Por outra banda temos a furgoneta do centro de día, que leva días cos cristais rotos, aqui vos deixo unha foto que me enviaron onte e que recortei e acerquei para que se vise ben como solucionaron o tema da rotura de cristais: un plástico negro. Pero non teñen seguro que cubra o cambio de cristais? que desastre.
O tema das oposicións dos funcionarios nada novo que contar, que sigan esperando sentados os traballadores porque de pe igual as pernas non lles aguantan, movilizacións? tranquilos que o mencionar esa palabra xa se encarga Salvador de planear unha reunión para evitar as protestas e seguir postergando o tema. Para o ano hai eleccións e mellor oportunidade imposible para sacalas no mes de marzo ou para encamiñar o tema.
E por outra banda tamén teño outra foto denuncia para que Mario maña sepa onde mandar os operarios a cortar a herba, que non me esquecin esta semana da súa axenda, so lle din uns días para ver si había iniciativa propia pero estes días seguiremos colgando as fotos que me van chegando.
E por último según me informa un veciño de Bordóns, que nesta parroquia xa dispoñen de baños públicos e aquiles que se deciden a pasear por este entorno quedan moi agradecidos do servizo. Claro que tamén me di que os do concello por ali non pasan moito senón seguro que este baño público o levarían para outra zona máis acorde coa política que esta facendo o grupo de goberno.
Última horas, as 12:00:
Nestes intres a alcaldesa acompañada por periodistas e por o presidente do CETS atopase paseando por Sanxenxo e degustando tapas, as 12 da maña. Cando o concurso de tapas xa rematou hai días.
Así logo extrañamonos do ben que funciona Sanxenxo, si en pleno horario laboral nos adicamos a ir de paseo mentras moitos non poden sair das súas casas en coche por ter os vados ocupados, a herba apoderandose dos camiños, informes médicos a man de calquera, ....., MOI BEN!!! indo de tapas solucionamos todo. OLEEE