Levo uns días dándolle voltas o tema da obra da Casa Consistorial, o incremento do importe vaise levar hoxe o pleno, nada máis nin nada menos que 278.323,76 € ( é despois non hai cartos para obras). Na web do concello di o seguinte: “Esta corrección ha sido motivo de un pormenorizado estudio por parte de los técnicos municipais y el director de obra, dada la complejidad de la ejecución de la planta subterránea, que acoge el Archivo Municipal, así como la premura que se exigió a la empresa constructora ante la necesidad de que Sanxenxo contara con las instalaciones municipales actuales cuanto antes. “ entón as preguntas son as seguintes ¿primeiro adxudican a obra e logo fan o estudo da mesma?¿que técnicos municipais temos que cando presentan o proxecto non o fan con todos os estudos? ¿”premura”? Ah, claro a obra tiña que ser inaugurada por Telmo antes de marchar, pois si tiña presa que houbese pagado el a diferenza.
Pero quizais o máis raro nisto é que esa diferenza é coñecida a lo menos dende o 2006 que é cando foi feita a obra e nos presupostos do 2007 e 2008 non aparece dito incremento ¿o construtor inda esta sen cobrar?¿porque ocultaron este incremento? Esto chéirame mal, os erros deben pagalos os que os cometen e non os veciños porque con eses cartiños ben podían facer algo máis útil e non andar a facer obras e logo andar a pagar alquileres.
Pero de que me vou estranar se logo vexo que a obra de humanización de Portonovo se incrementa en 581.096,97€ porque segun a web do concello “permitirá que las 33 calles previstas inicialmente sean rematadas en su totalidad corrigiendo las deficiencias de mediciones en pavimentos y canalizaciones de alcantarillado y suministro de agua detectadas durante el desarrollo de la obra y sin las cuales no sería posible poner fin a la actuación en condiciones óptimas ” se eles mesmos o din CORREXIR AS DEFICENCIAS DE MEDICIÓNS, ou miden cun metro de menos centímetros ou a min que mo expliquen porque si tódalas obras se van a medir mal ¿para que se miden?¿para que se fan presupostos? E o máis grave é que se adxudican obras sen ter coñecemento do que estan adxudicando, o que hai é que facer máis traballo de campo e menos traballo de despacho, máis mover o cu e estudar as características do solo, a realidade do lugar, ter claro o que se quere facer, ter un bo plan de necesidades e non coller un mapa e dar unha volta polo sitio e tirar millas para adiante co proxecto, porque con eses 581.096,97 € poderíase construír a gardería de Baltar ou cubrir calquera outra necesidade.