Din que no Nadal a xente se volve máis compracente e altruísta pois esto mesmo parece que esta a suceder en Sanxenxo: máis compracentes coas malas mañas, máis compracentes cos de sempre, máis compracentes e obedientes aos intereses particulares.
Recordo cando xustificaron a creación de Insula pola necesidade de vivendas para mozos e había máis de 600 solicitantes, pasados os anos estou moi contenta:
Insula creou unha chea de vivendas e os mozos non se marchan a outros concellos.
Os promotores adican o 10% a vivenda con algún tipo de protección, igualiño que Telmo fai en Navia (Vigo).
Os cobradores dos cazos xa non se pasan tanto polas obras e os sobreprezos xa son cousa do pasado.
O fin podemos dicir que o soldo do concelleiro de urbanismo valeu para algo.
Pero do que máis me aledo e que por fin os salvapatrias de turno XA SON HISTORIA.
Falan de que a Consellería de Vivenda vai facer un Gueto en Padriñán e para iso montan unha plataforma dirixida e encabeza polos mesmos de sempre, polos mesmos que nos levaron os veciños de Sanxenxo a pagar un enlace a un POLÍGONO PRIVADO por partida dobre é mellor que veñan grandes promotores a construír vivendas a prezos desorbitados pero claro iso como é gueto de luxo non dicimos nada, porque digo eu: os SU tamén serán guetos, pero guetos para persoas pudientes e que non vai ser que Sanxenxo deixe de ser elitista ou será que os de Nantes queren que se faga en Nantes porque o que non ten lóxica e convocar os donos de terreos de Padriñán en Nantes, ah será porque en Sanxenxo os numerosos locais públicos estaban ocupados polas numerosas actividades do concello. E digo eu ¿si Vivenda construise en Nantes nuns terreos sen valor farían a mesma plataforma? ¿acaso todo esto é porque nesa zona se prevee un desenrolo privado con maiores beneficios?
Magoa me dou ver como en Sanxenxo ese 10% que correspondía a VPO foi vendido claro será porque un veciño de Noalla non ten a suficiente clase para vivir en Monte Faro ou que os de Dorrón non estan a altura dos que van mercar segunda residencia en Festiñanzo e logo non somos racistas e non queremos guetos. Mentras aquí Telmo e agora Catalina eximen os promotores dese 10% logo andamos detrás de cada adxudicación que saca Vivenda e como no caso de Navia sobrevaloramos o valor do piso en negro pero tendo en conta que o de “en negro” debe estar de moda agora saen aspirantes a ser o novo OBAMA de Sanxenxo.
Pero o máis irrisorio de todo e ver como os “veciños” piden que vivenda negocie cos promotores que teñen pisos baleiros e así que eses son os que salgan a concurso público: mirade queridos “veciños” xa esta ben de mirar polos promotores que a costa dos nosos soldos se puxeron as botas, si tan preocupados están que poñan os pisos a prezo de mercado real e non a prezos da Rúa Serrano de Madrid, que bonito era cando se vendía os de fora e se enchían os petos en menos de nada, ¿algunha vez se preocuparon polos mozos de Sanxenxo? ¿algunha vez intentaron por medios para que os veciños de Sanxenxo poidesemos ter a posibilidade de mercar en Sanxenxo a un prezo razoable? Entón a que ben agora saír en defensa e crear plataformas, non recordo ver unha plataforma en defensa do gueto da Granxa, ou do gueto de Major, ou do gueto de Bordóns.
Patético me parece ver como o pouco o que podemos chegar e se nos pode ofrecer sublevámonos contra elo, pero logo van os fillos ou netos solicitar un piso con algún tipo de protección porque o resto non podemos chegar a eles. O problema é que en Sanxenxo non hai Poceros senón ESPECULADORES, estomagos agradecidos.
Vergoña lle debería dar a moitos entrar en certas cuestións politizadas sen valorar os beneficios que poidan xerar, vergoña me daría ser a causante de que os meus primos se vaian vivir a Barrantes, a Dena, a Poio ou a Navia porque aquí o único que sabemos facer é mirar para os petos e ser marionetas nas mans dos mesmos.
Que máis da MEXAN POR NOS E SEGUIREMOS DICINDO QUE CHOVE. Parece que TODO VALE