Hoxe temos novo capítulo do TSXG no que rechaza as medidas cautelares que a Consellería de Medio Ambiente interpuxo contra o SU de Major, isto significa que o contencioso segue adiante pero as empresas que xestión o SU poden seguir adiante coa urbanización.
Curiosamente o Plan Parcial deste SU foi aprobado nun pleno extraordinario horas antes de que entrase en vigor a Lei do Litoral.
Pero faime gracia ler como o concello a pesar de non ter inda esta sentenza fala dela na prensa pero sobre a sentenza da Granxa como non é favorable din que ata que a teñan na man non emitiran opinión sobre a mesma ¿toca o gaiteiro segun lle paguen?
A suspensión das medidas cautelares non significa que o concello gañara a guerra senón que gañou unha batalla pero inda queda o resto do proceso e saber que resolve definitivamente o tribunal.
Os veciños que puideron ler o diario de Arousa poden interpretar que o tribunal sentenciou a favor do concello pero a noticia esta mal redactada pero tamén o comprendo porque seguro que inda estan baixo os efectos de ver cos seus propios ollos os fogos de artificios o día de Santa Rosalía porque deberon ser os únicos que os viron pois así o narraban no periódico o día seguinte.
A destrución do noso litoral tarde ou cedo ímolo pagar e porque a natureza é sabia.