viernes, 24 de octubre de 2008

INDIGNANTE

Hoxe quero falar dun tema que me preocupa e bastante: A SITUACION DA ATENCION PRIMARIA EN BALTAR.

En Baltar hai 13 médicos dos cales 7 de baixa e de folga, ¿FOLGA? Ti pides a túa cita para receitas ou por enfermidade e cha dan sen problema e logo chegas alí e topas un cartel na porta da consulta que pon: ESTOU DE FOLGA E SO ATENDO AS CONSULTAS QUE CREO QUE SON URXENCIAS, e podes pasarte alí toda a maña e nin un médico se digna a preguntar e claro logo fan campañas polo BO TRATO.

Haber non somos un número nunha lista de consultas diarias, nin un número nunha lista de espera, SOMOS PERSOAS non gando, as enfermidades non teñen unha data de aparición nin nada polo estilo, hai persoas que toman medicamentos vitais para a súa saúde: problemas de corazón, de circulación, alerxias, asma,...., e che din que volvas outro día que iso non é urxente. E non vaias por urxencias que che din: ¿NON PUDO IR O SEU MEDICO DE CABECEIRA? E danche gañas de dicirlle: si ir fun pero estar non estaba, e que de verdade xa non sabes si te están vacilando ou cho din como eu digo bos días por costume o cruzarme cunha persoa.

Dende aquí quero saber ¿que medidas se estan tomando o respecto? tanta baixa xunta non é normal, e logo a folga ¿que reclaman? O menos poñédevos na porta a explicar o que demandades que para vervos sentados na consulta xa o estades moi a miúdo.
O concello tamén debería estar mirando polo tema, ¿quen é o responsable desta area ?, que mova o cu dunha vez que médicos non hai e logo saíran na foto cos da deputación dicindo que Montecelo esta saturado, normal, que somos veciños e pagamos impostos e si hai que ir a Santiago a petarlle na porta a conselleira de Sanidade vaise. Logo o PSOE local ¿onde están? Esta é unha competencia socialista, moito sintrom moita leria e levamos unha semana de baixas e de folgas e pola pinta deus sabe cando acabara. E por último a consellería de Sanidade e o delegado provincial tomen cartas no asunto porque os usuarios de Baltar tamén MERECEMOS UN BO TRATO, que así como temos obrigas tamén temos dereitos.

Así que amigos e amigas en Sanxenxo non podemos nin enfermar nin morrer: nin médicos nin cemiterio, viviremos eternamente, pero eternamente indignados.