen e pasen sen máis.

Pero eu so sei que estamos a 15 de Outubro é do prometido para este ano so esta Punta Vicaño e a praza da Adina

* ¿onde estan as garderías de Baltar e Vilalonga?

* ¿onde esta a estrada do polígono a Vilalonga? (e para iso que se presumiu de convenio coa deputación)

* ¿onde esta recuperación do litoral?

* ¿onde estan as beirarrúas de Noalla ata o Telleiro?

* ¿onde esta o arranxo do Pazo de Quintáns, do Priorato ou da casa de San Fernando?

* ¿onde estan as instalacións solares nos edificios públicos?

* E a gran incógnita INSULA ¿para que se pagan 3 soldos e un local senón hai movemento?

E así podería seguir preguntando pero a verdade que obteño a mesma resposta que si lle preguntase a unha parede pero o 15 de Outubro do 2009 fareime as mesmas dúbidas, pero os parvos de sempre seguiremos pagando ata por ir buscar o certificado de empadroamento.




miércoles, 8 de octubre de 2008

Todo por unha placa

Onte recibín unhas fotos por mail para que as publicase no blog cunha pequena descrición da situación.

As veces parece que os que gobernan teñen que facer algunha obra solo para alimentar o seu ego e cando miren atrás poidan dicir: ESO TEMOLO GRACIAS A MIN. En Sanxenxo temos unha obra que foi inaugurada e so usada para un par de actos, a impulsora desta obra foi a concelleira de Cultura que tanto se encarga de recordar tratase da Telleira en Vilalonga pero inda que queda preto da súa casa non debe ir por alí nunca porque o estado no que se atopa é lamentable. Hai uns indicadores que nos indican que hai un Centro de Interpretación da Natureza e como se pode comprobar si que hai natureza abondo: as herbas empezan a cubrir a cheminea, a porta de servizo, o entorno, hai unha arqueta cun buraco o que calquera neno pode sacar a tapa,.., pero a obra esta feita.

Si hai cartos neste concello para facer obras faraónicas pero non para o seu mantemento pero o importante é poder dicir: FIXOSE GRAZAS A MIÑA XESTION, pero non hai cartos para por un monitor para as Aulas de Despertar nos coles, as actividades extraescolares son de pago incluso a tan laureada ludoteca que costa sobre uns 17€/ano por neno (na meirande parte dos colexios da comarca do Salnés son gratuítos), e agora me diredes que é un cantidade irrisoria a que hai que pagar pois o mellor cantidades irrisorias poderían permitirnos ter plan madruga e comedores escolares nos colexios, pero claro quen se vai a recordar que no 2008 unha mocion do BNG para que os colexios teñan comedor e aulas de espera foi rexeitada de maneira taxante polo PP, pero claro, é normal, xa se sabe que eses servizos non levan placa conmemorativa , pero a Telleira vende máis inda que estea abandoada.

Esperemos que pasen os operarios de servizos a segar a herba e lle dean uso a Telleira inda que so sexa para deixar de pagar alquileres polo concello adiante.




lunes, 6 de octubre de 2008

Sentimonos observados

Teño a manía de comezar a ler os periódicos sempre pola páxina de Sanxenxo e logo xa continua co resto e sempre procuro facelo a primeira hora por iso ter que ler certos titulares ou mesmo o que se di nalgunhas entrevistas conseguen que o desaiuno se che trabe.

En Sanxenxo necesitase unha depuradora porque co incremento de vivendas que se estan a facer en Dorrón, as que temos actualmente no Concello son insuficientes, non me vale a escusa de que os de Poio nos queren mandar as fecais para Sanxenxo pois temos que recordar que Sanxenxo tamén manda as fecais a Meaño. Pero o que si me molesta que meses despois de que se comprometeron a buscarlle unha solución o tema seguimos igual: “En Sanxenxo se garda silencio, quizás porque discrepan de la ubicación de la depuradora. ””El titular de Medio Ambiente reprocha a los alcaldes el no haber puesto a disposición de la Xunta ni un metro cuadrado de terrenos para el paseo ni tampoco avanzado nada en la disponibilidad de las parcelas de las depuradoras. ” Pero logo pagaremos multas por verter a ría e por contaminación. Claro logo queixámonos de que os proxectos van lentos porque a Xunta os mira con lupa, agora que tamén se pide entrevista co conselleiro de Medio Ambiente e non a recibe ben se pode espabilar dito conselleiro e recibila porque sen falar e debater os proxectos non se avanzar. Fala sobre o Revel e sorprendeunos coa nova de que quere facer un pequeno desvio dun regato, sinceramente espero que Augas de Galicia llo denegue, xa esta ben de canalizar regatos, de desvialos, de obrar en humedais, ..., XA ESTA BEN DE MALTRATAR OS ESPAZOS NATURAIS logo co tempo chegaran as enchentes, a auga buscará o seu cauce natural e levara por diante o que atope o seu paso. Todo esto sucede por facer os proxectos sen antes estudar o terreo logo topámonos que onde pensaban facer un centro-sociocultural case mellor facer unha piscina e onde pensaban facer pisos de VP Municipal hai problemas de humidades tamén.
Logo lemos que segun a axencia europea de Medio Ambiente a nosa costa é das máis vulnerábeis ante o cambio climático pero que máis da mentres poidamos abrir as fiestras e contemplar a ría de Pontevedra dende Os Cotos ou dende Festiñanzo, e que esas vistas non teñen prezo.
Da igual, en Sanxenxo VAI TODO BEN: “Realmente no se notó casi nada este verano. Notamos muy poquito, un punto por debajo la ocupación hotelera y en los consumos. Y en el sector del comercio se mantuvo todo muy bien, puesto que el mal tiempo hizo que los turistas y vecinos realizaran más compras. Varios visitantes incluso se llevaron de aquí chándales para sus niños y otro material para el curso escolar. El verano nos vino como agua de mayo, ya que la empresas estaban empezando a notar la crisis a fondo. Julio y Agosto supuso una inyección importante para la economía local. ” Eu non sei o que notou a alcaldesa pero a maioira dos hoteis non o notaron un “poquito” sinon un “muchito” no que estou dacordo é que o comercio se mantivo so había que ver as colas dos supermercados e a cantidade de fiambre e pan que se mercaba.

Mentres non teñamos que preocuparnos pola factura trimestral do cole dos nenos, en Sanxenxo todo segue igual.

sábado, 4 de octubre de 2008

¿Preocupación? En Sanxenxo non temos ese sentimento

Levo dende onte preocupada, atopámonos en crise, chegar a fin de mes cada vez nos custa máis e sobre todo nas familias que so traballa un membro, se temos fillos que criar, se estamos coa hipoteca as costas,...., e así unha numerosa lista de penalidades.

E que dos malos tempos non se libra ninguén nin tampouco Mariano Rajoy que recibiu o recibo trimestral do colexio dos seus fillos esta PREOCUPADO.






Menos mal que ten un bo soldo, a súa muller tamén traballa, poder pagar unha niñera para que me levase os nenos o cole, poder pagar un colexio privado con programas de “aulas de espera”, comedor e ata un programa de tarde con actividades extraescolares ata que os pais rematen a xornada laboral para ir recollelos, non estar pendente da hipoteca, ter residencia habitual e outra segunda vivenda vacacional (ou máis). Claro que ter que renunciar a todo esto si que é para preocuparse ter que levar os nenos a coles públicos onde non hai comedores, nin programas madruga, depender de aboas e de que no traballo che permitan adecuar o horario co horario escolar, ¿a que en Sanxenxo esto non pasa?.

Vivir nun concello que aposta pola industria, que xenera traballo, que se preocupa de que as empresas non se vaian para outros concellos e para as de nova instalación lle facilita solo industrial, un concello no que a oferta cultural, educativa e de ocio fose pioneira e diversa, EU SI QUE NON ESTARIA PREOCUPADA.

Que inxusta é a vida cos ricos, cos que teñen posibles, cos que mandan, o pobo non debería permitir que sufran, que estean preocupados, deberíamos apretar máis o cinturón, pagar máis impostos e ata porque non facer como se facia antigamente ir traballar as leiras dos ricos, dos curas GRATIS para que non se preocupen por nada, para que poidan alimentar os herdeiros de fortuna familiar e así seguir coa estirpe.


viernes, 3 de octubre de 2008

VIPS e a impugnación.

O pleno do martes segue dando que falar e o seguira facendo durante unha boa tempada e eu hoxe quero falar dun punto que me chamou moito a atención.

Nese pleno levábase a aprobación da comisión xestora do SU17, o famoso SU da diferenza de metros e que tantas noticias xenera ultimamente.
Pero o que máis me choca neste asunto é a intención do VIPS de impugnar o acordo porque a alcaldesa lle negou o turno de replica durante o pleno pero ¿este é o motivo real? ¿é so unha escusa?

Todos sabemos que o grupo VIPS sempre vota a favor de calquera SU, si o PP vota a favor el tamén inda que non estea de acordo, recordemos o caso do incremento de custes do concello e da humanización de Portonovo non esta dacordo pero vota a favor, logo di que vota en contra da moción do BNG sobre as aulas de espera porque non a leeu (votando o mesmo co PP) e así unha serie de incongruencias cada vez máis estrafalarias, ¿como se pode non estar dacordo en algo e logo apoialo?, Acaso a línea política a seguir é a de apoiar o PP ¿por si acaso nas próximas eleccións somos chave para gobernar?

Seguir a estratexia de “o que fai a man dereita que non se entere a esquerda” a veces pode levar a contradicións cando hai que pagar custes políticos. Critica o informe realizado pola asesoría xudírica feito para o SU17 porque segun el non sería a primeira vez que un informe non é correcto pero ¿Por que o deste SU17 o quere impugnar e o resto de informes incorrectos o final acaba por aprobalos xunto co PP nos plenos? Explique os motivos, saquenos de dúbidas, todos os días sae na prensa opinando de todo aproveite e diganos porque quere impugnar este acordo pois seguramente que os veciños nos interesa máis saber o porque que leer a opinión que ten sobre o poste de tensión de Vilalonga.

Non quixera ser mal pensada pero si contemplo as alegacións que tivo dito SU e sobre todo por quen as firman venme a memoria as eleccións municipais e a campaña que fixo o VIPS, lembro como se posicionan cada promotor ata lembro os comentarios de financiamento da campaña e sumo 1+1= X e o final obteño un resultado un mesmo nome, un mesmo promotor. Claro agora saldran dicindo que difamo, que especulo, ..., pero este é un concello pequeno que case todos nos coñecemos e as unións por interese tarde ou cedo acaban por pasar factura, pero a pregunta é ¿vale gobernar a calquera prezo? O goberno de Sanxenxo basease no ladrillo pero se queremos crer nunha oposición veraz ¿non se debería aplicar o mesmo raseiro para todas as urbanizacións?

miércoles, 1 de octubre de 2008

O PP na prensa aproba, no pleno denega

Si hai uns días foi o Diario de Arousa agora topámonos coas noticias erradas do Diario de Pontevedra iso pasa por escribir adiantándose os feitos ou mesmo por facerlle caso as declaracións do grupo de goberno.

Segun dito periódico onte o PP apoiou a moción do BNG de crear un aula de espera nos colexios para así as nais e pais poidan conciliar vida laboral e vida familiar, iso si cunha condición que se incluíse un estudo para que no caso dunha aportación económica corra con ela a Consellería de Educación. Isto parece ser que era o que tiñan pensado facer a tarde pero durante o pleno rexeitaron dita moción porque non están dispostos a negociar con ningunha Consellería, total que máis da que moitas nais teñan que facer números para chegar axustar horarios e moitas veces recurrir as aboas para que lle leven os nenos o cole, pero claro a idea non é deles é por iso non gusta pero moitas nais estarían moi agradecidas.¿Por que a rexeitaron realmente? Pero sen embargo hai cartos para pagar erros en medicións, cartos para ir a Madrid a comer o Ritz (que xa falarei deste tema), cartos para todo menos para potenciar o emprego das mulleres, porque por unha ou dúas monitoras nos colexios un par de horas iso o final de ano non chegaría ó 0.15% do presuposto que ten o concello.

Hai Paz, ti como muller ben poderías entender certas necesidades e non por ter que ir falar coa Xunta rexeitamos un bo servizo, si agora intentar conseguir axudas e subvencións para servizos resulta unha incomodidade xa me dirás que sentido ten a túa labor como concellería de Educación: ¿asistir os consellos escolares (cando vas), mandar as monitoras facer actividades extraescolares e o programa Pai-fillo-nai?.E resaltar o voto en contra de VIPS porque segun el non lera a moción, pero logo non esta dacordo coa suba das obras pero vota a favor e nesta que supón un beneficio vota en contra, a min que mo expliquen. A non ser que o VIPS non teña política social e nin se molesta a ler. Hai mocións que sexan do partido que sexan deberían ser aprobadas por tódolos grupos porque son beneficiosas para os veciños e non estar pensando nas siglas e sinon que miren o que sae na Voz de Galicia, o que o PP fai na comarca en Sanxenxo fan todo o contrario.

Logo falan dunha moción do PP que como xa eran as 12:30 non se leu nin se votou, pero segun o Diario aprobouse cos votos do PP. Dame que así quedaban ben cos veciños que leran a prensa pero esta vez erraron no tiro pois os veciños cada día demandamos máis información veraz e espero que colguen pronto a acta do pleno para que a poidamos ler con calma.

E non podo deixar atrás o golpe de efecto do PSOE anunciando que van levar a aprobación do incremento do importe das obras da casa do concello e da humanización de Portonovo ante o fiscal anticorrupción ¿ameaza ou realidade?¿fume ou brasas?

martes, 30 de septiembre de 2008

Que mal se mide no concello

Levo uns días dándolle voltas o tema da obra da Casa Consistorial, o incremento do importe vaise levar hoxe o pleno, nada máis nin nada menos que 278.323,76 € ( é despois non hai cartos para obras). Na web do concello di o seguinte: “Esta corrección ha sido motivo de un pormenorizado estudio por parte de los técnicos municipais y el director de obra, dada la complejidad de la ejecución de la planta subterránea, que acoge el Archivo Municipal, así como la premura que se exigió a la empresa constructora ante la necesidad de que Sanxenxo contara con las instalaciones municipales actuales cuanto antes. “ entón as preguntas son as seguintes ¿primeiro adxudican a obra e logo fan o estudo da mesma?¿que técnicos municipais temos que cando presentan o proxecto non o fan con todos os estudos? ¿”premura”? Ah, claro a obra tiña que ser inaugurada por Telmo antes de marchar, pois si tiña presa que houbese pagado el a diferenza.

Pero quizais o máis raro nisto é que esa diferenza é coñecida a lo menos dende o 2006 que é cando foi feita a obra e nos presupostos do 2007 e 2008 non aparece dito incremento ¿o construtor inda esta sen cobrar?¿porque ocultaron este incremento? Esto chéirame mal, os erros deben pagalos os que os cometen e non os veciños porque con eses cartiños ben podían facer algo máis útil e non andar a facer obras e logo andar a pagar alquileres.

Pero de que me vou estranar se logo vexo que a obra de humanización de Portonovo se incrementa en 581.096,97€ porque segun a web do concello “permitirá que las 33 calles previstas inicialmente sean rematadas en su totalidad corrigiendo las deficiencias de mediciones en pavimentos y canalizaciones de alcantarillado y suministro de agua detectadas durante el desarrollo de la obra y sin las cuales no sería posible poner fin a la actuación en condiciones óptimas ” se eles mesmos o din CORREXIR AS DEFICENCIAS DE MEDICIÓNS, ou miden cun metro de menos centímetros ou a min que mo expliquen porque si tódalas obras se van a medir mal ¿para que se miden?¿para que se fan presupostos? E o máis grave é que se adxudican obras sen ter coñecemento do que estan adxudicando, o que hai é que facer máis traballo de campo e menos traballo de despacho, máis mover o cu e estudar as características do solo, a realidade do lugar, ter claro o que se quere facer, ter un bo plan de necesidades e non coller un mapa e dar unha volta polo sitio e tirar millas para adiante co proxecto, porque con eses 581.096,97 € poderíase construír a gardería de Baltar ou cubrir calquera outra necesidade.

E menos mal que non hai mala intención nin mala fe, segun o interventor, que se chega a habela deus nos colla confesados, pero tampouco hai tramitación previa do modificado nin se dou contas ao Consello de Contas de Galicia. Cada día vamos de mal en peor, so pensar no concello e cada día me recorda máis aquel cómic chamado 13 Rue del Percebe de Ibañez porque visto o visto calquera cousa pode pasar, eso si os RESPONSABLES SEMPRE SAEN DE ROSITAS.

miércoles, 24 de septiembre de 2008

Con tanto fume, afumaremos os chorizos

O fin unha boa nova na que os 3 partidos, que conforman o parlamento galego, chegan a un acordo: “PSOE, PP y BNG exigen que los concellos que no brindan cuentas sean excluidos de las subvenciones"

O deputado do PP di que “ninguén dúbida de que os concellos deben explicar os gastos porque é un elemento fundamental na credibilidade democrática e que os que incumpren este tramite e por vontade política” entón por iso esperemos que Sanxenxo presente o informe do ano 2006 no prazo legal e así que poida ser auditado e saber si hai erros.

Con esta medida pretendese que aqueles que non cumpran con este tramite non se lles concedan subvención autonómicas, cousa coa que estou totalmente dacordo, pero xa estou vendo a Catalina poñendo o grito no ceo si se lle pasa o prazo de presentación dicindo que a Xunta esta en contra de Sanxenxo, que isto solo é para prexudicar o concello pero seguro que non dará as explicacións de porque eses informes están sen entregar, ¿acaso quedara gardado nun caixón como o informe ISA do Rebel? Pero hai que recordarlle que a iniciativa é apoiada polo seu propio partido.

Mentres teñamos axuda da deputación vamos ben pero maña na prensa Jose Manuel Figueroa sae dicindo que 62 concellos da provincia lle deben cartos a deputación por obras por valor de 3 millóns de euros por obras ¿Sanxenxo débelle cartos a deputación? Non sei porque pero creo que o do aparcamento de Luis Rocafort é fume electoral, poñerán o cartel como o da gardería de Vilalonga, e que dende que o chapapote xa non recada votos inventaron os carteis anunciadores de obras pero as obras nunca se ven a avenida Luis Rocafort leva máis de 8 anos sen arranxar producíndose diversos incidentes nela e sen que a deputación tomase medidas ¿teñen medo a perda de votos? e claro toman medidas anunciadoras pero isto inda será para longo porque entre adxudicacións, estudos, permisos, expropiacións, etc , temos obra para longo.


martes, 16 de septiembre de 2008

O concello gañou unha batalla pero non a guerra

Hoxe temos novo capítulo do TSXG no que rechaza as medidas cautelares que a Consellería de Medio Ambiente interpuxo contra o SU de Major, isto significa que o contencioso segue adiante pero as empresas que xestión o SU poden seguir adiante coa urbanización.

Curiosamente o Plan Parcial deste SU foi aprobado nun pleno extraordinario horas antes de que entrase en vigor a Lei do Litoral.

Pero faime gracia ler como o concello a pesar de non ter inda esta sentenza fala dela na prensa pero sobre a sentenza da Granxa como non é favorable din que ata que a teñan na man non emitiran opinión sobre a mesma ¿toca o gaiteiro segun lle paguen?

A suspensión das medidas cautelares non significa que o concello gañara a guerra senón que gañou unha batalla pero inda queda o resto do proceso e saber que resolve definitivamente o tribunal.

Os veciños que puideron ler o diario de Arousa poden interpretar que o tribunal sentenciou a favor do concello pero a noticia esta mal redactada pero tamén o comprendo porque seguro que inda estan baixo os efectos de ver cos seus propios ollos os fogos de artificios o día de Santa Rosalía porque deberon ser os únicos que os viron pois así o narraban no periódico o día seguinte.

A destrución do noso litoral tarde ou cedo ímolo pagar e porque a natureza é sabia.