E hoxe podo empezar a mostrar as obras que se levaron a cabo, obras que melloraron a sinalización viaria.
Como se pode comprobar, a parte da sinalización aproveitaron para ornamentar con elementos naturais as sinais, dandolle así un toque rural. As sinais integranse na paisaxe do entorno sin desentonar.
Este plan merece un premio de ADENA, por primar o verdes.
E por si alguén lle queda algunha dúbida de que Salvador Durán se esforzou en que este plan fose o mais claro e sinxelo posible, aquí deixamos outro exemplo máis.
Ai Savador, que sería de nos sin ti, non saberíamos como conducir polas pistas, menos mal que nos presentaches o plan ese, senón seguro que máis dun se metería por dirección contraria e teria que vir a grúa a sacalo (ups, pero si neste concello non funciona a grúa ata maña e inda por riba non hai autorización, ufffffffffff aquí van cair unha chea de reclamacións). Grazas, Salvador por seguir velando pola nosa seguridade viaira e sobre todo tamén porque se manteñan as zonas verdes, xa que as cousas feitas con xeito podense compatibilizar.