“El delegado provincial de Vivenda, Eudoxio Álvarez, aseguró ayer a los afectados por el Plan Sectorial de Padriñán que éste no se desarrollará en caso de no lograr el consenso vecinal. También afirmó que nunca se hubiese presentado si la alcaldesa de Sanxenxo hubiese hecho alguna alegación verbal a la ubicación en la reunión en la que se le presentó el proyecto, el pasado 8 de septiembre” (Diario de Arousa) Polo visto dende o 8 de setembro a Alcaldesa xa coñecía este plan e non dixo nada os veciños ata que estes lle petaron na porta a preguntar e o ver que se montaba unha revolución que mellor ocasión para aproveitar e sumarse as protestas que veñen eleccións. ¿Porque non convocou unha reunión antes para explicarlles os veciños dito plan de Vivenda? “a alcaldesa «non fixo a máis mínima alegación en contra da ubicación seleccionada», subrayaron las fuentes de Vivenda “ claro como ía a facelas sen saber antes si o galiñeiro se ía alterar ou non, porque nese momento puído ofrecer a consellería terreos municipais para facer esas vivendas pero nin se planteou esa posibilidade polo que se pode ver, pero bueno xa que temos tantos avogados no concello que traballen agora nas alegacións para que así os veciños o vexan, as cousas hai que facelas no seu momento e non ir escornando.
“«O obxectivo da consellería é adquirir a totalidade do terreo de mutuo acordo ou por permuta entre solo bruto e solo urbanizable con destino a vivenda protexida ou a vivenda libre de prezo limitado», detallaron desde la Xunta.” despois leo esto e non vexo a palabra expropiación pero si a de PERMUTA entón ¿de onde saìu que se ía expropiar?
“«Vivenda entende que Sanxenxo é un concello especialmente necesitado de vivenda de calidade a prezos que podan pagar os seus cidadáns» ” pois claro que si, que se necesita vivenda a un prezo razoable porque moito anunciar que 600 persoas se anotaran no listado de INSULA solicitando vivenda e a día de hoxe ese listado debe estar nun caixón olvidado como o informe ISA do Revel.
Pero o parrafo máis aclaratorio é o seguinte: “La explicación del delegado despejó las dudas de los vecinos sobre una posible reubicación en Padriñán del poblado de Poio. “Nos dijo que eso no era viable, que las viviendas se construirán en un periodo de 10 años y que Poio tiene que tener resuelto el problema mucho antes. Los vecinos no tienen problemas con los gitanos, lo que no queremos es que se traslade aquí el problema de drogas que conlleva O Vao”. ” Esto deixa en evidencía moitas das faladorías que puidemos escoitar estes días e de fondo un problema racista co cal se intentaba incitar as masas para que protestasen.
Polo tanto lendo todo o que se publicou estes días estas son as miñas conclusións:
* Sanxenxo necesita vivenda a un prezo razoable.
O concello oculta información os veciños ata que estes demandan información.
A famosa expropiación non é tal como nola quixeron vender.
Padriñán é tan boa zona como pode ser Nantes, Vilalonga ou Noalla, entre outras.
E sobre todo quero recalcar unha frase que lin hoxe na prensa e na que estou totalmente dacordo: « Sanxenxo lonxe de preocuparse por construir vivienda protexida, subastaron o solo de titularidade municipal que debía ter sido destinado a este tipo de vivenda».
¿Cales son as vosas conclusións? ¿VPO si ou non?