Son unha veciña de Dorrón, e usuaria habitual da praia de Pampaido.
Gustaríame que fixeras chegar a xente o escarnio que se está a facer, ou mellor dito, que se vai facer nesta praia.
O ano pasado instalouse unha tubería, que desemboca nas rochas da mesme praia, que recollen as augas pluviais da "maravillosa" urbanización que se está a construir. Tal e como estaba colocada, parecía que a tubería era algo provisional, pero nestes días están a ocultala, e están movendo as rochas da zona para cubrir a tubería e nos se vexa.
Este inverno, os días de choiva, podíase ver a auga toda chea de barro (envíoche unhas fotos que fixen un deses días e tamén unha dos traballos que están a facer estos días)
Está visto que, en poucos anos, esta praia vaise converter nun barrizal.
Coma sempre os poderosos fan o que lles da a gana e dalles o mesmo estropear unha praia super tranquila na que os nenos da zona xogamos toda a vida.
Si pinchades encima desta última foto veredela máis grande e nela apreciaredes como una pala amarilla esta a facer traballos a beira das rochas e encima das rochas hai operarios.