Estou farta de ver como para o único que hai cartos é para pagar multas, contenciosos, escornadas contra outras administracións pero remata o ano 2008 ¿e onde estan os investimentos? Pero si hai euros para contratar máis avogados, euros para pagar enlaces cando se dixo que non se ia pagar, euros para Urbaser, euros para soldos.
Saen un día dicindo que non van por terreos para a depuradora e o día seguinte temos a nova dunha multa de 80.000 euros, que casualidade que lemos un día antes o seguinte: “el 90 % de los vertidos que llegan a la ría desde el pozo de bombeo de Raxó corresponden a Poio y por tanto “é aos seus gobernantes aos que lle teñen que reclamar unha solución, xa que a nosa xurisdicción remata no alto da Granxa”. E hoxe lemos a seguinte resposta “Desde el Concello de Sanxenxo reconocían, hace ya varios días, que el mal funcionamiento del sistema existente en esta zona desencadena en vertidos a la ría. Sin embargo puntualizaron que sólo el 10% de los que se registran corresponden a Sanxenxo, siendo el 90% de los mismos responsabilidad de Poio. ” (Diario de Arousa)
Pero o máis indignante de todo isto é que nin as súas propias mentiras saben fiar pois so basta comparar estes dous párrafos.
1- A día de hoxe, o Concello de Sanxenxo financia ao 100% a EDAR de Paxariñas e asume o 52% dos gastos da de Meaño, mentres que Poio non xestiona ningunha”, explicó Casal Moldes (web municipal)
2- Sanxenxo alegó en su día la falta de una depuradora para recoger las aguas procedentes del bombeo y afirmó que el municipio estaba gestionando la cesión de los terrenos necesarios para construir la depuradora “lo antes posible”. (Diario de Arousa)
Por iso me pregunto:
Si Poio non xestiona ningunha ¿quen xestiona ese bombeo? ¿acaso é Sanxenxo?
Si Sanxenxo verte na de Meaño ¿porque os de Poio non poden verter nunha de Dorrón?
¿Porque si alegan dicindo que van facer a cesión porque agora recuan? ¿acaso ten que ver con supostas presións dos SU que ali se estan a urbanizar?
Que se deixen xa de marear a perdiz e que se poñan a traballar, que miren polos veciños e non polo sistema xudicial que non me estrana que ande colapsado, que teñan conta das necesidades dos que vivimos en Sanxenxo todo o ano e sobre todo QUE SE GAÑEN O SOLDO DUNHA VEZ.
En moitos dos posts, notas ou artigos que habitualmente poño aquí fago referencia a necesidade dun organismo fiscalizador, pero un organismo neutral e serio, que vele polos intereses de tódolos galegos, e necesario coñecer como se xestionan os euros.
Hai uns días O País publicaba o seguinte: “ El dossier que Portos de Galicia ha enviado al organismo fiscalizador descarta, sin embargo, cuatro de las cinco irregularidades denunciadas por el Consello de Contas. Explica por ejemplo que en el caso del puerto deportivo de Ribeira se cobró en 2006 el canon correspondiente a los ejercicios de 2004 y 2005. Algo que también hizo la sociedad Nauta que explota la marina de Sanxenxo. ” esto aparece nun dossier dunha investigación que instrúe o Tribunal de Contas sobre irregularidades detectadas en Porto de Galicia durante o exercicio 2004.
Oxala esto sexa un paso para que se comece a saber como se distribúen os nosos impostos independentemente da cor coa que sexan xestionados.
Pero xa que estamos en Nadal en breve o blog si vai colgar a súa felicitación xa que en Sanxenxo nin alumeado, nin decoración nin espiritu navideño porque una cousa e aforrar e outra e non colocar unha mala luz. Espero que a felicitación deste ano vos guste tanto como a do ano pasado ¿recordadela? preme aquí para recordala.