viernes, 17 de junio de 2011

A rolda de prensa do pacto

Esta é a información que se pode ler na web de Telesalnés sobre o pacto PP- VIPS que se firmou hoxe.
No interior hai un vídeo con declaracions de Catalina e Rodríguez.


pacto_vips_ppcopy.jpgSANXENXO> Rodríguez ostentará a área de Medio Ambiente e Servizos, a segunda tenencia de alcaldía e contará con dedicación exclusiva.
Un pacto consensuado entre as partes e pola gobernabilidade do concello de Sanxenxo. Así definiron tanto o Partido Popular coma VIPS o acordo que asinaron esta mesma mañá de cara á vindeira lexislatura. A maioría simple coa que se quedaron os populares propiciou esta coalición que pretende, segundo os líderes de ambos partidos, facer gobernable Sanxenxo.
Con este acordo semella que quedaron atrás as duras críticas que se dirixían en ambas direccións. José Luis Rodríguez ostentará a área de Medio Ambiente e Servizos, a segunda tenencia de alcaldía e, ademais, contará cunha dedicación exclusiva remunerada.
Esta dedicación exclusiva súmase a outras tres, entre as que está a da alcaldesa, e catro dedicacións parciais. A pesares de que o edil de VIPS tamén criticou durante a pasada lexislatura a contía dos salarios, hoxe confesou que o tema está zanxado.
Por último, ambos líderes quixeron deixar claro que non é un acordo momentáneo se non para os vindeiros catro anos co que agardan rematar coa mesma ilusión coa que comezan. 


Transcripción das palabras de Rodríguez sobre o tema dos soldos:

 - Si os salarios foron rebaixados duas veces VIPS zanjou o tema dos salarios porque así o ratificou o pobo.


Pois ben hai que lembrar que os salarios a primeira vez se baixaron por orde de Feijoó ante o escándalo que se produxo e a segunda rebaixouse o 5% ao igual que todos os funcionarios do país.