¿Erro ou algo máis? Esta pregunta témola moitos na cabeza o ver a nova do S.U. 17 na prensa porque a sensación que causa é a que someteron o SU a aprobación inicial por si colaba inda que a diferenza de metros é moi significativa, pero isto non é de agora a diferenza de metros é coñecida pola xerencia de urbanismo hai moito tempo a non ser que non revisen a documentación:
- No BOP do 20/03/03 aparece por parte de Fernando Lafuente Lestón a solicitude de compromiso de urbanización do SU 17 con nº de rexistro de entrada do concello 1126/2003.
O SU 17 ten unha superficie de 29.736 m2 dos cales 11.894m2 se destinan a construción de vivenda.
Nas normas urbanísticas do PXOM figura o seguinte apartado: 1.5.—Modificación
1.—As modificacións de calquera dos elementos dos plans, proxectos, normas e ordenanzas suxeitaranse ás mesmas disposicións que rexen para a súa tramitación e aprobación, con exclusión da formulación do avance, sen prexuízo do disposto no artigo 52 da Lei do Solo de Galicia.
2. Cando a modificación tenda a incrementa-la intensidade do uso dunha zona, requirirase par aprobala a previsión dos maiores espazos libres, dotacións e equipamentos que requira a actuación proposta.
(...)
5.—Se a modificación dos plans afectase ó uso urbanístico das zonas verdes ou espazos libres previsto non plan, deberá ser aprobada con informe previo favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.
¿A máis terreo máis metros para o concello? Si e así ¿vanse adicar a zonas verdes?¿solicitouse o informe previo?¿déronse os pasos necesarios para a ampliación de metros?
- No apartado 2.2.1 do PXOM figura o seguinte punto: 2.— Os Plans Parciais desenrolarán de forma integral os ámbitos territoriais correspondentes a sectores unitarios de solo urbanizable, sinalando a súa ordenación detallada e completa con suxeición ó establecido para cada un deles polo Plan Xeral, de modo que sexa posible a súa execución mediante os sistemas de actuación e proxectos de urbanización que procedan.
Se mal non entendo di que o plan parcial esta suxeito o que se presentou no Plan Xeral e si no plan Xeral aparecen 29.736 m2 e na aprobación do plan parcial figuran 48.264 m2 ¿cando se fixo a modificación do Plan Xeral? ¿De que forma legal se aumentaron os m2 do SU? ¿o concello correspóndelle o 10% de aproveitamento dos case 30.000m2 ou dos 48.264m2?
- O 5 de marzo do 2008 a consellería de Medio Ambiente resolve que non é necesario someter a avaliación medioambiental estratéxica o SU 17 e faino en virtude dun escrito entregado o 20 de decembro do 2007 polo xerente de urbanismo do concello e no cal aparece o seguinte apartado: O ámbito deste Plan, de 48.264 m2 , é de reducidas dimensións á efectos estratéxicos. Comprende terreos lindantes co núcleo rural de Padriñán, entre as estradas Padriñán – Noalla e Padriñán – Sanxenxo. Ao Norte limitan con solo de protección forestal. Na actualidade están adicados maioritariamente a eucaliptal existindo áreas de uso agrícola e algúns carballos que serán respectados na proposta.
Como vemos aquí xa aparecen os 48.264m2 é a miña pregunta é ¿a consellería non contrastou o presentado co Plan Xeral?.
- Na memoria descritiva e xustificativa da ordenación e das suas determinacións presentadas tamén na Consellería de Medioambiente aparece o seguinte: Superficie total: 48.264m2. Composta de 12 propietarios dos cales a superficie dos Irmáns Lafuente Lestón é de 26.510m2 co que posúen o 54,927%. Aquí podedes ver dito informe: http://aae.medioambiente.xunta.es/VerArquivo.do?idd=1395
- Tamén se di que hai unha extensión de carballos que van a ser respetados e que se deixaran dentro dunha zona verde ¿será verdade?. Teremos que estar atentos.
A min con estes datos non me cadran as contas, seguriño algo máis, témome que sexa outro erro porque todo me fai chegar a esa conclusión a non ser que haxa informes que me demostren o contrario e os cales os veciños da pe inda non temos acceso. Faime graza ler no Diario de Arousa "Al parecer la presidenta de la Xerencia, Catalina González, achacó la diferencia a un error" ¿outro erro?¿presentaron mal o informe en Medio Ambiente?
Tamén non me estraña é que ler esta nova na Voz de Galicia e logo atoparse cun estudo científico da duración media dun coito case que é mellor profundizar nese estudo, si se equivocan nos minutos e resulta que aumentan seguro que non se comenten ilegalidades senón máis ben felicidade, así que responsables destes informes: equivoquense nos minutos e deixen os metros que corresponden o Plan Xeral.