O pleno do martes segue dando que falar e o seguira facendo durante unha boa tempada e eu hoxe quero falar dun punto que me chamou moito a atención.
Nese pleno levábase a aprobación da comisión xestora do SU17, o famoso SU da diferenza de metros e que tantas noticias xenera ultimamente.
Pero o que máis me choca neste asunto é a intención do VIPS de impugnar o acordo porque a alcaldesa lle negou o turno de replica durante o pleno pero ¿este é o motivo real? ¿é so unha escusa?
Todos sabemos que o grupo VIPS sempre vota a favor de calquera SU, si o PP vota a favor el tamén inda que non estea de acordo, recordemos o caso do incremento de custes do concello e da humanización de Portonovo non esta dacordo pero vota a favor, logo di que vota en contra da moción do BNG sobre as aulas de espera porque non a leeu (votando o mesmo co PP) e así unha serie de incongruencias cada vez máis estrafalarias, ¿como se pode non estar dacordo en algo e logo apoialo?, Acaso a línea política a seguir é a de apoiar o PP ¿por si acaso nas próximas eleccións somos chave para gobernar?
Seguir a estratexia de “o que fai a man dereita que non se entere a esquerda” a veces pode levar a contradicións cando hai que pagar custes políticos. Critica o informe realizado pola asesoría xudírica feito para o SU17 porque segun el non sería a primeira vez que un informe non é correcto pero ¿Por que o deste SU17 o quere impugnar e o resto de informes incorrectos o final acaba por aprobalos xunto co PP nos plenos? Explique os motivos, saquenos de dúbidas, todos os días sae na prensa opinando de todo aproveite e diganos porque quere impugnar este acordo pois seguramente que os veciños nos interesa máis saber o porque que leer a opinión que ten sobre o poste de tensión de Vilalonga.
Non quixera ser mal pensada pero si contemplo as alegacións que tivo dito SU e sobre todo por quen as firman venme a memoria as eleccións municipais e a campaña que fixo o VIPS, lembro como se posicionan cada promotor ata lembro os comentarios de financiamento da campaña e sumo 1+1= X e o final obteño un resultado un mesmo nome, un mesmo promotor. Claro agora saldran dicindo que difamo, que especulo, ..., pero este é un concello pequeno que case todos nos coñecemos e as unións por interese tarde ou cedo acaban por pasar factura, pero a pregunta é ¿vale gobernar a calquera prezo? O goberno de Sanxenxo basease no ladrillo pero se queremos crer nunha oposición veraz ¿non se debería aplicar o mesmo raseiro para todas as urbanizacións?