viernes, 16 de julio de 2010

Novamente a grúa

Este é o resultado da magnifica xestión da grúa: paseos polo concello valeira, señalización penosa e 18.000 euros empleados en non sei que.












Claro que eses coches ahi aparcados pertencen a traballadores do Pardo Bazán, alo menos a maioria. Pero o máis curioso e que chamas a poli local solicitando que necesitas a grúa e che din claramente: NON PODEN RETIRALOS PORQUE NON HAI GRUA.

Claro que asi é normal atoparte con coches mal aparcados sin que ninguen evite esas situacións.















Claro que logo lemos na prensa as magnificas declaracións de Salvador alaban un servizo que non existe, so existe unha grúa paseando polo concello igualiño que as furgonetas do circo que anuncian que chegaron a vila e que xa se pode ir as funcións pois coa grúa pasa o mesmo, pasea polo concello para que os veciños vexan que se contratou unha para xustificar os 18.000 euros.

Pero a realidade é outra cando chamas e non aparece porque non poden retirar coches, e esto seguira así todo o fin de semana.

ULTIMA HORA:
Nuns intres, producirase unha nova reunión entre o concelleiro de Seguidade, Savador Durán, e os altos mandos da Policia Local de Sanxenxo (Sarxento e Cabos), para intentar chegar un acordo co tema da grúa. Mentras a devandita grúa segue a darse largos paseos por Sanxenxo.....