jueves, 29 de julio de 2010

Última hora: Rolda de prensa


Convocada rolda de prensa para mañán diante do concello para informar aos veciño/as de Sanxenxo sobre a situación que se esta vivindo nos últimos tempos no concello, así se reflexa na convocatoria que se esta recibindo nas redaccións. Esta convocada toda a prensa escrita e medios audiovisuais (tele, radio).


Nesta rolda de prensa o protagonista sera Salvador Durán que últimamente sembra ventos en forma de desplantes, prepotencia e como ata dícir que non prestou unha sala para reunirse os sindicatos porque el traballa ata as 3. Que pronto olvidamos as palabras de Catalina cando dixo que eses soldos por dedicación parcial se debían a que tiñan que estar dispoñibles as 24 horas do día, e Salvador sendo concelleiro de Persoal é o primeiro que debe predicar co exemplo. Sobretodo sendo unha petición extraordinaria non debería ter horarios sempre e cando houbese intención de solucionar algo, pero Salvador non entende de solucións senón de crear máis problemas.